Amy Winehouse: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 3 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 93:
Tras admitir publicamente o consumo de substancias ilegais foille denegado o [[visado]] ós Estados Unidos polo "uso e abuso de narcóticos", e malia que a decisión foi reconsiderada, os trámites non se realizaron a tempo para poder asistir á cerimonia dos premios Grammy 2008, no entanto interveu na gala vía satélite dende Londres<ref>{{cita web |url=http://edition.cnn.com/2008/SHOWBIZ/Music/02/07/winehouse.grammys/index.html?iref=hpmostpop |título=Amy Winehouse denied visa, won't be at Grammys |data=7-2-2008 |páxina-web=CNN |dataacceso=14-11-2015 }}</ref><ref>{{cita novas |autor=Leeds, Jeff |url=http://www.nytimes.com/2008/02/09/arts/09arts-ALLOWEDINWIN_BRF.html?scp=7&sq=amy+winehouse+visa&st=nyt&_r=0 |título=Allowed In, Winehouse Chooses to Stay Home |data=9-2-2008 |xornal=The New York Times |dataacceso=14-11-2015 }}</ref>. Gañou esa noite cinco premios Grammy nas categorías de Mellor Artista Revelación, Mellor Interpretación Vocal Pop Feminina, por ''Rehab'', Mellor Álbum Pop Vocal, Gravación do Ano e Canción do Ano. Foi a primeira cantante británica en acadar cinco premios Grammy. A cantante interpretou vía satélite ''You Know I'm No Good'' e ''Rehab''<ref name="Grammy" />.
 
Tralos Grammy as vendas do seu álbum aumentaron, situando ''Back to Black'' na sétima posición da ''Billboard 200'' nos Estados Unidos<ref>{{cita novas |autor=Gamboa, Glenn |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20080612024736/http://latimesblogs.latimes.com/extendedplay/2008/02/winehouse-hanco.html |data-arquivo=12-6-2008 |url=http://latimesblogs.latimes.com/extendedplay/2008/02/winehouse-hanco.html |título=Winehouse, Hancock see post-Grammy bump |data=20-2-2008 |páxina-web=[[Los Angeles Times]] |dataacceso=14-11-2015 |urlmorta=si}}</ref>. A edición de luxo de ''Back to Black'' alcanzou o cume nas listas de álbums do Reino Unido o 2 de marzo do 2008, namentres o álbum orixinal acadou o número 30 tras 68 semanas e ''Frank'' alcanzou asemade o número 35<ref>{{cita web |autor=Bychawski, Adam |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20080303120342/http://www.nme.com/news/amy-winehouse/34822 |data-arquivo=3-3-2008 |url=http://www.nme.com/news/amy-winehouse/34822 |título=Amy Winehouse back on top of UK album chart |data=2-3-2008 |páxina-web=NME |dataacceso=14-11-2015 }}</ref>. Nos premios Ivor Novello celebrados en maio de 2008 Winehouse converteuse na primeira artista en optar ó triunfo en dúas categorías; Mellor Canción, Lírica e Musicalmente, onde venceu con ''Love Is a Losing Game'', sendo tamén candidata con ''You Know I'm No Good'', optando a Mellor Éxito de Vendas<ref name="albion">{{cita web |autor=Quinn, Ben |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20081123040132/http://entertainment.timesonline.co.uk/tol/arts_and_entertainment/music/article3987686.ece |data-arquivo=23-11-2008 |url=http://entertainment.timesonline.co.uk/tol/arts_and_entertainment/music/article3987686.ece |título=Amy Winehouse misses beat for Ivor Novello award |data=23-5-2008 |xornal=[[The Times]]|dataacceso=14-11-2015 }}</ref>. Foi tamén candidata no 2008 ós premios MTV Europa a Mellor Actuación do Ano<ref name="continente">{{cita web |autor= |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20120614044022/http://news.bbc.co.uk/2/hi/entertainment/7640387.stm |data-arquivo=14-6-2012 |url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/entertainment/7640387.stm |título=MTV nods for Coldplay and Duffy |data=29-9-2008 |páxina-web=BBC News Online |dataacceso=14-112015 }}</ref>. A discográfica Universal apremou a Winehouse co propósito de realizar un novo álbum mais no mes de setembro do 2008 aínda andaba lonxe de comezar no estudio de gravación<ref>{{cita novas|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20110612002523/http://business.timesonline.co.uk/tol/business/movers_and_shakers/article4656420.ece |data-arquivo=12-6-2011 |título=Business big shot: Amy Winehouse |data=2-9-2008 |url= http://business.timesonline.co.uk/tol/business/movers_and_shakers/article4656420.ece |xornal=The Sunday Times |dataacceso=26-11-2015 }}</ref>, emporiso un voceiro de Winehouse afirmou a finais de outubro que a cantante non tiña establecido un prazo para completar o seu terceiro álbum<ref>{{cita novas |autor= |título=Amy Winehouse's hospital leave |url=http://www.plymouthherald.co.uk/Amy-Winehouse-s-hospital-leave/story-12690663-detail/story.html |data=3-11-2008 |xornal=The Herald |lugar=[[Plymouth]] |data-acceso=26-11-2015 }}{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref>.
