Calendario chinés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 9:
A súa orixe asóciase ao emperador [[Huang Ti]], ó redor do ano [[-2637|2637]] aC, cando introduciu 5 ciclos de doce anos rexidos por animais distintivos: [[rata]], [[Vaca|boi]], [[tigre]], [[coello]], [[dragón]], [[cobra]], [[cabalo]], [[ovella]], [[Mono (animal)|mono]], [[galiña|galo]], [[can]] e [[porco]]. As casas lunares ou [[shǔ]] son cada unha das 28 constelacións do [[zodíaco]] lunar. Dependendo da data e hora de nacemento da persoa, a [[lúa]] estará nalgunha das casas lunares, determinando así o signo da persoa.
 
O calendario chinés tradicional<ref name="cronoauta">[http://crononauta.com/c_chino_intro.html Historia sobre o Calendario chinés] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20080123074558/http://crononauta.com/c_chino_intro.html |date=23 de xaneiro de 2008 }} en [http://www.crononauta.com Crononauta.com]</ref> é tan antigo que non se coñecen ben as súas orixes. Di a lenda que as súas primeiras bases se remontan ós xia, que habitaron aquelas terras sobre o [[-2205|2205]] a.C., mentres que outra tradición o atribúe directamente ó mítico Huang ti, unificador e primeiro emperador da China, que viviu alá polo século III a.C. Os historiadores sitúan as orixes cara á metade da [[dinastía Shang]] ([[-1300|1300]] a.C.), data da primeira constancia documental da utilización das contas cíclicas para os días.
 
O problema para os sabios astrónomos chineses foi o mesmo que para o resto dos pobos antigos: tentar combinar os movementos da lúa e do sol, ciclos sempre difíciles de conxeniar. O calendario chinés tradicional era lunar, pero iso causaba graves problemas ós agricultores porque non había forma de fixar as [[Estacións do ano|estación]]s nel. Como para o resto de culturas, a procura dun calendario que reflectise correctamente as estacións era fundamental para o agro, polo que os pobos buscaron maneiras de observar o movemento dos astros (tomando a terra como referente) e reflectilo nun sistema cronolóxico de días completos.