Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Recuperando 7 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 61:
{{Cita centrada|Castelao, sendo estudante do Instituto, viviu de pupilo no mesmo pazo de Raxoi, na habitación dun empregado. Foi un dos poucos veciños -agás dos membros do Colexio de Confesores- da gran praza dos ventos e das Pelerinaxes (...). Viviu Daniel tamén no grave e xeitoso pazo, afeito a esculcar ata o Pico Sacro, da rúa pequeneira e outa do Castro. Non hai pazo con máis raxado xardín e searas: as antigas hortas de Altamira na súa versión de mercado.}}
 
No seu periplo universitario, prendeu a idea en Castelao dunha Galicia "máis xusta, máis libre, máis farturenta", á vez que, en propias palabras de Castelao, "a nosa mocidade empurrábanos ao separatismo"<ref>[http://www.anosaterra.org/nova/castelao-a-nosa-mocidade-empurrabanos-ao-separatismo.html Castelao: ‘A nosa mocidade empurrábanos ao separatismo’] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20141129090821/http://www.anosaterra.org/nova/castelao-a-nosa-mocidade-empurrabanos-ao-separatismo.html |date=29 de novembro de 2014 }}, A Nosa Terra.</ref>.
 
Durante os seus anos na universidade agroma tamén o seu interese polo debuxo e a pintura, e en especial pola caricatura, ademais de pola música, posto que tocaba na [[tuna]]<ref>[http://www.concellopontevedra.es/castelao-pontevedra/castenpont.html Castelao en Pontevedra] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20140312031726/http://www.concellopontevedra.es/castelao-pontevedra/castenpont.html |date=12 de marzo de 2014 }}. 1911. Primeira escala da turné da tuna compostelana.</ref>. En [[1908]] expuxo os seus debuxos en [[Madrid]] e comezou a colaborar coa revista viguesa ''[[Vida Gallega]]''. Entre [[1909]] e [[1910]] fixo un curso de doutoramento en Madrid e participou nos II e III Salón Nacional de Humoristas, á vez que colaboraba como ilustrador con ''El Cuento Semanal''. Acadou unha medalla de ouro na [[Exposición Rexional de 1909]] de Santiago, co tríptico ''Unha festa na aldea''.
Liña 75:
O [[19 de outubro]] dese ano 1912 casou con [[Virxinia Pereira Renda]] ([[A Estrada]], [[1884]] - [[Madrid]], [[1969]]), na antiga igrexa de San Paio da [[A Estrada|Estrada]], sendo oficiada a cerimonia polo seu amigo o crego [[Antonio Rey Soto]]<ref name=galespa/>.
O 1º de febreiro de [[1914]] naceu na Estrada o seu único fillo, Alfonso Xesús de Braga<ref>Data quitada da cronoloxía de Miguel Anxo Seixas. Outras fontes datan este feito en xaneiro e mesmo en 1913 (por exemplo, Modesto Hermida García: ''Castelao e Os dous de sempre'').<br />Rodolfo Prada, íntimo amigo de Castelao, escribe nunha [http://www.museocastelao.com/morte/carta.html carta]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} a Ramón Otero Pedrayo (20-II-1950): ''"Os dous —pai e fillo— cumprían anos o 31 de xaneiro e os dous morreron en xaneiro..."''.</ref>. Outro fito transcendente na vida de Castelao acontecido nese ano de [[1914]] foi un desprendemento de [[retina]] que o deixa case [[cegueira|cego]], pero unha operación devólvelle a vista. Aínda así, esta quedoulle moi reducida durante o resto da súa vida e, segundo el mesmo escribiu, foi un dos motivos polos que decide abandonar definitivamente a medicina e buscar un traballo máis seguro como funcionario. Aínda así, volveu exercer como médico en Rianxo durante a epidemia da [[gripe de 1918]]<ref>En carta remitida o 18 de febreiro de 1928 ao Presidente do Centro Galego de Buenos Aires confésalle que "''temendo quedarme inútil algún día para o traballo, ingresei por oposición no Corpo Facultativo de Estatística co obxecto de asegurar a miña xubilación, que me puxera a cubierto da miseria e da filantropía''". Tamén tivo que pesar nesta decisión o feito de buscar un traballo seguro cun soldo fixo e que lle deixase tempo libre para dedicarse ó debuxo, dúas vantaxes que non reunía o seu traballo como médico rural.</ref><ref>[http://www.consellodacultura.org/mediateca/extras/la_feria_del_mundo.pdf La feria del mundo: crónicas desde Chile (1942-1956)], [[Ramón Suárez Picallo]], px. 354. Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-96530-61-4.</ref>.
[[Ficheiro:Castelao, Retrincos, O retrato.jpg|miniatura|"O retrato", ''Nós'', 25/7/1927.]]
No relato "O Retrato", datado en Pontevedra en 1922, publicado nas revistas ''[[Nós (revista)|Nós]]''<ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1157189&interno=S&presentacion=pagina&posicion=3&registrardownload=0 ''Nós''. Ano IX, n.º 43, 25/7/1927] en [[Galiciana]]. [[Biblioteca de Galicia]]</ref> e ''[[Alma Gallega (Montevideo)|Alma Gallega]]'' en 1927 (e incluído en ''[[Retrincos]]'' en 1934), escribe que:
Liña 97:
{{Cita centrada|''O álbum Nós foi moito máis que un evento de arte. Foi o redescobrimento de un pobo, que leva o drama de vivir ás costas. Foi unha campanada, a máis forte e a máis fonda, que se deu na conciencia colectiva. Foi un estremecimento social que viría destinado a soerguer o esprito de Galicia.''|autor=Valentín Paz Andrade.}}
 