 
[[Ficheiro:Amy Winehouse Kidney 2008.jpg|miniatura|esquerda|250px|Amy Winehouse en xullo do 2008.]]
Liña 171:
Respecto ó seu peiteado admitiu: "Eu son unha persoa moi insegura. Son moi insegura no referente ó meu aspecto [...] Canto máis insegura me sinto, meirande ten que ser o meu cabelo"<ref name="meirande">{{cita novas |url=http://www.dailymail.co.uk/tvshowbiz/article-489296/Lifes-short-just-says-unrepentant-Amy-Winehouse.html |título=Life's too short, just do it, says unrepentant Amy Winehouse |data=23-10-2007 |xornal=The Daily Mail |dataacceso=13-2-2015 }}</ref>. O peiteado ''beehive'' incrementaba a súa estatura: unha vigorosa perruca constituía a base, ademais levaba extensións de cabelo e unha morea de laca. Winehouse variou decote o seu peiteado engadindo mechas loiras ou incluíndo accesorios, as máis das veces de xeito descoidado<ref name="fermosa" />. A diario vestía de forma máis sinxela: cabelo apenas recollido, chaquetas máis simples, zapatillas cómodas e jeans. No entanto nos concertos e noutros eventos públicos transformábase e usaba sempre zapatos altos<ref name="singular" />.
 
O seu cabelo natural era crecho, durante a súa estadía no Caribe e noutras ocasións deixou o seu cabelo crecho de forma natural<ref>{{cita novas |url=http://www.dailymail.co.uk/tvshowbiz/article-1165788/Hair-today-gone-tomorrow-Amy-Winehouse-ditches-beehive-hops-fence-neighbours.html |título=Hair today, gone tomorrow: Amy Winehouse ditches the beehive as she hops over the fence to see the neighbours |data=30-3-2009 |xornal=The Daily Mail |dataacceso=5-3-2016 }}</ref>. E malia icónica imaxe onde o toucado ''beehive'' destacaba luciu en certas ocasións outros peiteados, recollido o pelo nun pano e incluso tinguido de loiro<ref>{{cita publicación periódica |url=http://www.glamourmagazine.co.uk/fashion/dos-and-donts/2008/01/10/blonde-ambition |título=Amy Winehouse ditches the beehive and goes blonde |data=10-1-2008 |revista=Glamour |dataacceso=13-2-2016 |apelidos= |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160305214552/http://www.glamourmagazine.co.uk/fashion/dos-and-donts/2008/01/10/blonde-ambition |dataarquivo=05-03-2016 |urlmorta=si }}</ref>. As súas tatuaxes, que empezou a facer na adolescencia, comezando por unha pequena Betty Boop no cadril dereito e tatuando finalmente pin-ups, unha ferradura, corazóns, unha áncora ou o nome do seu amado no seo esquerdo<ref name="xenio" /> eran do estilo old school na forma e na cor, evocando as décadas de 1950 e 1960<ref name="retro">{{cita web |url=http://amywinehouseforever.org/45/fashion/tattoos/ |título=Amy Winehouse Tattoos |páxina-web=Amy Winehouse Forever |dataacceso=6-3-2016 }}</ref>.
