Arcanxo Gabriel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 14:
Ao anxo Gabriel confióuselle a misión máis importante confiada a alguén: anunciar o nacemento do fillo de [[Deus]]. O xeito de presentación cando se apareceu a [[Libro de Zacarías|Zacarías]] para lle anunciar que ia ter por fillo a [[Xoán o Bautista]] foi este: "O anxo respondeu: ‑Eu son Gabriel, o que estou preto de Deus e mandoume para falar contigo e darche esta boa nova.<ref>[http://www.abibliagalega.com/contactanos/evanxeos/lucas-/capitulos-1-5/ Lucas 1:19]</ref>
 
[[Lucas o Evanxelista]] dixo: "Os seis meses, Deus mandou o anxo Gabriel a unha vila chamada Nazaret, onda unha mociña prometida a un home da casa de David, que se chamaba Xosé; o nome da mociña era María. Entrando onde estaba ela, díxolle: ‑Alégrate, chea de graza, o Señor está contigo. Ela turbouse con estas palabras, cavilando no que podería significar o saúdo aquel. O anxo continuou: ‑Non teñas medo, María, porque ti atopaches graza ante Deus; e, fíxate, vas concibir no teu ventre e darás á luz un fillo, ó que lle poñerás de nome Xesús. Será grande e chamarase Fillo do Altísimo, e o Señor Deus daralle o trono de David, seu pai; reinará por sempre na casa de Xacob, e o seu reinado non terá fin.<ref>[http://www.abibliagalega.com/contactanos/evanxeos/lucas-/capitulos-1-5/'". Lucas 1:26-33]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref>
 
Segundo a tradición, os arcanxos son os mensaxeiros (en grego "archangélos") de Deus das Boas Novas, axúdannos a dar bo rumbo e dirección á nosa vida, dannos comprensión e sabedoría. É a el que recorren os que precisan deses dons.