Castelao foi nomeado membro do Seminario na segunda xuntanza celebrada (novembro) e ingresou oficialmente o [[4 de maio]] de [[1924]], coincidindo coa exposición do álbum ''Nós'' en Santiago. Colaborou co Seminario desde o primeiro momento, deseñando o anagrama co graal, a [[pomba]] e as [[Estrela (astronomía)|estrelas]] <ref>[{{Cita web |url=http://entrada.egu.es/egu_xunta/html/index.php?op=ver&id=119080&buscado=&opcion=# |título=pode verse en] |data-acceso=24 de setembro de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120105083150/http://entrada.egu.es/egu_xunta/html/index.php?op=ver&id=119080&buscado=&opcion= |dataarquivo=05 de xaneiro de 2012 |urlmorta=si }}</ref> e dirixindo a sección de Arte e Literatura. O Seminario publicaría o seu estudo sobre ''[[As cruces de pedra na Bretaña]]'' ([[1930]]) e aprobou a publicación d’''[[As cruces de pedra na Galiza]]'' na que foi a súa última xuntanza, en 1936, que precedeu á súa disolución.
 
En [[1921]], grazas a unha bolsa de viaxe da [[Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas]], viaxou a [[Francia]] ([[París]]), [[Bélxica]] ([[Bruxelas]], [[Gante]], [[Bruxas]] e [[Antuerpen]]) e [[Alemaña]] ([[Berlín]] e [[Múnic]])<ref>[http://www.culturagalega.org/imaxes/docs/expo_europa.pdf Galicia, célula de universalidade. Europa e a xeración Nós].</ref> para estudar a arte deses países; froito desa viaxe realizada entre xaneiro e outubro foi o diario que escribiu e que publicou parcialmente a revista ''Nós'' en 1922-1923 (e, finalmente, como libro, en [[1977]] co título de ''[[Diario 1921]]'').
Liña 146:
É tamén durante estes primeiros anos da guerra cando publica os seus tres álbums da guerra: ''[[Galicia mártir]]'' ([[Valencia]], febreiro de 1937), ''[[Atila en Galicia]]'' ([[Valencia]], xullo de 1937) e ''[[Milicianos]]'' ([[Nova York]], agosto de 1938). Nos álbums maniféstase a carraxe de Castelao contra o [[fascismo]] e a exaltación do heroísmo dos loitadores e dos mártires a prol da [[liberdade]]. Castelao sentiu fondamente tódolos acontecementos da [[guerra civil española]] e maila [[represión]], na que perdeu grandes amizades coma [[Alexandre Bóveda]] ademais de dous curmáns, [[José Losada Castelao]] e [[Manuel Rodríguez Castelao]], no [[asalto do bou Eva]].
 
