Bob Dylan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 19:
}}
 
'''Bob Dylan''', nado en [[Duluth, Minnesota|Duluth]] ([[Minnesota]]) o [[24 de maio]] de [[1941]] co nome de '''Robert Allen Zimmerman''', é un cantautor e poeta estadounidense. Foi, durante máis de cinco décadas, unha das maiores figuras na música popular, sendo considerado un dos [[compositor]]es e [[músico]]s máis influentes e prolíficos do [[século XX]].<ref>Fundación Premios Príncipe de Asturias. [http://www.fpa.es/premios/2007/bob-dylan/jury/ Bob Dylan, Premio Príncipe de Asturias das Artes 2007] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120304144446/http://www.fpa.es/premios/2007/bob-dylan/jury/ |date=04 de marzo de 2012 }}. Consultado el 1 de abril de 2011.</ref>
 
Moitos dos máis soados traballos de Dylan datan da década de 1960, na cal se converteu nun cronista informal dos conflitos estadounidenses. Aínda que é ben coñecido por revolucionar o concepto dos límites da música popular en 1965 co single "[[Like a Rolling Stone]]"<ref>Williams, Paul (1991). ''Bob Dylan: Performing Artist The Early Years 1960–1973.'' Underwood-Miller. ISBN 0-88733-131-9</ref> de seis minutos de duración, algunhas das súas primeiras cancións, como "[[Blowin' in the Wind]]" e "[[The Times They Are a-Changin']]", convertéronse en [[himno]]s [[Pacifismo|antibélicos]] e dos movementos civís da época,<ref>{{cita web | url = http://news.bbc.co.uk/1/hi/entertainment/music/3618291.stm | título = Dylan 'reveals origin of anthem' | dataacceso = 1 de abril de 2009 | autor = BBC news | data = 11 de abril de 2004}}</ref> e a el nun artista popular e influente desde os anos sesenta ata hoxe en día. Un dos últimos álbums de estudo de Dylan, ''[[Modern Times (álbum)|Modern Times]]'', publicado en 2006, entrou directamente no primeiro posto da lista [[Billboard 200]] e foi nomeado álbum do ano pola revista musical ''[[Rolling Stone]]''.
Liña 27:
Dylan aparece nas súas actuacións cunha [[guitarra]], un [[instrumento musical|teclado]] e unha [[harmónica]]. Apoiado por unha cambiante aliñación de músicos, permaneceu de xira de forma constante desde finais da década de 1980, no que veu a coñecerse como o ''[[Never Ending Tour]]'' (a xira interminable). Os seus logros no estudo de gravación e como artista foron unha dos acenos de identidade da súa carreira, aínda que xeralmente considérase que a súa maior contribución consiste na composición e escritura de cancións.<ref name = "Newsweek97">{{cita web| url = http://www.newsweek.com/1997/10/05/dylan-revisited.html| título = Dylan Revisited| autor = Gates, David| data = 6 de outubro de 1997| dataacceso = 8 de xuño de 2010| obra= Newsweek}}</ref>
 
