A Coruña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Recuperando 16 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 40:
'''A Coruña''' é unha cidade e concello no noroeste de [[Galicia]] e bañada polo [[océano Atlántico]], nas [[Rías Altas]]. É a capital da provincia da [[Provincia da Coruña|Coruña]] e a cabeza da [[Comarca da Coruña|súa comarca]], que ademais do seu propio concello inclúe os de [[Abegondo]], [[Arteixo]], [[Bergondo]], [[Cambre]], [[Carral]], [[Culleredo]], [[Oleiros]] e [[Sada]]. Despois de [[Vigo]], A Coruña é o segundo concello máis poboado de Galicia; contaba no ano 2015 con 243&nbsp;870 habitantes, fronte aos 294&nbsp;098 habitantes de Vigo,<ref name="nomenclatorIGE"/> e era o concello con máis densidade de poboación con 6449,32 hab/km².
 
A cidade é sede do [[Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]], da Delegación do [[Goberno de España|Goberno]] en Galicia, da [[Real Academia Galega]], do [[Arquivo do Reino de Galicia]] e da Forza Loxística Operativa. Dende [[1563]] foi sede da [[Real Audiencia de Galicia]] (permanentemente dende 1612)<ref>{{cita novas|dataacceso=29 de decembro de 2015|lingua=castelán|data=22 de febreiro de 2015|xornal=El Ideal Gallego|url=http://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/real-audiencia-y-capitania-general/20150221225101230403.html|título=La Real Audiencia y Capitanía General|nome=José M.|apelidos=Fernández Caamaño}}</ref> e foi capital de [[Capitanía Xeneral de Galicia|Rexión Militar]] ata a súa desaparición en 2002.<ref>{{cita novas|dataacceso=29 de decembro de 2015|lingua=castelán|data=6 de xaneiro de 2002|xornal=La Voz de Galicia|url=http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2002/01/06/900925.shtml?idioma=galego|título=El jefe de la Región Militar confirma la supresión de Capitanía|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160312095310/http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2002/01/06/900925.shtml?idioma=galego|dataarquivo=12/03/2016|urlmorta=si}}</ref>
 
O seu emprazamento é privilexiado, xa que se ergue sobre un promontorio na entrada dunha [[ría]] nun amplo [[baía|golfo]], o ''[[Arco Ártabro|Portus Magnus Artabrorum]]'' dos xeógrafos clásicos. O centro da cidade espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreito [[istmo]], no que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria (cara á [[ría da Coruña]]), de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara á [[enseada do Orzán]], onde se atopan as praias urbanas de [[Praia de Riazor|Riazor]] e o [[Praia do Orzán|Orzán]].
Liña 292:
=== Morfoloxía urbana ===
[[Ficheiro:Ensenadacoruña2016.jpg|miniatura|Imaxe da cidade.]]
Tradicionalmente a cidade estaba formada por tres barrios, a [[Cidade Vella da Coruña|Cidade Vella]] (a cidade medieval), a [[A Pescadería, A Coruña|Peixaría]] <ref>{{cita web |url=https://www.coruna.es/servlet/BlobServer?blobcol=urldata&blobtable=MungoBlobs&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DTRORCI_A_Coruna_0.pdf&blobkey=id&blobheadername1=content-disposition&blobwhere=1330630331969&blobheader=application%2Fpdf&blobnocache=true |título=Texto Refundido da Ordenanza de Conservación e Rehabilitación de Inmobles do Concello da Coruña. Artigo 94. Subvencións na Área de Centro Histórico |obra=Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 226 |data=28 de novembro de 2011 |páxina=37 |cita=Na Área de Centro Histórico, coincidente co ámbito regulado polo Plan Especial de Protección da Cidade Vella e Peixaría, as subvencións a conceder serán as seguintes, co límite que se estableza en cada un dos convenios [...] |data-acceso=23 de outubro de 2015 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20150322214344/http://www.coruna.es/servlet/BlobServer?blobcol=urldata&blobtable=MungoBlobs&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DTRORCI_A_Coruna_0.pdf&blobkey=id&blobheadername1=content-disposition&blobwhere=1330630331969&blobheader=application%2Fpdf&blobnocache=true |dataarquivo=22 de marzo de 2015 |urlmorta=si }}</ref> (a cidade do século XIX) e o núcleo agrícola de San Tomé ou Atochas. Había outros núcleos rurais e ademais a poboación comezara a asentarse na zona de Garás-Santa Lucía, por onde se creou o [[Ensanche da Coruña|Ensanche]] (a cidade do século XX).<ref name=precedo/>
 
