Circuíto integrado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 12:
No ano [[2000]] Kilby foi galardoado co [[Premio Nobel de Física]] pola enorme contribución do seu invento ao desenvolvemento da [[tecnoloxía]].<ref>{{Cita web | título=Jack Kilby - Biografía | editor=Universidad de Murcia | url=http://www.um.es/docencia/barzana/BIOGRAFIAS/Kilby_Jack.html}}</ref>
 
Ao mesmo tempo que Jack Kilby, pero de forma independente, [[Robert Noyce]] desenvolveu o seu propio circuíto integrado, que patentou uns seis meses despois. Ademais resolveu algúns problemas prácticos que posuía o circuíto de Kilby, como o da interconexión de todos os compoñentes; ao simplificar a esctructura do chip mediante a adición do metal nunha capa final e a eliminación dalgunhas das conexións, o circuíto integrado fíxose máis adecuado para a produción en masa. Ademais de ser un dos pioneiros do circuíto integrado, Robert Noyce tamén foi un dos co-fundadores de [[Intel Corporation|Intel]], un dos maiores fabricantes de circuítos integrados do mundo.<ref>[{{Cita web |url=http://www.nobelprize.org/educational/physics/integrated_circuit/history/index.html |título=Historia do circuíto integrado na páxina oficial dos Premios Nobel] |data-acceso=12 de agosto de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20121019213304/http://www.nobelprize.org/educational/physics/integrated_circuit/history/index.html |dataarquivo=19 de outubro de 2012 |urlmorta=si }}</ref>
 
Os circuítos integrados atópanse en todos os aparellos electrónicos modernos, como automóbiles, televisores, reprodutores de CD, reprodutores de MP3, teléfonos móbiles, computadoras etc.
Liña 25:
 
== Avances nos circuítos integrados ==
Os avances que fixeron posible o circuíto integrado foron, fundamentalmente, os desenvolvementos na fabricación de dispositivos semiconductores a mediados do século XX e os descubrimentos experimentais que mostraron que estes dispositivos podían substituír as funcións das válvulas ou tubos de baleiro, que se volveron rapidamente obsoletos ao non poder competir co pequeno tamaño, o consumo de enerxía moderado, os tempos de conmutación mínimos, a confiabilidade, a capacidade de produción en masa e a versatilidade dos CI.<ref>{{Cita web | título=The History of the Integrated Circuit | editor=Nobelprize.org | url=http://nobelprize.org/educational/physics/integrated_circuit/history/index.html | data-acceso=12 de agosto de 2012 | urlarquivo=https://web.archive.org/web/20121019213304/http://www.nobelprize.org/educational/physics/integrated_circuit/history/index.html | dataarquivo=19 de outubro de 2012 | urlmorta=si }}</ref>
 
Entre os circuítos integrados máis complexos e avanzados atópanse os [[microprocesador]]es, que controlan numerosos aparellos, desde computadoras ata teléfonos móbiles e fornos microondas. Os chips de [[Memoria (informática)|memorias]] dixitais son outra familia de circuítos integrados, de importancia crucial para a moderna sociedade da información. Mentres que o custo de deseñar e desenvolver un circuíto integrado complexo é bastante alto, cando se reparte entre millóns de unidades de produción, o custo individual dos Cis polo xeral redúcese ao mínimo. A eficiencia dos CI é alta debido a que o pequeno tamaño dos chips permite curtas conexións que posibilitan a utilización de lóxica de baixo consumo (como é o caso de [[CMOS]]), e con altas velocidades de conmutación.