Ao longo da súa carreira, Dylan foi recoñecido e honrado polas súas composicións, interpretacións e gravacións. Os seus discos valéronlle varios [[Grammy]]s, [[Globo de Ouro|Globos de Ouro]] e [[premios Óscar|premios da Academia]], e o seu nome áchase no [[Salón da Fama do Rock|Salón da Fama do Rock and Roll]], o [[Salón da Fama de Compositores de Nashville]] e o [[Salón da Fama dos Compositores]]. En xaneiro de 1990, foi investido [[Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras]] polo Ministro de Cultura de Francia [[Jack Lang]]. En 1999, foi incluído na lista das cen persoas máis influentes do século XX elaborada pola revista [[Time (revista)|Time]]. No ano 2000, gañou o [[Premio de Música Polar]] da [[Real Academia Sueca de Música]],<ref>{{cita web | url = http://www.polarmusicprize.com/newSite/2000.shtml | título = Polar Music Prize, 2000 | autor = Polar Music Prize | data = 1 de maio de 2001 | data-acceso = 26 de agosto de 2012 | urlarquivo = https://web.archive.org/web/20080529165045/http://www.polarmusicprize.com/newSite/2000.shtml | dataarquivo = 29 de maio de 2008 | urlmorta = si }}</ref> e en 2004 alcanzou o segundo posto na lista dos 100 mellores artistas de todos os tempos elaborada pola revista ''[[Rolling Stone]]'', logo de [[The Beatles]].<ref name="rollingstone.com">{{Cita web|título= 100 Greatest Artists of all Time |url =http://www.rollingstone.com/music/lists/100-greatest-artists-of-all-time-19691231/bob-dylan-19691231|dataacceso=26 de xaneiro de 2011|lingua=inglés}}</ref><ref>{{cita web| título = Bob Dylan | autor = Rolling Stone| url = http://www.rollingstone.com/news/story/5940049/2_bob_dylan}}</ref> O [[13 de xuño]] de [[2007]] foi premiado co [[Premio Príncipe de Asturias]] das Artes,<ref>{{cita web | url = http://www.fpa.es/es/premios-principe-de-asturias/premiados/2007-bob-dylan.html?idCategoria=1 | título = Dylan Premio Príncipe de Asturias das Artes 2007| dataacceso = 30 de xuño de 2009| data = 13 de xuño de 2007}}</ref> e en 2008 recibiu un recoñecemento honorario do [[Premio Pulitzer]] polo seu "profundo impacto na música popular e na cultura americana, marcado polas súas composicións líricas de extraordinario poder poético". Neste contexto, desde 1996 diversos autores e académicos nomearon a Dylan para a candidatura do [[Premio Nobel de Literatura]].<ref>{{cita web | url = http://www.expectingrain.com/dok/art/nobel/nobelpress.html | título = Dylan Formally Launched as Candidate for Nobel Prize | dataacceso = 17 de outubro de 2007 | autor = Expecting Rain | data = 1 de outubro de 1996 }}</ref><ref name="GordonBall">{{cita web | url = http://journal.oraltradition.org/files/articles/22i/Ball.pdf | título = ''Dylan and the Nobel'' by Gordon Ball | dataacceso = 22 de xullo de 2007 | autor = Journal of Oral Tradition | data = 7 de marzo de 2002 }}</ref><ref>{{cita web| url = http://www.cbsnews.com/stories/2004/10/06/entertainment/main647862.shtml | título = Dylan's Words Strike Nobel Debate | dataacceso = 07-09-2008 | autor = CBS News | data = 06-10-2004 }}</ref><ref>{{cita web| url = http://www.monstersandcritics.com/people/features/article_1502239.php/Clamour-grows-for-singer-Bob-Dylan-to-be-awarded-Nobel-Feature| título = Clamour grows for Dylan to be awarded Nobel prize| autor = Borchert, Thomas| data = 21-09-2009| dataacceso = 21-09-2009| editorial = Monsters & Critics| urlarquivo = https://archive.today/20120628233411/http://www.monstersandcritics.com/people/features/article_1502239.php/Clamour-grows-for-singer-Bob-Dylan-to-be-awarded-Nobel-Feature| dataarquivo = 28-06-2012| urlmorta = nonsi}}</ref> No 2016, Dylan recibiu o [[Premio Nobel de Literatura]], "por ter creado novas expresións poéticas na gran tradición da canción americana".<ref>{{cita novas|apelidos=M. P.|nome=X.|título=Bob Dylan, premio Nobel de Literatura|url=http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/bob-dylan-premio-nobel-literatura/20161013132808051926.html|dataacceso=13 de outubro de 2016|obra=Sermos Galiza|data=13 de outubro de 2016}}</ref>
 
== Traxectoria ==
Liña 59:
Aínda que as primeiras cancións de Dylan solidificaron a súa temperá reputación, ''[[The Freewheelin' Bob Dylan]]'' tamén inclúe cancións de amor mesturadas cunha lírica irónica e ata ás veces bromista. O humor converteuse nun dos alicerces da personalidade de Dylan,<ref>Scaduto, ''Bob Dylan'', p. 35. ISBN 1-900924-23-4</ref> impresionando a oíntes tales como os [[The Beatles|Beatles]]. Respecto diso, [[George Harrison]] comentou: "Puñámolo e trasladábanos. O contido das súas cancións e a súa actitude era incriblemente orixinal e marabillosa".<ref>Revista ''Mojo'' (dicembro de 1993).</ref>
 
A voz áspera de Dylan resultou un impedimento para moitos oíntes á vez que un atractivo para outros. Describindo o impacto que Dylan ocasionara no seu marido e en si mesma, [[Joyce Carol Oates]] escribiu: "Cando escoitei por primeira vez o súa xove e crúa voz, francamente nasal e desadestrada, coma se a lixa puidese cantar, o efecto foi dramático e electrificante".<ref>{{cita web | url = http://www.usfca.edu/~southerr/ondylan.html | título = Dylan at 60 | autor = Joyce Carol Oates | data = 24 de maio de 2001 | dataacceso = 1 de abril de 2009 | urlarquivo = https://web.archive.org/web/20090515112338/http://www.usfca.edu/~southerr/ondylan.html | dataarquivo = 15 de maio de 2009 | urlmorta = si }}</ref> Moitas das súas primeiras cancións alcanzaron ao público en xeral mediante versións realizadas por outros intérpretes, tales como [[Joan Baez]], quen se converteu na protectora de Dylan así como na súa posterior amante. Baez foi determinante á hora de elevar a Dylan á popularidade nacional e internacional con numerosas versións das súas cancións e ao invitalo frecuentemente aos seus propios concertos.<ref>Joan Baez entry, Gray, ''The Bob Dylan Encyclopedia'', pp. 28-31. ISBN 0-8264-6933-7</ref>
 
=== 1963-1964: protestas e ''Another Side'' ===