Na década de 1950 a cidade ademais dos catro núcleos anteriores xa se vía dividida noutras áreas: o Orzán, [[Monte Alto, A Coruña|Monte Alto]], Riazor (coa [[Cidade Xardín da Coruña|Cidade Xardín]] e a Cidade Escolar), as áreas urbanizadas arredor do [[parque de Santa Margarida]] (grupo de vivendas Juan Canalejo, Os Mallos) e Catro Camiños (Santa Lucía-A Falperra, A Coiramia-San Luís, A Palloza). A zona de Monelos, A Gaiteira, A Cubela e [[Os Castros, A Coruña|Os Castros]] (outeiros de Oza) comezaba a incorporarse ás áreas urbanas.<ref name=precedo>{{cita libro|título=La Coruña metrópoli regional|nome=Andrés|apelidos=Precedo Ledo|ligazón-autor=Andrés Precedo Ledo|lingua=castelán|data=1990|editorial=Fundación Caixa Galicia}}</ref> A partir deses anos estendeuse a zona urbana por barrios como [[A Agra do Orzán, A Coruña|A Agra do Orzán]], [[Labañou, Visma, A Coruña|Labañou]], a Sagrada Familia,<ref name="datosdistritos">[http://quecorunaquieres.com/wp-content/uploads/2015/04/DISTRITOS-CORUN_A.pdf Densidad demográfica de los distritos del municipio de A Coruña]</ref> [[O Castrillón, A Coruña|O Castrillón]], Monte das Moas ou A Sardiñeira. Entre 1940 e 1990 tamén se crearon zonas planificadas como Durmideiras,<ref>{{Cita web |url=http://mmasa.net/acidadedosbarrios/index.php?pag=barrios&sub=10 |título={title} |data-acceso=25 de outubro de 2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140831120138/http://mmasa.net/acidadedosbarrios/index.php?pag=barrios&sub=10 |dataarquivo=31 de agosto de 2014 |urlmorta=si }}</ref> o [[Barrio das Flores, A Coruña|Barrio das Flores]], Matogrande, O Ventorrillo, o Polígono de Elviña, Zalaeta e [[Os Rosales, Visma, A Coruña|As Roseiras]].<ref>{{Cita web |url=http://mmasa.net/acidadedosbarrios/index.php?pag=barrios&sub=4 |título={title} |data-acceso=23 de agosto de 2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160411173348/http://www.mmasa.net/acidadedosbarrios/index.php?pag=barrios&sub=4 |dataarquivo=11 de abril de 2016 |urlmorta=si }}</ref>
<ref>{{cita libro|título=La Coruña. Desarrollos urbanos 1940/2000. Catálogo|apelidos=Ordeig Corsini|nome=José María|data=2009|editorial=Universidade de Navarra}}</ref>
 
Liña 323:
A comezos do [[século XX]], A Coruña contaba cuns 45.000 habitantes, que se multiplicaron até os 100.000 despois da [[guerra civil española]]. A partir da década de [[1960]], recobrou a iniciativa empresarial que perdera desde comezos de século da man do gran promotor da cidade, [[Pedro Barrié de la Maza]] ([[Banco Pastor]], [[Fenosa (1942)|Fenosa]], Aluminios de Galicia, Genosa, Emesa etc.); obtivéronse tamén a [[refinaría de petróleo]] e algúns dos primeiros ''[[Polo de Desenvolvemento|Polos de Desenvolvemento]]''.
 
Xa na democracia, aprobouse o [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981|Estatuto de Autonomía de Galicia]] en [[1981]], co que A Coruña perdeu a capitalidade de Galicia, que mantiña desde [[1563]],<ref name="manifestación">[{{Cita web |url=http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/06/07/5875481.shtml?idioma=galego |título=La Voz de Galicia. A manifestación máis multitudinaria da historia coruñesa cumpre 25 anos] |data-acceso=26/10/2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110816040601/http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/06/07/5875481.shtml?idioma=galego |dataarquivo=16/08/2011 |urlmorta=si }}</ref> en beneficio de [[Santiago de Compostela]], feito que provocou a manifestación de protesta máis multitudinaria da historia da cidade.<ref name="manifestación"/>
 
