Aberri Eguna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m reformulo a frase a partir de ca.wiki e es.wiki.
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 21:
Debido á falta de probas, moitos historiadores dubidan seriamente de que este feito ocorrese realmente un Domingo de Pascua. O primeiro ''Aberri Eguna'' convocouse en [[Bilbao]] polo [[Partido Nacionalista Vasco]] o 27 de marzo de [[1932]], Domingo de Resurrección.
 
A celebración realizouse para conmemorar o 50 aniversario do ''descubrimento'' de Arana considerado o punto de nacemento do nacionalismo vasco. Algúns historiadores cren que os líderes nacionalistas fixeron coincidir o ''Aberri Eguna'' co Domingo de Resurrección [http://dialnet.unirioja.e/servlet/articulo?codigo=2214030]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} nun intento de dotar á festa dun maior simbolismo, incidindo no carácter cristián do movemento fronte ao secularismo da [[Segunda República Española]]. Non hai que esquecer o simbolismo do descubrimento de Arana, considerado polos nacionalistas vascos, como a ''resurrección'' da nación vasca.
 
O primeiro Aberri Eguna consistiu nunha manifestación que finalizou na casa natal do fundador do partido [[Sabino Arana]], actualmente nese mesmo soar levántase a [[Sabin Etxea]] que é a sede do partido.