Khmer vermellos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Ortografía
m Corrección de sede e corrección e comprobación dos dous primeiros apartados
Liña 3:
{{Sen referencias|data=agosto de 2018}}
{{formatoWiki}}
{{Partido político|líder=[[Pol Pot]]|fundación=[[23 de febreiro]] de [[1968]]|disolución=[[6 de marzo]] de [[1999]]|posición=[[Extrema esquerda]]|sede=[[Nom Pen]], [[CamboyaCambodia]]}}
'''Khmers Vermellos''' ('''Khmers Rouges''' en [[Lingua francesa|francés]], '''Khmer Krahom''' en [[lingua camboxana|camboxano]]) é o nome co que foi coñecida a organización [[Loita de guerrillas|guerrilleira]] [[camboxa]]na que, tras a [[Guerra de Vietnam]], a saída dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e o derrocamento do xeneral Lon Nol (que rexía unha ditadura militar desde 1970), tomou o poder o [[17 de abril]] de [[1975]] (a «Caída de Phnom Penh»). Fundou a Kampuchea Democrática, un sistema de Goberno de características [[Autoritarismo|autoritarias]] que, baixo a aparencia formal dunha república popular de inspiración [[Maoísmo|maoísta]], consolidou na práctica un sistema de economía radicalmente agraria, baixo a consígna da evacuación das cidades e destrución da civilización urbana e a súa cultura, consideradas burguesas, a reconstrución social desde as orixes da civilización e a recuperación da cultura [[Pobo khmer|khmer]] ancestral baixo a dirección de [[Pol Pot]], o seu principal líder. Ademais dun férreo control militar sobre a poboación civil, sometida en boa parte a un réxime de traballos forzados, desenvolveron extensos métodos de detención, tortura e asasinatos selectivos en masa, baixo a consigna da chamada «procura do inimigo interno».
 
Liña 17:
 
=== Cara ao poder ===
{{Véxase tamén|Guerra civil camboxana}}
O Partido Comunista de Cambodia conformouse en [[1951]], aínda que nos seus primeiros anos foi parte dependente do [[Partido Comunista de Vietnam]]. Nos [[Década de 1970|anos setenta]] cambiou o nome por Partido Democrático de Kampuchea.
 
A [[ideoloxía]] dos Khmers Vermellos mesturaba unha interpretación subxectiva e de extrema esquerda do [[maoísmo]], centrándose na súa exaltación do campesiñado, coas ideas [[Colonialismo|anticolonialistas]] propias das guerras de liberación nacional. A isto engadiuse o rancor cara á subordinación dos comunistas camboxanos aos [[vietnam]]itas. O resultado final foi unha combinación de maoísmo de palabra cun [[nacionalismo]] extremo na práctica, chegando a posturas [[Racismo|racistas]].
 
=== Os Khmers Vermellos no poder ===