Do [[20 de abril]] ao [[20 de maio]] de [[1938]] realizou unha viaxe oficial coa súa dona, por encarga do Ministro de Estado, [[Julio Álvarez del Vayo]], dentro dunha comisión cultural republicana, á [[Unión Soviética|URSS]] (visitando [[San Petersburgo|Leningrado]] e [[Moscova]], e despois a [[Ucraína Occidental]] e [[Acerbaixán]])<ref>[http://books.google.es/books?id=HXJ6Cy5PeLgC&pg=PA43&dq=Castelao&lr=&as_brr=3&ei=5Yw1StOJBafmygS9n4i0Bg#PPA35,M1 Os trinta días de Castelao na URSS], [[Valentín Paz-Andrade]], [[Grial (revista)|Grial]] nº 75 (xaneiro, febreiro, marzo de 1982), pp. 35-45.</ref>. Nesta viaxe, Castelao quedou impresionado pola aparente liberdade da que gozaban as nacionalidades e as distintas linguas e culturas. No Museo de Arte Moderna Occidental de [[Moscova]] puido asistir á exposición da súa obra sobre o martirio de Galicia na "Sala Castelao"<ref>[http://www.terraetempo.org/media/documentos/TT_141_144_Dossier_Castelao_en_guerra.pdf Castelao na URSS] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120104124544/http://www.terraetempo.org/media/documentos/TT_141_144_Dossier_Castelao_en_guerra.pdf |date=04 de xaneiro de 2012 }}, pp. 117-124. Recolle unha entrevista no xornal ''Frente Rojo'' (nº 425, 05/07/1938), e no xornal ''El Magisterio Español'' (15/06/1938), onde se recolle a visión de Castelao sobre o que viu na URSS.</ref>.
 
{{Cita centrada|''“[...] Eu propóñome a demostrar que Galiza é unha unidade nacional perfeita, e que, polo tanto, ten dereito a dispor dos seus destinos [...]''
Liña 177:
Xa na [[Arxentina]], Castelao retomou a actividade política e participou en numerosos actos públicos<ref>{{cita web|url=https://cgai.xunta.gal/gl/filmes/imaxes-de-castelao-en-buenos-aires|título=Imaxes de Castelao en Buenos Aires|páxina-web=cgai.xunta.gal|dataacceso=15 de xuño de 2018|data=|lingua=}}</ref>, como o coñecido discurso ''[[Alba de Groria]]'' no [[Día da Patria Galega|día da Patria]] de 1948, pero a comezos de [[1949]] diagnostícaselle un [[cancro]] de [[pulmón]] incurable<ref>Castelao foi un fumador empedernido, como se pode comprobar en boa parte das súas autocaricaturas e nas fotografías da época. Cando comezou a manifestarse o cancro, en 1947, deixou practicamente de fumar. Segundo escribe Victoria Armesto "''A partir de entón só fumaba algún que outro cigarro ocasional, sempre ás agachadas de Virginia''" (''La Voz de Galicia'', 26 de xuño de 1984).</ref> aínda que os médicos só lle din que ten un ''"proceso infeccioso no pulmón esquerdo"'' que esixe repouso e tratamento médico. Os médicos decidiron ocultar a gravidade da enfermidade tanto a Castelao como á súa muller, e semella que el non foi consciente da inminencia da morte<ref>"''(...) os médicos e mais eu (que istamos no témero segredo da súa gravedade) vimos ocultándolle a verdade e dando azos i espranzas de que se reporá... Piadosa aititude de quen non chega a ser prenamente eficaz, pois il (¡e aínda máis, a probe Virxinia!) ten o espritu tebroso coas dúvidas e presentimentos —¡il tan agudo e tan intuitivo!— que non conquerimos barrerlle do ánemo.''" — Carta de Rodolfo Prada a Ramón Otero Pedrayo (15-V-1949).</ref>. En xuño de [[1949]] escribía escusando a súa presenza nun acto do Centro Pontevedrés de Buenos Aires que "''estou absolutamente seguro de repoñer a miña saúde e de acompañalos no ano próisimo, por este xa se vé que non é posible''"; en decembro escribía ao seu amigo [[Manuel Roel Longueira|Manuel Roel]]: "''Estou enfermo pero sandarei. Algún día nos veremos na verde Betanzos''".
 