Desde [[1983]] ata [[2006]] foi alcalde [[Francisco Vázquez Vázquez]], que acometeu unha renovación da súa fisionomía e a conversión nunha cidade de servizos, pero tamén contou con críticas pola súa falta de respecto á lingua galega e pola súa actuación urbanística. Nesta etapa construíronse o [[Paseo marítimo da Coruña|paseo marítimo]], a [[Casa das Ciencias]], a [[Casa do Home]] ou a [[Aquarium Finisterrae|Casa dos Peixes]], entre outros. O [[20 de xaneiro]] de [[2006]] o Consello de Ministros nomeou a Paco Vázquez embaixador no [[Vaticano]], co cal tivo que deixar o seu posto de alcalde. Despois da súa renuncia o novo alcalde foi [[Francisco Javier Losada de Azpiazu|Javier Losada]].
Liña 357:
A Coruña conta cunha rede de [[Mercado municipal|mercados municipais]] formada por oito instalacións espalladas por distintos barrios:<ref>[http://www.coruna.es/servlet/Satellite?pagename=CorunaPortal/Page/Generico-Page-Generica&cid=1421029068442&argIdioma=gl&itemID=1144274709565&itemType=Entidad Mercados municipais]</ref> [[Mercado Municipal de Santo Agostiño|Santo Agostiño]] (na Pescadería), Santa Lucía, Conchiñas ([[A Agra do Orzán, A Coruña|Agra do Orzán]]), [[Ramón Cabanillas]] ([[Mallos]]), [[Monte Alto, A Coruña|Monte Alto]], [[Palavea, Elviña, A Coruña|Palavea]], [[Elviña, A Coruña|Elviña]] e [[Eusebio da Guarda]] ([[Ensanche da Coruña|Ensanche]]). Estes dous últimos foron rehabilitados e convertidos ademais en centros comerciais. A materia prima que surte estes Mercados é especialmente o [[peixe]] e o [[marisco]], traído diariamente das poxas de Pescado Fresco que ten lugar nas [[Lonxas do Porto da Coruña]].
 
A zona dos arredores da praza de [[Catro Camiños (A Coruña)|Catro Camiños]] ten tamén grande importancia comercial, xa que as primeiras grandes superficies comerciais da cidade se asentaron neste barrio a mediados dos [[década de 1980|anos 80]].<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2008/02/12/0003_6559635.htm Un camino iniciado por Carrefour y Alcampo en 1985 que llegó a Carballo siete años después]</ref> O centro comercial, aberto en 1987,<ref>[{{Cita web |url=http://www.guiadeprensa.com/empresas/centro_comercial_cuatro_caminos |título=Guía de empresas] |data-acceso=28 de decembro de 2015 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160107150120/http://www.guiadeprensa.com/empresas/centro_comercial_cuatro_caminos |dataarquivo=07 de xaneiro de 2016 |urlmorta=si }}</ref> foi o primeiro da cidade. En 1996 abriu o centro comercial Los Rosales.<ref>{{cita publicación periódica|url=http://www.raco.cat/index.php/treballsscgeografia/article/viewFile/184551/237829|lingua=castelán|dataacceso=28 de decembro de 2015|revista=Treballs de la Societat Catalana de Geografia|número=45|volume=XII|nome=Luis Alfonso|apelidos=Escudero Gómez|título=Los centros comerciales de A Coruña, nuevos lugares de ocio y de compra}}</ref>
 
A principios do século XXI ampliouse o número de grandes centros comerciais coas inauguracións de Dolce Vita (2008)<ref>[http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2008/10/08/centro-comercial-dolce-vita-ultima-detalles-apertura/227168.html El centro comercial Dolce Vita ultima los detalles para su apertura]</ref> e [[Espacio Coruña]] (2009)<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2009/09/15/0003_7972029.htm La ciudad sumará con Espacio Coruña su décimo centro comercial]</ref> En 2011 inaugurouse [[Marineda City]], que foi o centro comercial máis grande de [[España]].<ref>[http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2011/04/13/marineda-city-abre-puertas/486365.html Marineda City abre puertas]</ref> Porén, Dolce Vita pechou as súas portas en 2014.<ref>[http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/01/21/galicia/1390310544_241647.html Cierra el segundo centro comercial más grande de A Coruña]</ref> No centro da cidade sitúase Los Cantones Village,<ref>[http://www.loscantonesvillage.es/ Los Cantones Village]</ref> antes El Puerto Centro de Ocio,<ref>[http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=259436025 El Puerto Centro Comercial y de Ocio]</ref> que sufriu diferentes reformas.<ref>[http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2015/07/04/centro-ocio-abrira-mar/973019.html El centro de ocio se abrirá al mar]</ref> Hai ademais outros centros máis pequenos como as galerías do barrio das Durmideiras, Torre Trébol, Torre dos Mestres, Catro Camiños, Ramón y Cajal ou as máis modernas do Bulevar del Papagayo.<ref>[https://www.coruna.es/servlet/Satellite?pagename=CorunaPortal/Page/Generico-Page-Generica&cid=1418610539073&argIdioma=gl Centros comerciais]</ref>
Liña 423:
Existe asemade outra pequena estación na parroquia de [[Elviña, A Coruña|Elviña]], chamada [[Estación de Elviña - Universidade|Elviña-Universidade]], que da servizo á [[Universidade da Coruña]] e a devandita parroquia; e unha estación de mercadorías que serve ó [[Porto da Coruña|porto]], chamada [[Estación da Coruña - San Diego|estación de San Diego]]. As principais actividades desta última son a exportación de [[madeira]]s, [[ferro]], [[cinc]], [[carbón]] e [[contedor]]es procedentes do [[Porto da Coruña|porto]].
 
