Mundial de Fútbol de 2006: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 44:
[[Diego Armando Maradona]] declarou o [[4 de abril]] de [[2006]] que consideraba a [[Selección de fútbol do Brasil|Brasil]] como principal favorita, lugar que non lle atribuía a [[Selección de fútbol da Arxentina|Arxentina]]. Nas súas palabras: "''Se non fora Brasil, despois vén Inglaterra, Italia e Alemaña''"
 
[[Pelé]], cando lle preguntaron sobre cal sería o favorito na súa opinión, preferiu calar, por ter errado tódalas veces que se pronunciou sobre a selección favorita: en [[1994]], dixo que sería a [[Selección de fútbol de Colombia|Colombia]]; en [[1998]], dixo que a [[Selección de fútbol de España|España]] era o mellor equipo, e o [[Selección de fútbol do Brasil|Brasil]] tiña problemas na defensa; e en [[2002]], debido á mala campaña do Brasil nas eliminatorias, seleccións coma [[Selección de fútbol de Inglaterra|Inglaterra]], [[Selección de fútbol de Portugal|Portugal]], [[Selección de fútbol de Suecia|Suecia]] e [[Selección de fútbol da Arxentina|Arxentina]] eran as súas preferidas. A menos dun mes do torneo, Pelé acabou admitindo que non cría na vitoria do [[Selección de fútbol do Brasil|Brasil]]. Para [[Pelé]], [http://globoesporte.globo.com/ESP/Noticia/0,,AA1197868-5187,00.html os favoritos sempre perden]. Moi criticado no seu país por tal declaración, [[Pelé]] curiosamente atinou: o Brasil acabaría eliminado por [[Seleción nacionalSelección de fútbol de Francia|Francia]] nos cuartos de final.
 
A revista semanal alemá ''Stern'' indicou, nunha sondaxe realizada polo instituto ''Forsa'', que entrevistou a 1000 [[Alemaña|alemáns]], que o 17% dos entrevistados non cría que a súa selección pasara da primeira fase, aínda que o grupo da selección anfitrioa era considerado un grupo "frouxo". A pesar de todo, o pobo [[Alemaña|alemán]] apoia ao técnico pois, de acordo coa mesma sondaxe, o 66% cren que debe permanecer no cargo mesmo si o equipo perde o partido de preparación contra a selección dos [[Estados Unidos de América|EUA]] o [[22 de marzo]], en [[Dortmund]], unha das cidades sede da Copa.