Segunda República Española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 256:
Ante o resultado das eleccións a reacción popular non se fixo esperar. A xente corría a liberar ós presos do 34 sen agardar á amnistía. O Xefe do Estado Maior Central, xeneral [[Franco]], deulle o apoio do exército a [[Manuel Portela Valladares]] para que "non deixara pasar o comunismo". Intentou promover entre algúns militares unha sublevación. Goded tamén tentou sublevar o cuartel da Montaña de Madrid e outros dous xenerais que estiveran en todas as conspiracións contra a República, [[Joaquín Fanjul]] e [[Ángel Rodríguez del Barrio]], sondexaron esa posibilidade. Franco non viu o momento maduro e botouse para atrás, aínda que eses días do 17 ó 19 de febreiro estivo máis preto que nunca de dar un golpe militar. Evitouno a firme actitude de Pozas e do xeneral [[Miguel Núñez de Prado]]. Portela Valladares decidiu dimitir, polo que [[Alcalá-Zamora]] tivo que ordenar a [[Manuel Azaña]] que formase goberno. O día [[19 de febreiro]] Azaña forma o goberno no que inclúe tan só a republicanos de esquerda, decidindo non incluír ningún socialista (aínda que [[Francisco Largo Caballero|Largo Caballero]] xa vetara a participación do [[PSOE]] no novo goberno). Pese o moderado do novo goberno, as dereitas reaccionaron como se fosen os mesmos soviéticos os que alcanzasen o poder.
 
A primeira medida do novo goberno foi a concesión dunha amnistía. Dende o comezo procedeuse a unha restauración das reformas emprendidas no primeiro bienio. Así se restaurou a [[Generalitat de Catalunya]], os concellos socialistas suspendidos dende [[outubro]] de [[1934]] e os concellos vascos suspendidos no verán de [[1934]]. Reactívanse os procesos dos estatutos de autonomía, de tal xeito que o [[1 de outubro]] apróbase o [[Estatuto de Autonomía de Euskadi (1933)|Estatuto de Autonomía de Euskadi]] e en [[febreiro]] de [[1938]]<ref>[{{Cita web |url=http://www.novoestatuto.com/rec.php?id=11&lang=gal |título=O estatuto do 36.] |data-acceso=08 de novembro de 2007 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070905235441/http://www.novoestatuto.com/rec.php?id=11&lang=gal |dataarquivo=05 de setembro de 2007 |urlmorta=si }}</ref> o [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|Estatuto de Autonomía de Galicia]] é admitido a trámite (aínda que non foi discutido nin aprobado).
 
Reanudáronse tamén os traballos do [[Instituto de Reforma Agraria]] e enviáronse ós militares máis proclives ó golpismo lonxe de [[Madrid]].