Está en proxecto unha [[estación intermodal]] a modo de intercambiador, que concentre ademais ós buses interurbanos e que contaría tamén cunha parada de metro lixeiro<ref>[{{Cita web |url=http://www.coruna.es/gl/medioambiente/030604proy.jsp |título=Proxecto da estación Intermodal da Coruña] |data-acceso=24 de marzo de 2008 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080420115715/http://www.coruna.es/gl/medioambiente/030604proy.jsp |dataarquivo=20 de abril de 2008 |urlmorta=si }}</ref>.
 
Ademais o concello está levando a cabo un proxecto xunto coa [[Xunta de Galicia|Xunta]] e os concellos limítrofes para crear o servizo de [[Proximidades Renfe]] da cidade, que conectará cos principais núcleos de poboación da zona.
Liña 432:
[[Ficheiro:Vts coruña.jpg|miniatura|[[Torre de control marítimo da Coruña|Torre de control]] do Porto.]]
 
A vía marítima está fortemente consolidada nesta metrópole. O porto sufriu varias ampliacións e procesos de modernización e ademais construíuse un porto exterior no oeste da cidade, en [[punta Langosteira]], para aumentar a súa capacidade. O novo porto iniciou o seu funcionamento en 2012.<ref>{{cita web|url=http://www.atlantico.net/articulo/galicia/blue-marlin-inicia-transporte-canberra-coruna-melbourne/20120818111209190441.html|dataacceso=27 de novembro de 2015|título=El 'Blue Marlin' inicia el transporte del 'Canberra' de A Coruña a Melbourne|lingua=castelán}}</ref> O [[Porto da Coruña]], matrícula de provincia marítima '''CO''', é un dos motores económicos da cidade, con seis quilómetros de peiraos e preto de un millón de metros cadrados de superficie marítima e terrestre. Conta cun sector acondicionado para desembarcar graneis sólidos (carbón, coke) e contedores. É o segundo de España en canto a pesca fresca desembarcada, só despois do de [[Vigo]], con 43.108 toneladas no 2009. No ano [[2009]] movéronse 1&nbsp;460&nbsp;316 toneladas de mercadorías no porto, o que supón un decremento total do -13,31% respecto o [[2008]], o que o converte no segundo porto de mercadorías de Galicia, tras o de Vigo, con 3&nbsp;073&nbsp;507 toneladas, e seguido de preto por Ferrol-San Cibrao (562.555 toneladas).<ref>[http://www.puertos.es/es/estadisticas/estadistica_mensual/index.html Estatísticas de tráfico portuario] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20100630222119/http://www.puertos.es/es/estadisticas/estadistica_mensual/index.html |date=30 de xuño de 2010 }}, Puertos del Estado.</ref> Este tráfico está dividido en:
 
* Graneis líquidos, con 6&nbsp;820&nbsp;497 toneladas no 2009. Destaca o crecemento en Petróleo Cru, e o descenso en gasolinas, debido á forza da divisa europea que dificulta as exportacións no sector.
Liña 460:
A cidade tamén conta cunha gran rede de autobuses, a máis tupida de [[España]], xa que ningún habitante se atopa a máis de 300 metros dunha parada. Conta con 24 liñas de autobús, explotadas pola [[Compañía de Tranvías da Coruña]].<ref>[http://www.tranviascoruna.com/gl/ Compañía de Tranvías da Coruña]</ref> Os autobuses levan [[GPS]], nas paradas máis importantes hai paneis onde se informa dos minutos que hai que agardar para o próximo bus, tamén consultable vía móbil.<ref>[http://www.tranviascoruna.com/gl/ Posición dos buses e tempo de espera en cada parada]</ref><ref>[http://www.tranviascoruna.com/gl/ Tranvías da Coruña, posición dos buses e horarios]</ref>
 