Castelao, recluído no seu domicilio e cada vez con maiores dores –que el describía como que "''xa está eiquí o corvo, xa está o corvo peteirando''", dedícase a preparar a edición de ''[[As cruces de pedra na Galiza]]'' pero só consegue ver impresas e asinar as primeiras páxinas. Finalmente, para intentar reducir as dores que sufría, os médicos deciden sometelo a unha lobotomía prefrontal.<ref>{{cita web|url=http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.2656.php|título=Tres médicos escritores (II)|páxina-web=galiciadigital.com|dataacceso=20 de xuño de 2016|data=27 de maio de 2008|lingua=castelán}}</ref> O día [[2 de xaneiro]] de [[1950]] ingresárono no Sanatorio do [[Centro Gallego de Buenos Aires]], o 4 operárono pero non consegue recuperarse da operación e morre pouco antes da medianoite do [[7 de xaneiro]], sen chegar a cumprir os 64 anos. Foi embalsamado para cumprir o seu desexo de, algún día, regresar a Galicia e, ademais, o escultor [[Domingo Maza]]{{Cómpre referencia}} fixolle unha mascariña da cara e un baleirado en xeso da súa man dereita <ref>{{Cita web|url=http://emigracion.xunta.es/patrimonio/centro-galicia-de-buenos-aires-culturasocial-y-deportivo/máscara-mortuoria-de-daniel-r-ca|páxina-web=Xunta de Galicia|título=Ficha de "Máscara mortuoria de Daniel R. Castelao"|urlarquivo=https://archive.today/20120713062525/http://emigracion.xunta.es/patrimonio/centro-galicia-de-buenos-aires-culturasocial-y-deportivo/m%C3%A1scara-mortuoria-de-daniel-r-ca|data-acceso=26 de xuño de 2018|dataarquivo=13 de xullo de 2012|urlmorta=nonsi}}</ref>. Foi soterrado o día 9 no cemiterio da [[Chacarita]], de Buenos Aires<ref>[http://www.centrogallegoba.com.ar/#!/centro-gallego/panteon Panteón do Centro Galego no Cemiterio da Chacarita] (Buenos Aires).</ref>, no medio de grandes mostras de solidariedade da poboación bonaerense e dos exiliados galegos, que ateigaron as rúas amosando o seu afecto polo egrexio Castelao.
 