 
As tatuaxes coñecidas de Winehouse son; unha [[ferradura]] no brazo esquerdo arrodeada polas palabras ''Daddy’s Girl'', dedicada a seu pai<ref>{{cita web |url=http://stealherstyle.net/amy-winehouse/?post_type=tattoos |título=Amy Winehouse Tattoos |data= |páxina-web=Steal Her Style |dataacceso=7-3-2016 }}</ref>, e debaixo unha [[Pin-up girl|pin-up]] en topless. No antebrazo dereito unha pluma dos [[Amerindio|nativos americanos]], foi unha das primeiras tatuaxes que fixo e para ela representaba o valor e a coraxe. No [[dedo anular]] da man esquerda un corazón tatuado e sobre el a letra ''A''. No brazo dereito unha tatuaxe dedicada a súa avoa ''Cinthya'' e sobre ela dous corazóns. Tamén no brazo dereito unha pin-up axeonllada cubríndose cun abano. No antebrazo dereito un paxaro chiando e as palabras ''Never Clip My Wings'', e xusto debaixo deste un [[lóstrego]]. No cadril dereito unha pequena Betty Boop, foi a súa primeira tatuaxe. Sobre o corazón un peto co nome do seu mozo ''Blake’s''. Na barriga, no lado dereito do embigo, unha áncora coas palabras ''Hello Sailor''. Finalmente, no medio e medio do lombo, unha [[Haliaeetus leucocephalus|aguia americana]] agarrando o [[Ankh]] coas cores da [[Bandeira dos Estados Unidos de América|bandeira americana]]<ref name="retro" />.
Liña 178:
 
== Legado e influencia ==
Amy Winehouse propiciou o renacemento do jazz no panorama musical británico e revitalizou a música soul na primeira década do século XXI<ref name="rexurdir">{{cita publicación periódica |autor=Ricard, Paul |url=http://www.bt.com.bn/entertainment/2009/03/14/soul_revival_as_motown_turns_50 |título=Soul revival as Motown turns 50 |data=14-3-2009 |xornal=The Brunei Times |dataacceso=16-4-2016 |revista= |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160424123747/http://www.bt.com.bn/entertainment/2009/03/14/soul_revival_as_motown_turns_50 |dataarquivo=24-04-2016 |urlmorta=si }}</ref>. Dylan Moore, de ''Wales Arts Review'', denotou que cando Winehouse apareceu no ano 2003 "as cantantes de jazz e soul eran case insólitas na [[Mainstream|corrente principal do pop]] [...] Paloma Faith, Bat for Lashes, Emeli Sandé, Jessica Ware, todas débenlle algo a Amy", tralo seu éxito "o talento vocal feminino atestou a escena musical: [[Florence Welch|Florence]], [[Duffy]], [[Jessie J|Jessie]] e [[Adele]], todas teñen os seus propios e diferentes estilos, pero Amy foi a precursora"<ref name="morriñento">{{cita web |autor=Moore, Dylan |url=http://www.walesartsreview.org/paint-a-vulgar-picture-amy-winehouse-and-the-music-industry/ |título=Paint a Vulgar Picture: Amy Winehouse and the Music Industry |data=24-1-2013 |páxina-web=Wales Arts Review |dataacceso=16-4-2016 }}</ref>. Randall Roberts, de ''[[Los Angeles Times]]'', escribiu: "no 2006, a noción de que unha intérprete puidese dalgunha maneira resucitar ou reformular a música soul de forma acertada para unha nova xeración parecía non só improbable pero tamén mala idea [...] un regreso ás formas clásicas comezara a emerxer no ámbito ''[[underground]]'' británico e americano mais era ignorado polo gran público, e Winehouse, co seu enorme cabelo negro e brazos tatuados, desvelóunolo cunha actitude despreocupada"<ref name="franco">{{cita publicación periódica |autor=Roberts, Randall |url=http://latimesblogs.latimes.com/music_blog/2011/07/amy-winehouse-an-appreciation.html |título=Amy Winehouse: An Appreciation |data=24-6-2011 |xornal=Los Angeles Times |dataacceso=16-4-2016 }}</ref>.
