Nacionalismo catalán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 19:
O estatuto cedía á Generalitat máis competencias que o de 1932 en materia de ensino, cultura e medios de comunicación, pero menos en asuntos de orde pública e xustiza. Os aspectos de financiamento da autonomía deixáronse nunha situación ambigua, e isto foi un dos motivos da reforma estatutaria de [[2006]].
 
No ano [[1980]] celebráronse as primeiras eleccións ó [[Parlamento de Cataluña]], a forza máis votada foi [[Convergència i Unió]] e o presidente elixido [[Jordi Pujol]]. Estas eleccións son o disparo de saída da etapa autonómica na que se iniciou un traspaso de competencias do estado á Generalitat. Este proceso perigou tralo [[golpe de estado do 23 de febreiro|intento de golpe de estado de 1981]] e ralentizouse coa aprobación da [[Lei Orgánica de Harmonización do Proceso Autonómico]].<ref>[{{Cita web |url=http://www.tv3.cat/historiesdecatalunya/cronologia/cron105147279.htm |título=Històries de Catalunya:El Estatut d'Autonomia] |data-acceso=21 de setembro de 2007 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080126064921/http://www.tv3.cat/historiesdecatalunya/cronologia/cron105147279.htm |dataarquivo=26 de xaneiro de 2008 |urlmorta=si }}</ref>.
 
O proxecto de CiU tiña a súa base na chamada ''soberanía compartida''<ref>Lluís Bou: ''Entre la sociovergència i el Pujolisme'', Avui, 2 de setembre de 2007</ref> na que o estado español mantiña a soberanía e a recoñecía en Cataluña. A aplicación do Estatuto de 1979 dotou á Generalitat dunhas ferramentas de reconstrución nacional que lle foran negadas durante o franquismo. O proceso de [[normalización lingüística]] do catalán permitiu un importante avance no coñecemento e o uso social desta lingua entre a poboación de Cataluña. Xurdiron máis xornais e revistas redactados en catalán, si ben cunha difusión limitada. A presenza do catalán nos medios de radiodifusión reforzouse co inicio das emisións nas canles públicas, [[Catalunya Ràdio]] e [[Televisió de Catalunya]], e dispúxose novamente dun corpo de policía, os [[Mossos d'Esquadra]]. O modelo de soberanía compartida vai durar durante o goberno de [[Felipe González]] e o primeiro mandato de [[José Maria Aznar]].
Liña 37:
[[Ficheiro:060218 ManiSomunaNacio24.jpg|miniatura|220px|Manifestación catalanista a favor do [[Plataforma pel dret de decidir|dereito a decidir]] ([[18 de febreiro]] de [[2006]]).]]
 
Na proposta aprobada no Parlamento catalán definíase a [[Cataluña]] como unha [[nación]] pero logo dunha longa e crispada negociación entre os partidos presentes no [[Congreso dos Deputados]] os artigos van ser moi retocados<ref>{{Cita web |url=http://www.racocatala.cat/descarregues/ComparativaEstatut.pdf |título=Comparació entre l'Estatut presentat al Parlament de Catalunya i l'aprovat al Congrés |data-acceso=15 de xuño de 2006 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20060615155217/http://www.racocatala.cat/descarregues/ComparativaEstatut.pdf |dataarquivo=15 de xuño de 2006 |urlmorta=nonsi }}</ref> até chegar a unha nova proposta consensuada que malia perder o apoio de [[Esquerra Republicana de Catalunya]], foi aceptada polas [[Cortes Xerais]] españolas. Esta proposta trasladaba a declaración de Cataluña como nación ó preámbulo. De feito os recortes practicados polo Goberno central motivaron a manifestación do [[18 de febreiro]] de [[2006]], unha manifestación que reclamaba o dereito de Cataluña, so o lema " ''Som una nació i tenim el dret de decidir '' ".
 
Porén, para moitos sectores o novo Estatut seguía a ser un avance no autogoberno <ref>[http://www.iceta.org/comp7906.pdf Comparativa entre l'Estatut de 1979 i el del 2006]</ref> e o pobo catalán ratificou este novo estatuto no referendo celebrado o [[18 de xuño]] de [[2006]].