Diferenzas entre revisións de «Aceite de colza»

Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
(retiro punto)
(Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9))
O '''aceite de colza''' extráese das sementes de dúas especies desta planta ''[[Brassica napus]]'' e ''[[Brassica rapa]]'' (ou ''Brassica campestris'').
 
A [[colza]] cultívase na [[India]] desde hai, polo menos, 4000 anos, onde se aproveitou a planta como [[forraxe]] e como fariña da semente. Desde a India pasou a cultivarse na [[China]] e, non antes do século XIV, a [[Europa]], aínda que aquí non se estendeu como cultivo a grande escala ata os anos [[1930]], cando tamén comezou a cultivarse no [[Canadá]]. Actualmente, Europa e Canadá son os principais produtores de colza <ref>A canola reporta á economía de Canadá uns ingresos de 15.400 millóns de dólares [http://www.canola-council.org/news/2397/canola_contributes_15_4_billion_to_canadian_economy.aspx] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20111126120652/http://www.canola-council.org/news/2397/canola_contributes_15_4_billion_to_canadian_economy.aspx |date=26 de novembro de 2011 }}</ref>.
 
O obxectivo do cultivo é a produción de [[aceite]] e, como subproduto, de fariña de extracción que se utiliza como fonte [[proteína|proteica]] na alimentación animal.
No aceite de colza natural, en bruto, o ácido oleico só alcanza concentracións da orde do 9-16%, mentres que na canola ascende a valores do 57-60% (similares ós do [[aceite de oliva]], cun 55-80% de ácido oleico) e do 73-77% na variedade alto oleico. A este ácido graxo atribúeselle un efecto cardiosaludable.
 
Estas modificacións conseguiron producir un aceite que contén a menor porcentaxe de graxas saturadas entre tódolos aceites vexetais, con só un 7% de graxas saturadas fronte a un 61 % de graxas monoinsaturadas e un 11% de poliinsaturadas [https://web.archive.org/web/20110409123540/http://www.canolacouncil.org/uploads/spanish/spanishchart.pdf].
 
Outra vantaxe adicional desta variedade é que presenta, simultaneamente, niveis moi baixos de glucosinolatos na fariña, o que permite utilizar sen problemas a fariña de colza na formulación de [[Penso (alimento)|pensos]] compostos para o [[gando]], sen os problemas que representaban os glucosinolatos na alimentación animal.
199.230

edicións