A Habana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 3 fontes e etiquetando 2 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 58:
 
=== Século XVIII ===
Macizada a cidade intramuros, moi lentamente van a aparecer as primeiras ocupacións fora de murallas xa cara á metade do [[século XVIII]]. En primeiro lugar o Arsenal, ao sur da lentella da cidade histórica, e ao seu carón a parcelación regular do barrio de Jesús María. Apoiado na única vía de saída da cidade (xunto á ''Zanja Real'') crecerá o barrio de Guadalupe <ref>''Mapa da Habana (1743, Biblioteca Nacional): obsérvese a cidade amurallada cunha soa porta e camiño de acceso; a Zanja Real aparece coas súas ramificacións no casco urbano; enriba (sur) os comezos do Arsenal'' [http://www.bne.es/es/Micrositios/Guias/12Octubre/resources/images/MR_43_225_g.jpg]</ref><ref>''Mapa da Habana publicado en 1763 coas primeiras ocupacións extramuros: o Arsenal co barrio Jesús María e o de Guadalupe xunto á Zanja Real'' [http://www.palauantiguitats.com/imatges/grabado/G00013.jpg] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20160305040627/http://www.palauantiguitats.com/imatges/grabado/G00013.jpg |date=05 de marzo de 2016 }}</ref>.
[[Ficheiro:Mapa de La Habana Vieja.JPG|225px|miniatura|A Habana a comezos do século XIX (esq. a der.): o Arsenal cos novos arrabaldes, as torres da Catedral enriba do ''Palacio de los Capitanes'' na remodelada Praza de Armas e a impoñente fortaleza ''de la Cabaña'' na beira oposta da baía; de diante o porto coa Praza de S. Francisco e a Alameda de Paula.]]
 
Liña 70:
[[Ficheiro:La Habana - 1850.JPG|miniatura|200px|Mapa da Habana en 1831.]]
Na primeira metade do [[século XIX]] consolídase o urbanizado fora de muros coma un conxunto de traza máis o menos regular pero simplemente xustaposto, sen plan unitario.
No ''glacis'' en torno a murallas (entre a porta e o castelo da Punta) proxectárase dende fins do século anterior unha alameda ou bulevar que devirá o Paseo do Prado <ref>''Plano do centro da Habana (1829) co futuro Paseo do Prado entre o Campo de Marte e o castelo da Punta'' [http://www.planmaestro.ohc.cu/images/1829%20Plano%20de%20la%20Habana%20y%20sus%20barrios%20extramuros.jpg]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref><ref>''Idem (1859) xa coa Estación do ferrocarril á carón do Campo de Marte'' [http://www.etsav.upc.es/urbpersp/num09/art09-3b.jpg] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20100619195839/http://www.etsav.upc.es/urbpersp/num09/art09-3b.jpg |date=19 de xuño de 2010 }}</ref><ref>''Vista do tramo setentrional do Prado a finais do XIX (ao fondo aparece o Morro)'' [http://sictenerife.files.wordpress.com/2011/05/1-tranvia-tirado-por-caballos2.jpg]</ref>, vertebral da articulación futura entre a ''Habana Vieja'' e o centro contemporáneo <ref>''Vista debuxada da cidade dende o mar: o Paso do Prado articulando a transición entre a Habana Vieja (aínda coas murallas) e os novos arrabaldes; en primeiro termo a fronte costeira que no [[século XX]] devirá o Malecón'' [http://www.oldprintshop.com/images/large/35321.jpg] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120704052527/http://www.oldprintshop.com/images/large/35321.jpg |date=04 de xullo de 2012 }}</ref>. Outra alameda, a Alameda de Paula, xorde coma paseo-miradoiro na beira da baía, entre o porto e o Arsenal.
 
O derrubo das murallas (1863) non foi aproveitado para esponxares o tecido urbano (soamente o Parque Central <ref>''Vista de época do Parque Central co Paseo do Prado de diante: nótese a trama no canto das murallas coma articulación intermedia entre á da Habana Vieja ao fondo á esquerda e a dos arrabaldes da primeria metade do XIX embaixo da fotografía; á dereita aparece o espazo da estación que despois ocupará o Capitolio'' [http://www.ull.es/publicaciones/latina/a/cuba7.jpg]</ref>) e tanto ''glacis'' como solar dos antigos baluartes foron urbanizados <ref>''Mapa da cidade de 1866 co solar da antiga muralla urbanizado (nótese xa trazado o Paseo de Tacón ao oeste cara ó Castelo do Príncipe)'' [http://i88.servimg.com/u/f88/12/48/87/55/plano_10.jpg]</ref>. Maís aló, A Habana creceu ao longo de dous eixos fundamentais (O e SO) segundo os antigos camiños dende a antedita única porta da muralla (''Puerta de Tierra''): o do oeste, perpendicular ao Prado no seu comezo (Campo de Marte), será a ''Calzada de la Reina'' continuada polo Paseo de Tacón ata o Castelo do Príncipe, central da metrópole de hoxe en día; o do suroeste arrodeando a baía onde crecen os arrabaldes de Jesús del Monte, Regla e Casablanca.
Liña 84:
As crises do azucre e a [[Gran Depresión]] do [[1929]] deran fin á época de esplendor comercial portuario da Habana. Despois da [[segunda guerra mundial]], especialmente nos anos cincuenta e novamente de mans de grandes investidores estadounidenses, a prosperidade volveu á capital coa industria do turismo.
[[Ficheiro:Havana, Cuba.jpg|miniatura|300px|Vista satélite da metrópole habanera.]]
A busca dun novo centro para a metrópole en formación era un anhelo dende os primeiros plans de comezos de século <ref>[http://age.ieg.csic.es/boletin/45/14-planes.pdf ''Planes urbanísticos para A Habana 1898-1959, G. Ponce Herrero, pdf'']</ref>. O de Forestier de 1926 o definiu con ampulosidade (herdanza do [[París]] de Haussmann) onde parecía lóxico, na área ao sur do Castelo do Príncipe, articulando as diferentes seccións desconectadas da cidade da época. Ademais, moldeando a sutura, prevía un gran Parque Metropolitano nas beiras do río Almendares. Baixo a ditadura de [[Batista]] o plan director de [[J.Ll. Sert]] de 1955-58, retomaba ambas ideas proxectando un Centro Cívico e administrativo. A [[revolución cubana]] de 1959 paralizou a implantación das propostas e aínda hoxe a Praza da Revolución (herdeira dese espazo) segue sen definir consistentemente o centro da Habana <ref>''Mapa contemporáneo do centro da Habana: o baleiro central baixo o Castelo do Príncipe é a Praza da Revolución (antiga Praza Cívica); máis ao suroeste, o Parque do Almendares'' [http://redalyc.uaemex.mx/redalyc/html/198/19801711/pg_0013.jpg]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref>, agora unha metrópole de máis de tres millóns de habitantes que sofre dos problemas e carencias característicos das grandes urbes iberoamericanas <ref>''Ver nota 4, páx 76 e seguintes''</ref>.
 
En [[1982]] a ''Habana Vella'' foi declarada patrimonio da humanidade. Dende entón grandes esforzos e recursos foron postos en marcha para salvar e rehabilitar o deteriorado ámbito colonial, labor que aínda hoxe segue en marcha.