 
A aclamación do seu traballo e o éxito comercial alcanzado por Amy Winehouse ocasionou que as discográficas comezasen a mirar por cantantes de soul como ela<ref name="rexurdir" /><ref name="única">{{cita publicación periódica |autor=Cairns, Dan |url=http://entertainment.timesonline.co.uk/tol/arts_and_entertainment/music/article6725104.ece |título=The rise of a new wave of female singers |data=26-7-2009 |xornal=The Times |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20110615071457/http://entertainment.timesonline.co.uk/tol/arts_and_entertainment/music/article6725104.ece |data-arquivo=15-06-2011 |dataacceso=18-4-2016 |revista= |urlmorta=non }}</ref><ref name="cilmi">{{cita publicación periódica |autor=Mike Joseph |url=http://www.popmatters.com/review/92583-gabriella-cilmi-lessons-to-be-learned/ |título=Gabriella Cilmi: Lessons to Be Learned |data=19-5-2009 |páxina-web=PopMatters |dataacceso=18-4-2016 }}</ref>. As primeiras destas artistas foron Adele e Duffy<ref name="única" />, seguidas por Paloma Faith e Gabriella Cilmi<ref name="cilmi" /><ref>{{cita publicación periódica |autor=Thrills, Adrian |url=http://www.dailymail.co.uk/tvshowbiz/article-2311420/Amy-Winehouse-diamond-says-Caro-Emerald.html |título=Amy Winehouse was a diamond, says Caro Emerald |data=19-4-2013 |xornal=The Daily Mail |dataacceso=18-4-2016 }}</ref>. Outras cantantes británicas recibiron atención por parte das discográficas, mesmo non interpretando aquel xénero, como é o caso de VV Brown, Pixie Lott, Kate Nash e mais [[Florence and the Machine|Florence + The Machine]], La Roux e Little Boots<ref name="única" />. Esta alteración na preferencia da industria entendeuna o xornalista Neil McCormick, de ''The Daily Telegraph'', deste xeito: "Winehouse non é só un xenio musical [...] Ela cambiou o panorama musical británico e preparou o terreo para unha nova xeración de cantantes novos. Amy é moi talentosa [...] Amy foi ata a orixe da música que amaba e creou un álbum moi retro. En consecuencia, o que aconteceu foi que se asistiu a un cambio de prioridades na industria discográfica. Ela volveu dar prestixio ás cantantes. Adele non sería denominada a estrela do 2008 se Amy non trouxera de novo ese prestixio"<ref>{{cita web |autor=Gifford, Rob |url=http://www.npr.org/2008/02/08/18789325/winehouse-blazes-trail-for-u-k-female-singers |título=Winehouse Blazes Trail for U.K. Female Singers |data=8-2-2008 |páxina-web=NPR Music |dataacceso=18-4-2016 }}</ref>.
 
Adele declarou: "Amy Winehouse é unha inspiración para min"<ref>{{cita web |url=http://www.capitalfm.com/artists/adele/news/amy-winehouse-inspiration/#UihfkXwKP2L1OIoq.97 |título=Adele: "Amy Winehouse Was An Inspiration To Me" |data=9-12-2011 |páxina-web=CapitalFM |dataacceso=19-4-2016 }}</ref> e falou do que representaba Winehouse para a súa carreira: "Se non fose por Amy e ''Frank'', ó cento por cento, eu non tería collido unha guitarra, non escribiría ''Daydreamer'' ou ''Hometown'', e escribín ''Someone Like You'' na guitarra tamén [...] Se non tivera escoitado ''Frank'' isto non tería acontecido. Eu adorábaa"<ref>{{cita publicación periódica |autor=Polanco, Luis |url=http://www.billboard.com/articles/news/6745057/adele-motherhood-easy-hard-interview |título=Adele Talks Motherhood: 'I Thought It Would Be Easy. It's F---ing Hard' |data=27-10-2015 |revista=Billboard |dataacceso=19-4-2016 }}</ref><ref>{{cita web |autor=Howell, Davies |url=http://www.thesun.co.uk/sol/homepage/showbiz/6712392/Adele-Amy-Winehouse-inspired-my-career.html |título=Adele: Amy inspired my career |data=27-10-2015 |xornal=The Sun |dataacceso=19-4-2016 }}</ref>. Noutra ocasión Adele dixo: "Amy é un auténtico fenómeno", e engadiu, "cando Amy triunfaba en América, eu e Duffy comezamos a destacar en Inglaterra, e eu creo que fixo o camiño un pouco máis doado para nós"<ref>{{cita publicación periódica |autor=Corcoran, Liz |autor2=Orloff, Brian |url=http://www.people.com/people/article/0,,20263024,00.html |título=Adele Recoils from Botched Meeting with Justin |data=5-3-2009 |revista=People |dataacceso=19-4-2016 }}</ref>. Paloma Faith manifestou: "Ela abriu o camiño para min e para outros coma min"<ref>{{cita web |url=https://www.palomafaith.com/goodnight-amy/ |título=Goodnight Amy |data=25-7-2011 |páxina-web=palomafaith.com |dataacceso=23-4-2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160509114938/https://www.palomafaith.com/goodnight-amy/ |dataarquivo=09-05-2016 |urlmorta=si }}</ref>. A cantante italiana Nina Zilli amosou o seu agradecemento a Winehouse: "Fixo algo fantástico. Ata a súa aparición todo era unha copia dunha copia, pero con ela o rythm and blues e o soul comezaron a circular de novo e grazas a ela puiden gravar o disco. Puxo os focos na clase de música que levo facendo toda a miña vida"<ref>{{cita publicación periódica |autor=Martín Rodrigo, Ines |url=http://www.abc.es/20110414/cultura-musica/abci-entrevista-nina-zilli-201104131600.html |título=Nina Zilli, la Amy Winehouse italiana |data=14-4-2011 |xornal=[[ABC (xornal)|ABC]] |url-arquivo=http://archive.is/MV9Da |data-arquivo=29-3-2016 |dataacceso=21-4-2016 |lingua=castelán}}</ref>.
 
As letras nas cancións de Amy Winehouse "afirman un desarme, unha honestidade inflexible", escribe Dylan Moore<ref name="morriñento" /> e Randall Roberts confirma esta idea: "a honestidade e claridade no tratamento das cousas, xunto co seu carisma e arrogancia vocal, era o que fascinaba dela"<ref name="franco" />. Profundando no asunto, expresou Laura Barton do xornal ''The Guardian'': "a música de Amy Winehouse lembra outra época [...] unha calidade que se filtrou nas súas palabras, nas súas letras que non coincidía cos seus contemporáneos pero si coas primeiras cantantes de blues [...] As cancións de Winehouse desvelaron algo máis morriñento, máis avolto [...] cantou abertamente o desexo feminino [...] un sufrimento profundo"<ref>{{cita publicación periódica |autor=Barton, Laura |url=http://www.theguardian.com/music/2011/jul/26/amy-winehouse-lyrics |título= Amy Winehouse sang of a deeply feminine suffering |data=26-7-2011 |xornal=The Guardian |dataacceso=16-4-2016 }}</ref>, e Julianne Escobedo, da MTV, corrobora esta percepción: "foi esa dor feminina que a uniu tan intimamente coa música soul das décadas de 1950 e 1960 [...] Os grupos femininos e as divas do soul desta época usaron a súa música para liberarse e contar as súas historias"<ref>{{cita web |autor=Escobedo Shepherd, Julianne |url=http://www.mtv.com/news/2694154/lady-sings-the-blues-remembering-amy-winehouse/ |título=Lady Sings The Blues: Remembering Amy Winehouse |data=25-7-2011 |páxina-web=MTV News |dataacceso=16-4-2016 }}</ref>. Cando Emeli Sandé estaba facendo o seu álbum, ''Our version of Events'', unha das súas influencias foi ''Back to Black'' de Amy Winehouse, manifestando ademais: "Amy inspiroume a escribir mellor e a poñer realmente o meu corazón no álbum, a non tentar ocultar nada"<ref>{{cita web |url=http://www.nme.com/photos/10-artists-inspired-by-the-late-great-amy-winehouse/382340#/photo/1 |título=10 Artists Inspired By The Late, Great Amy Winehouse |páxina-web=NME |dataacceso=23-4-2016 }}</ref>.