Casa dos Austria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 60:
[[Ficheiro:Juan_de_Flandes_003.jpg|miniatura|150px|dereita|[[Xoana I de Castela|Xoana a Tola, Raíña de Castela]] (r. 1504-1506), Kunsthistorisches Museum, Viena.]]
En 1504, a raíña Isabel morreu, e aínda que Fernando intentou manter a súa posición sobre Castela tras a súa morte, as [[Cortes de Castela]] escolleron coroar raíña á filla de Isabel, [[Xoana I de Castela|Xoana]].
O seu marido, Filipe de Habsburgo, fillo do [[Lista de emperadores do Sacro Imperio Romano|Emperador do Sacro Imperio Romano]] [[Maximiliano I de Habsburgo|Maximiliano I]] e [[María de Borgoña]], simultaneamente converteuse no rei-consorte [[Filipe I de Castela]]. Pouco despois Xoana comezou a caer na tolemia. En 1506, Filipe asumiu a rexencia, pero morreu pouco máis tarde, ese mesmo ano baixo circunstancias que algunhas fontes consideran compatibles cun envelenamento ordenado polo seu sogro [http://www.xs4all.nl/kvenjb/madmonarchs/juana/juana_bio.htm]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}. Como o seu fillo maior, Carlos, tiña só seis anos, as Cortes, de mala gana, permitiron a Fernando, o pai de Xoana, gobernar o país como o rexente de Xoana e Carlos.
 
España estaba agora unida baixo un só gobernante, [[Fernando II de Aragón]]. Como único monarca, Fernando adoptou unha política máis agresiva que a que tivo como marido de Isabel, ampliando a esfera de influencia de España a [[Italia]], fortalecéndoa contra Francia. Como gobernante de [[Coroa de Aragón|Aragón]], Fernando estivo involucrado na loita contra Francia e [[República de Venecia|Venecia]] polo control de Italia; estes conflitos convertéronse no centro da política exterior de Fernando como rei. O primeiro uso de forzas españolas por parte de Fernando chegou na [[Guerra da Liga de Cambrai]] contra Venecia, onde os soldados españois distinguíronse no campo de batalla á beira dos seus aliados franceses na [[Batalla de Agnadello]] (1509). Só un ano máis tarde, Fernando uniuse á [[Liga Santa (1511)|Liga Católica]] contra Francia, vendo unha oportunidade de tomar [[Reino de Nápoles|Nápoles]] e [[Reino de Navarra|Navarra]] -das que mantiña unha reivindicación dinástica-. En 1516 Francia aceptou unha tregua que deixou o [[Ducado de Milán]] baixo control francés e recoñeceu a hexemonía española en Nápoles e o [[Navarra|sur de Navarra]]. O matrimonio de Fernando con [[Xermana de Foix]], de sobrevivir o fillo de ambos, puido romper a unidade política de Castela e Aragón, pero o seu fillo Xoán morreu a temperá idade.