=== A censura ===
Liña 185:
=== Regreso a Galicia ===
[[Ficheiro:Sartego de Castelao. Convento de San Domingos de Bonaval.jpg|miniatura|Sartego de Castelao no [[Panteón de Galegos Ilustres]].]]
Os seus restos mortais foron repatriados e levados para o [[Panteón de Galegos Ilustres]], no [[convento de San Domingos de Bonaval]] (Santiago de Compostela), o [[28 de xuño]] de [[1984]], coincidindo co aniversario do plebiscito que aprobou o Estatuto de Galicia<ref>[http://br.youtube.com/watch?v=nUAD5PABgs4 Vídeo do traslado do corpo de Castelao], onde se ven as cargas policiais.</ref>, en medio de manifestacións [[Nacionalismo galego|nacionalistas]] que acusaban as autoridades de que "os que o exiliaron agora fanlle honores". Cómpre destacar o desexo de Castelao de que o seu corpo, de morrer no desterro, fose repatriado a Pontevedra<ref>[http://www.concellopontevedra.es/castelao-pontevedra/pontencast.html Artigo de Castelao] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20070624091146/http://www.concellopontevedra.es/castelao-pontevedra/pontencast.html |date=24 de xuño de 2007 }}, titulado "''Meu Pontevedra''" no que escribe: "''Penso que si morrese no desterro, os meus osos non se deixarían consumir até que algún anaquiño d-eles chegase a Pontevedra''".</ref>, xa que se consideraba pontevedrés ''pola miña propia vontade e pola identificación coas terras e xentes de Pontevedra''<ref>[http://www.concellopontevedra.es/castelao-pontevedra/ruta.html Carta de Castelao ó presidente do Centro Pontevedrés de Buenos Aires] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20070624084929/http://www.concellopontevedra.es/castelao-pontevedra/ruta.html |date=24 de xuño de 2007 }}, datada no 31 de marzo de 1947.</ref>.
 
O mesmo día en que chegan os restos de Castelao, concédeselle a título póstumo a [[Medalla de Galicia|Medalla de Ouro de Galicia]]<ref>[http://www.xunta.es/dog/Publicados/1984/19840628/Anuncio1FA6_gl.html DOG nº 123, de 28.06.1984.]</ref> e, en decembro dese mesmo ano a [[Xunta de Galicia|Xunta]] crea a [[Medalla Castelao]]<ref>DOG nº 238, de 13.12.1984.</ref>.
Liña 263:
 
Polifacético [[Novela|novelista]], [[Debuxo|debuxante]], [[Caricatura|caricaturista]], [[Pintura|pintor]], [[dramaturgo]], [[Ensaio (literatura)|ensaísta]] teórico da arte e [[Política|político]], sempre reflectiu na súa obra o seu compromiso co [[Galeguismo (política)|galeguismo]] e coa solidariedade:
{{Cita|O arte en min non foi nin será máis que un xeito de expresión do meu nazonalismo. Deixese pois de faguer distingos antre o Castelao-artista e o Castelao nazonalista, eu non teño máis que unha personalidade. Eu son o que fun e o que serei; o que fun soio cos meus pensamentos alá en Compostela, o que son en comunidade de ideias con moitos, o que serei sempre.|Carta aberta a Marcelino Pedreira, ''[[La Zarpa]]'', 1922.<ref>[http://www.anosaterra.org/nova/50972/castelao-e-boveda-contra-os-catedraticos-hispanos.html Castelao e Bóveda contra os catedráticos hispanos] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20110203043159/http://www.anosaterra.org/nova/50972/castelao-e-boveda-contra-os-catedraticos-hispanos.html |date=03 de febreiro de 2011 }}, A Nosa Terra Diario.</ref>}}
 
Coma escritor, Castelao comeza dedicándose á narrativa, máis tarde inicia o seu labor coma ensaísta e, por último, coma dramaturgo. A súa obra caracterízase pola crítica social, polo [[humor]] acedo, a través do cal pretende amosar os defectos da sociedade galega do seu tempo, e polo [[poesía|lirismo]], que atinxe á forma e aos contidos, con abondosos recursos expresivos ([[anáfora]]s, [[símil|comparacións]], [[paralelismo]]s...) e cunha esmerada selección léxica, procurando sobre todo efectos rítmicos. A súa prosa caracterízase pola concisión e brevidade, eliminando todo o innecesario.