A recuperación do [[tranvía]] urbano circundando o extenso [[Paseo marítimo da Coruña|paseo marítimo]] da cidade, pretendeu crear unha infraestrutura ferroviaria básica para a consolidación dunha rede de [[Metro Lixeiro]]<ref>[{{Cita web |url=http://www.coruna.es/gl/medioambiente/030603metro.jsp |título=Proxecto do Metro Lixeiro da cidade da Coruña] |data-acceso=24 de marzo de 2008 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080420071438/http://www.coruna.es/gl/medioambiente/030603metro.jsp |dataarquivo=20 de abril de 2008 |urlmorta=si }}</ref> a medio prazo, con 3 liñas proxectadas: Monte Alto-Universidade, [[Os Rosales, Visma, A Coruña|Os Rosales]]-[[Praza de Pontevedra (A Coruña)|Praza de Pontevedra]], e outra circular con dúas ramificacións —a actual do tranvía coa súa extensión e a liña Los Rosales/centro intermodal. O proxecto inicial foi trocado por un tranvía turístico que só operaba os meses do verán e que dende entón foi perdendo frecuencias e extensión para estar limitado ao percorrido dende as cocheiras de Monte Alto ata Riazor. O servizo foi suprimido en xullo de 2011.<ref>[http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2015/04/03/ayuntamiento-aplaza-reinicio-tranvia-obras/943052.html El Ayuntamiento aplaza el reinicio del tranvía hasta el fin de las obras previstas en el paseo]</ref><ref>[https://www.coruna.es/servlet/Satellite?itemID=1149056110215&pagename=CorunaPortal%2FPage%2FGenerico-Page-Generica&itemType=Entidad&cid=1283931722651&argIdioma=gl Tranvía turístico (suspendido o servizo ata novo aviso)]</ref>
 
==== Servizos municipais ====
Liña 490:
En Galicia, no estado español e na [[Unión Europea]] a única denominación oficial é A Coruña, independentemente da lingua empregada.
 
O [[21 de decembro]] de [[1989]] o [[Tribunal Constitucional]] ditaminou que a aprobación da alteración ou cambio de nome dos concellos é a típica competencia de execución en materia de réxime local que, conforme co marco constitucional de distribución de competencias, os Estatutos de [[Galicia]] e de [[Cataluña]] atribúen ás súas respectivas Comunidades Autónomas. O [[2 de novembro]] de [[2004]] o Concello da Coruña aprobou a cooficialidade da forma ''La Coruña'' amparándose na [[Lei de Grandes Cidades de España|Lei de grandes cidades]]. No outono de [[2005]] o [[Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]] declarou nulos estes acordos do concello sobre toponimia<ref>[{{Cita web |url=http://www.lexureditorial.com/noticias/0502/28143816.htm |título=Véxase a resolución do Tribunal Superior de Xustiza sobre o topónimo] |data-acceso=24 de marzo de 2008 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080503123547/http://www.lexureditorial.com/noticias/0502/28143816.htm |dataarquivo=03 de maio de 2008 |urlmorta=si }}</ref>.
 
Finalmente, o Concello da Coruña decidiu adoptar o topónimo A Coruña para tódalas xestións e como nome oficial da cidade, abandonando así os seus intentos de conservar o topónimo en [[lingua castelá|castelán]]<ref>{{Cita web|url=http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008070800_4_240329__Galicia-Concello-abandona-batalla-judicial|título=El Ayuntamiento renuncia a la vía judicial para defender el topónimo "La Coruña" |obra= [[Faro de Vigo]]|data=8 de xullo de 2008 | lingua= español}}</ref>.
Liña 535:
[[Ficheiro:Paseo martítimo de la marina.jpg|220px|miniatura|esquerda|Paseo marítimo.]]
[[Ficheiro:Ascensor del Monte San Pedro.001 - A Coruña.jpg|miniatura|dereita|220px|[[Ascensor panorámico do Monte de San Pedro]].]]
A Coruña conta co paseo marítimo urbano máis longo de [[Europa]]<ref>[http://www.xornal.com/article.php3?sid=20071213161648 Artigo do xornal ''O Xornal'' sobre o Paseo Marítimo da Coruña]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref>, con preto de 10 quilómetros continuos á beira do mar. Cando se termine medirá máis de 13 quilómetros. O paseo marítimo pasa por moitos lugares de interese na cidade, como a [[Casa do Home]], a [[Casa dos Peixes]], a [[Torre de Hércules]] ou o [[Castelo de Santo Antón]], podéndose percorrer a pé, automóbil, bicicleta ou tranvía.
 
