Diferenzas entre revisións de «Anittas»

Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
m (→‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB)
(Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9))
'''Anittas''', fillo de [[Pithanas]], foi un rei semilexendario dos [[hititas]] en Kusar (Kuššar) ou [[Kushara]] (Kuššara), unha cidade que aínda non foi identificada. Tiña o título de rei de Kusar e despois de grande [[rubaum]]. O seu [[rabi simmiltim]] (xefe da corte) foi Peruwa-kammaliya, que aparece tamén mencionado simplemente como [[Peruwa]] pero que seguramente eran a mesma persoa, e foi probabelmente o seu fillo e sucesor. Foi contemporáneo de [[Samsiadad I]] de [[Asiria]] (sobre [[-1800]]).
 
Anittas reinou a finais do [[século -XVIII]] e crese que foi ascendente de [[Hattusilis I]], o primeiro gran rei hitita de [[Hattusa]], no chamado '''texto Anittas''' ([[CTH]] 1.A, editado en [[StBoT]] 18, [[1974]])[http://titus.uni-frankfurt.de/didact/idg/ido/hethbs.htm]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}, o texto máis antigo coñecido da [[lingua hitita]] ao mesmo tempo que o texto [[linguas indoeuropeas|indoeuropeo]] máis antigo coñecido. O texto alenta a especulación de que tanto Anittas como Pithanas, eran de orixe [[hatti]] e ofrece unha lista de cidades saqueadas por Pithanas, e detalla os seus feitos. No seu tempo os indoeuropeos aínda se estaban establecendo na rexión e un nativo, [[Piyusti]] de Kanis, apoderouse de [[Nesa]] ou Neša (hitita Hattusa).
 
No seu primeiro ano como rei atacou Hattusa ou Hattuša (probabelmente para reconquistar a cidade ocupada polos hatti nativos, diferentes dos hititas indoeuropeos) que estaba agora gobernada por Piyusti de Kanish pero se ben gañou a batalla, non foi suficiente para acabar con Piyusti. Naquel momento a cidade non se chamaba Hattuša senón que o seu nome era Nesa (Neša) e é a moderna [[Bogazköy]] (agora [[Bogazkale]]).
147.151

edicións