Diferenzas entre revisións de «Factor X»

Un novo modelo chamado modelo de anticoagulación baseado na célula parece explicar mellor todos os pasos da coagulación. Este modelo consta de tres etapas: 1) iniciación da coagulación en células que teñen o factor tisular (TF), 2) amplificación do sinal procoagulante pola trombina xerada nas células que teñen TF e 3) propagación da xeración de trombina na superficie das [[plaqueta]]s. O factor Xa xoga un papel clave nas tres etapas.<ref name="HOCNA">{{cite journal | vauthors = Hoffman M, Monroe DM | title = Coagulation 2006: a modern view of hemostasis | journal = Hematology/Oncology Clinics of North America | volume = 21 | issue = 1 | pages = 1–11 | date = February 2007 | pmid = 17258114 | doi = 10.1016/j.hoc.2006.11.004 }}</ref>
 
Na etapa 1, o [[factor VII]] únese á [[proteína transmembrana]] TF na superficie das células e é convertido no factor VIIa. O resultado é un complexo factor VIIa/TF que cataliza a activación do factor X e do [[factor IX]]. O factor Xa formado na superficie da célula que leva o TF interacciona co [[factor V]]a para formar o [[protrombinase|complexo protrombinase]], que xera pequenas cantidades de trombina na duperficiesuperficie das células que levan TF.
 
Na etapa 2, que é a etapa de amplificación, se se xerou unha cantidade dabondo de trombina, entón ten lugar a activación dadas plaquetas e os cofactores asociados ás plaquetas.
 
Na etapa 3 ou de xeración da trombina, o [[factor XI]]a activa o factor IX libre sobre a superficie de plaquetas activadas. O factor IXa activado co [[factor VIII]]a forma o [[tenase|complexo "tenase"]] (do inglés ''ten'', 'dez', xa que activa o factor X). Este complexo "tenase" activa máis factor X, o cal, á súa vez, forma novos complexos protrombinase co factor Va. O factor Xa é o principal compoñente do complexo protrombinase, que converte grandes cantidades de protrombina (a chamada "explosión de trombina"). Cada molécula do factor Xa pode serar mil moléculas de trombina. Esta grande explosión de trombina é a responsable da [[polimerización]] da [[fibrina]] para formar un [[trombo]].
193.826

edicións