A apertura do último tramo do paseo marítimo revelou unha cara descoñecida da cidade, que permite admirar camiñando a forza e inmensidade do [[océano Atlántico]]. Cómpre destacar o [[Ascensor panorámico do Monte de San Pedro]]. Os seguintes tramos en construción e proxección traspasan xa os límites do concello da Coruña, transformando zonas en espazos de esparexemento e ocio.
Liña 554:
==== Música e danza ====
[[Ficheiro:P1110418 Coliseum A Coruña.JPG|miniatura|O [[Coliseum da Coruña|Coliseum]], onde se organizan diferentes espectáculos da cidade.]]
A cidade da Coruña é un dos principais centros musicais de Galicia. Nela atópanse algunhas das máis importantes institucións musicais galegas, entre as cales destaca a sede (no [[Palacio da Ópera da Coruña|Palacio da Ópera]]) da [[Orquestra Sinfónica de Galicia]], creada en [[1992]] polo Concello da Coruña.<ref>{{cita web|título=Biografía y profesores|url=http://www.sinfonicadegalicia.com/biografia-y-profesores/|dataacceso=27 de novembro de 2015|lingua=castelán}}</ref> Outra institución destacada na cidade é a [[Coral Polifónica El Eco]], fundada en [[1881]] por [[Pascual Veiga]], que é a coral en activo máis antiga da [[Península Ibérica]].<ref>{{cita web|título= Coral Polifónica “El Eco”|url= http://fundacionorfeo.com/corosdeespana/2012/galicia/a-coruna/coral-polifonica-el-eco/|editor= Coros de Espana|dataacceso= 16 de novembro de 2013|urlarquivo= https://web.archive.org/web/20150610211015/http://fundacionorfeo.com/corosdeespana/2012/galicia/a-coruna/coral-polifonica-el-eco/|dataarquivo= 10 de xuño de 2015|urlmorta= si}}</ref> Outras orquestras e agrupacións na cidade son a [[Banda de Música Municipal da Coruña]] (con concertos regulares), a [[Orquestra de Cámara Galega]] (fundada en [[1995]]), ou a [[Orquestra Gaos]] (fundada en 2009).<ref>{{cita novas|título=La Orquesta Gaos y el coro han demostrado en cinco años que son un proyecto serio|lingua=castelán|dataacceso=27 de novembro de 2015|xornal=La Opinión de A Coruña|url=http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2014/06/25/orquesta-gaos-coro-han-demostrado/854085.html|data=25 de xuño de 2014|nome=Iván|apelidos=Aguiar}}</ref>
 
No que fai referencia ao ensino musical, na Coruña atópase un dos dous Conservatorios Superiores de Música que existen en Galicia, o [[COSMAC]] (Conservatorio Superior de Música da Coruña), que conta coas diferentes especialidades de interpretación musical nos distintos instrumentos empregados na música académica, composición, pedagoxía musical e [[jazz]] (xénero de tradición nos últimos anos na cidade<ref>{{cita web|título=El Filloa Jazz Club de A Coruña cumple 32 años de historia|data=18 de decembro de 2012|url=http://www.club1906.com/es/noticias/mostrar/idnoticia/813?hide_video=true&mayor=1|editor=Club 1906|dataacceso=8 de decembro de 2013|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20131214065702/http://www.club1906.com/es/noticias/mostrar/idnoticia/813?hide_video=true&mayor=1|dataarquivo=14 de decembro de 2013|urlmorta=si}}{{es}}</ref><ref>{{cita web|título=El jazz gallego coge poso|data=27 de xaneiro de 2008|autor=Paola Obelleiro|url=http://elpais.com/diario/2008/01/27/galicia/1201432699_850215.html|editor=El País|dataacceso=8 de decembro de 2013}}{{es}}</ref>). Amais do COSMAC, A Coruña conta cun Conservatorio Profesional de Música e unha Escola de Música Municipal fundada en 1998,<ref>{{cita web|título=EMM|dataacceso=27 de novembro de 2015|url=https://www.coruna.es/servlet/Satellite?c=Page&pagename=EMM%2FPage%2FGenerico-Page-Generica&cid=1300351548188&argIdioma=gl|páxina-web=Concello da Coruña}}</ref> e tamén con diversas institucións e escolas de ensino musical privadas como o [[Conservatorio do Colexio Liceo La Paz]].
 
