Factor X: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 29:
O '''factor X''' (factor dez) de coagulación, tamén chamado '''factor de Stuart–Prower''', é un [[encima]] ({{EC number|3.4.21.6}}) da [[coagulación do sangue|fervenza de coagulación]] do [[sangue]]. É unha [[Serina protease|serina endopeptidase]] (protease do grupo S1, [[clan PA]]). O factor X é sintetizado no [[fígado]] e require [[vitamina K]] para a súa síntese.
 
O factor X é activado por [[hidrólise]] dando lugar ao factor Xa por acción do [[factor IX]] (co seu cofactor o [[factor VIII]] nun complexo chamado ''Xase intrínseca'' ou ''tenase intrínseca'') ou polo [[factor VII]] (co seu cofactor [[factor tisular]], formando un complexo chamado ''Xase extrínseca'' ou ''tenase extrínseca''). É, por tanto, o primeiro membro da ''vía común final'' ou ''vía da trombina'' da coagulación.
 
Actúa clivando a [[protrombina]] en dous sitios (un [[enlace peptídico|enlace]] [[arxinina|Arg]]-[[treonina|Thr]] e outro [[arxinina|Arg]]-[[isoleucina|Ile]]), orixinando a [[trombina]] activa. Este proceso está optimizado cando o factor Xa está en acomplexado co [[factor V|cofactor V]] activado no complexo da [[protrombinase]].