Antisemitismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m espazo
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 26:
* ''Antisemitismo relixioso'': o [[cristianismo]], que comezou como movemento dentro do [[xudaísmo]], demonizou ao xudeu a través de toda clase de libelos e fomentou durante séculos o odio antixudeu por toda a Cristiandade (é dicir, Europa). Ademais da hostilidade relixiosa, producíronse as conversións á forza, que deron lugar ao fenómeno do [[marrán|marranismo]]. As [[persecución]]s normalmente tiveron carácter local. Moitos xudeus expulsados instaláronse en terras do [[Islam]], onde correron distinta sorte segundo lugares e épocas, desde a [[tolerancia]] legal como grupo social inferior (véxase [[dhimmi]]) ata eventuais persecucións e [[matanza (homónimos)|matanza]]s, pero en xeral non sufriron o acoso ao que se viron sometidos os seus correlixionarios europeos, nin se lles obrigou de forma directa a converterse á fe musulmá (aínda que hai documentadas conversións forzosas), aínda que a situación de inferioridade e de indefensión era unha ''invitación'' a converterse ao Islam.
* ''Antisemitismo racial'': A finais do século XIX, cando os [[prexuízo]]s relixiosos comezan a quedar desacreditados grazas ao [[liberalismo]] e ás ideas da [[Ilustración]], xorde en [[Alemaña]] e despois en [[Francia]] unha nova fase do antisemitismo, desta vez vinculado á noción de [[raza]] e á construción das nacións, sen connotacións relixiosas, senón nacionalistas e racistas, e circunscrito principalmente a [[Europa]]. Tivo a súa máxima expresión durante o nazismo.
* ''Antisemitismo ideolóxico'' (tamén coñecido como «[[neoantisemitismo|novo antisemitismo]]»): Tras coñecerse o [[Holocausto]] e despois do [[Concilio Vaticano II]], o antisemitismo tradicional, baseado na raza ou na relixión, practicamente desaparecera. Segundo algúns autores, xorde entón un novo antisemitismo [http://www.gees.org/articulo/2236/38][http://ebiblioteca.googlegroups.com/web/El%20Nuevo%20Antisemitismo.pdf?gda=swbC2UoAAAAkUcC-8OQbF24z8bHUURt0Mdo3fekyOSz70QRtcT-p3ZBwmXXnNsFOempl8HAl8JlJeWlpyHYjwwlVt1o4MvAE17GW-XQ6O53Y5qVClcMifA]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}, que esta vez estaría asociado á nova esquerda [[Maio do 68|pos 68]] e ao mundo islámico, e céntrase na lexitimidade do [[Estado de Israel]] e do [[conflito árabe-israelí|conflito territorial en Oriente Medio]]. A xuízo dos autores que propugnan o concepto, este novo antisemitismo «demoniza» o sionismo (ao convertelo en sinónimo de «colonialismo», «imperialismo» e «racismo») e a «Israel» (como abstracción que encarna novamente o mal absoluto, o «xudaísmo mundial» e o «eterno xudeu»). Aínda que non todo o antisionismo é antisemita, este concepto serviu como refuxio dun novo antisemitismo.
{{VT|neoantisemitismo|Negacionismo}}