Na cidade da Coruña hai oferta de festivais musicais ao longo do ano, como a Temporada Lírica,<ref>{{cita web|título=Gala Lírica 2014-2014|url=http://www.coruna.es/servlet/Satellite?c=Page&cid=1322782064351&itemID=1402017265154&itemType=Suceso&pagename=cultura%2FPage%2FGenerico-Page-Generica|dataacceso=27 de novembro de 2015|páxina-web=Concello da Coruña}}</ref> sucesora do [[Festival Mozart]] (desaparecido en 2014)<ref>{{cita novas|dataacceso=27 de novembro de 2015|lingua=castelán|url=http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2014/05/03/sinfonica-busca-alternativa-desaparicion-festival/837114.html|título=La Sinfónica busca una alternativa a la desaparición del Festival Mozart|nome=Manuel|apelidos=Varela|xornal=La Opinión de A Coruña|data=3 de maio de 2014}}</ref> e do [[Festival de Ópera da Coruña]],<ref>{{cita web|título=A Coruña estrena la temporada lírica de Amigos de la Ópera y la Orquesta Sinfónica de Galicia con cinco óperas, un ciclo de grandes cantantes y un proyecto didáctico|lingua=castelán|dataacceso=27 de novembro de 2015|url=http://www.sinfonicadegalicia.com/a-coruna-estrena-la-temporada-lirica-de-amigos-de-la-opera-y-la-orquesta-sinfonica-de-galicia-con-cinco-operas-un-ciclo-de-grandes-cantantes-y-un-proyecto-didactico/|páxina-web=Orquestra Sinfónica de Galicia}}</ref> ou o [[Noroeste Pop Rock]].<ref>{{cita novas|título=El Noroeste Pop Rock pasará de dos a cinco días y se repartirá entre la playa y la ciudad|lingua=castelán|dataacceso=27 de novembro de 2015|xornal=La Opinión de A Coruña|url=http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2015/07/09/noroeste-pop-rock-pasara-cinco/974459.html|nome=Miguel|apelidos=Rodríguez|data=9 de xullo de 2015}}</ref> O [[Ciclo de Jazz da Fundación Barrié]] tivo dezasete edicións, entre 1995 e 2012.<ref>{{cita web|título=Ciclos de Jazz|páxina-web=Fundación Barrié|url=http://www.fundacionbarrie.org/gl/actividades/ciclos-de-jazz|dataacceso=27 de novembro de 2015|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20151208133130/http://www.fundacionbarrie.org/gl/actividades/ciclos-de-jazz|dataarquivo=08 de decembro de 2015|urlmorta=si}}</ref> A Coruña tamén foi sede de xiras internacionais no recinto do [[Coliseum da Coruña|Coliseum]],<ref>{{cita novas|lingua=es|url=http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2015/10/25/memoria-coliseum/1007317.html|dataacceso=27 de novembro de 2015|título=La memoria del Coliseum|xornal=La Opinión de A Coruña|data=25 de outubro de 2015|nome=Gemma|apelidos=Malvido}}</ref> no pavillón do [[Pazo dos Deportes de Riazor|Pazo dos Deportes]]<ref>{{cita web|título=Tina Turner en Coruña - Octubre de 1990|páxina-web=TodoMúsica&Más|nome=Nonito|apelidos=Pereira|dataacceso=27 de novembro de 2015|url=http://nitope.blogspot.com.es/2014/10/tina-turner-en-coruna-octubre-1990.html}}</ref> ou no [[estadio de Riazor]].<ref>{{cita novas|xornal=El País|título=El 'Concierto de los mil años' fue como un curso de verano de rock en vivo|data=12 de xullo de 1993|dataacceso=27 de novembro de 2015|lingua=castelán|nome=Ignacio|apelidos=Sáenz de Tejada|url=http://elpais.com/diario/1993/07/12/cultura/742428017_850215.html}}</ref>
 
[[Ficheiro:Palacio da Ópera (A Coruña).jpg|miniatura|esquerda|220px|[[Palacio da Ópera da Coruña|Palacio da Ópera]].]]
Liña 570:
Cómpre salientar tamén o [[Festival Manicómicos]], un festival de teatro cómico impulsado pola [[Asociación Cultural Manicómicos]],<ref>[http://manicomicos.org/?page_id=15 Festival manicómicos]</ref> e outras compañías como Teatro del Andamio.<ref>[http://www.teatrodelandamio.com/ Teatro del Andamio]</ref>
 
A Coruña conta cos cines [[Yelmo Cineplex Los Rosales]] (13 salas),<ref>[{{Cita web |url=http://www.yelmocines.es/cines-a-coru%C3%B1a/peliculas-en-cartelera-rosales-3d |título=Cine Rosales] |data-acceso=06 de decembro de 2015 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20151204092107/http://www.yelmocines.es/cines-a-coru%C3%B1a/peliculas-en-cartelera-rosales-3d |dataarquivo=04 de decembro de 2015 |urlmorta=si }}</ref><ref>[http://www.paxinasgalegas.es/cines/yelmo-los-rosales-3d-a-coru%C3%B1a-0004.html Páxinas galegas]</ref> [[Espacio Coruña|Yelmo Cines Espacio Coruña]],<ref>[{{Cita web |url=http://www.yelmocines.es/cines-a-coru%C3%B1a/peliculas-en-cartelera-espacio-coruna-3d |título=Cine Espacio Coruña] |data-acceso=06 de decembro de 2015 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20151205144845/http://www.yelmocines.es/cines-a-coru%C3%B1a/peliculas-en-cartelera-espacio-coruna-3d |dataarquivo=05 de decembro de 2015 |urlmorta=si }}</ref><ref>[http://www.paxinasgalegas.es/cines/yelmo-cines-espacio-coru%C3%B1a-3d-a-coru%C3%B1a-0005.html Páxinas galegas]</ref> [[Marineda City|Cinesa Marineda City 3D]] (12 salas)<ref>[http://www.cinesa.es/Cines/Marineda-City Cinesa]</ref><ref>[http://www.paxinasgalegas.es/cines/cinesa-marineda-city-3d-a-coru%C3%B1a-0042.html Páxinas galegas]</ref> e [[Los Cantones Village|Cantones Cines]]<ref>{{cita web|url=http://www.cantonescines.com/|dataacceso=6 de decembro de 2015|título=Cantones Cines}}</ref><ref>[http://www.paxinasgalegas.es/cines/cantones-cines-3d-a-coru%C3%B1a-0010.html Páxinas galegas]</ref> situados en centros comerciais, ademais das dúas salas do [[Fórum Metropolitano]]<ref name=forum/> e a do [[Centro Galego de Artes da Imaxe]].
 
==== Festas e celebracións ====
Liña 606:
A cidade da Coruña está irmandada coas seguintes cidades:
 
* {{ESPb}} '''[[Cádiz]]''', [[España]]:<ref>{{cita novas|xornal=[[La Voz de Galicia]]|lingua=castelán|dataacceso=24 de outubro de 2015|url=http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/03/04/3518069.shtml?idioma=galego|data=4 de marzo de 2005|título=A Coruña se hermanará con Cádiz la víspera del Día de la Pepa|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160311230456/http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/03/04/3518069.shtml?idioma=galego|dataarquivo=11/03/2016|urlmorta=si}}</ref> As similitudes entre A Coruña e [[Cádiz]] son moitas e van desde os comezos da civilización ata os nosos días. Ambas as cidades están situadas nunha península, foron colonizadas por [[Roma]] e son defendidas por un castelo. Foron desde o [[século XIX]] dous grandes bastións do [[liberalismo]] e máis tarde do [[republicanismo]] español da época. Ademais, ambas foron asistentes a dúas grandes batallas das [[guerras napoleónicas]], Cádiz coa [[batalla de Trafalgar]] ([[1805]]) e A Coruña coa [[batalla de Elviña]] ([[1808]]), ambas as derrotas das forzas españolas e aliadas.
* {{VENb}} '''[[Caracas]]''', [[Venezuela]]<ref name=Irmandamento>[http://www.igadi.org/ti/005/os_irmanamentos_dos_concellos_de_galicia.htm Os irmanamentos dos concellos en Galicia].</ref>
* {{FRAb}} '''[[Brest, Bretaña|Brest]]''', [[Francia]]<ref name=mueve>{{cita publicación periódica|dataacceso=24 de outubro de 2015|páxina=67|url=http://www.turismocoruna.com/media/documentos/corunasemueve_revista5.pdf|título=Sabías que?|xornal=#Coruña se mueve|data=setembro/outubro de 2013|número=5|editorial=Turismo Coruña}}</ref>
Liña 630:
Outro deporte moi relacionado coa cidade é o [[hóckey a patíns]]. O [[H.C. Liceo|Hockey Club Liceo]] é o club deportivo máis laureado de [[Galicia]],<ref>[http://www.turismocoruna.com/web/corTurServer.php?idSecweb=253&idInfo=113&id_secPadre=217&idCategoria=198&idSecDescendencia=248 Liceo Caixa Galicia]</ref> con 16 títulos nacionais (7 [[OK Liga|Ligas]] e 9 [[Copa do Rei de hóckey a patíns|Copas do Rei]]) e 22 títulos internacionais (6 [[Copa de Europa de hóckey sobre patíns|Copas de Europa]], 3 [[Copa CERS|Copas CERS]], 2 [[Recopa de Europa de hóckey sobre patíns|Recopas de Europa]], 6 [[Supercopa de Europa de hóckey sobre patíns|Copas Continentais]] e 5 [[Copa Intercontinental de hóckey a patíns|Copas Intercontinentais]]).
 
Outro equipo destacado é o histórico [[A.A. Dominicos]] (gañador da [[Copa do Rei de hóckey a patíns|Copa do Rei]] en 1990 e que durante moitas tempadas competiu na máxima categoría) que participa na [[Primeira División estatal de hóckey a patíns|segunda categoría]] do hóckey a patíns español.<ref>[{{Cita web |url=http://www.clubdominicos.es/a1%C2%AA-division-naciona/calendario-liga/ |título=Calendario de Liga 2014-2015] |data-acceso=14 de decembro de 2015 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20151222152001/http://www.clubdominicos.es/a1%C2%AA-division-naciona/calendario-liga/ |dataarquivo=22 de decembro de 2015 |urlmorta=si }}</ref> O [[HC Borbolla]] de Monte Alto que compite na Primeira División Galega, xogou na [[Primeira División estatal de hóckey a patíns|división de prata]] na tempada [[2010]]-[[2011|11]].
 
=== Outros deportes ===