Reino suevo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
One2 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 160:
 
== Fontes ==
[[Ficheiro:Requiario rey suevo.jpg|miniatura|140px|Estatua de Requiario na fachada leste do piso principal do Palacio Real de Madrid.]]
[[Ficheiro:Sueben.jpg|miniatura|esquerda|Moeda sueva de prata (411-450).]]
[[Ficheiro:Requiario rey suevo.jpg|miniatura|140px|Estatua de Requiario na fachada leste do piso principal do Palacio Real de Madrid.]]
Carecemos de documentos do reino propiamente ditos, diplomas, como na maior parte dos estados xermánicos desta época, pero temos varias fontes cronísticas coetáneas. A fundamental é ''O Cronicón'' de Hidacio onde os suevos ocupan un papel central e malia á visión moi negativa do autor informa de varias circunstancias históricas deles de primeira man. Na ''Historia'' de [[Orosio]], tamén do [[século V]], conta un pouco menos xa que pretende ser unha [[historia do mundo]] pero relata cousas da contorna galega do autor. Xa do [[século VI]] contamos con varias obras de tipo cronístico ([[Xoán de Biclaro]] e [[Isidoro de Sevilla]]), literario ([[Martiño de Dumio|san Martiño]], [[Gregorio de Tours]], Venancio Fortunato) e mesmo as actas (ou semellante) dos tres concilios suevos. Son especialmente valiosas as actas do [[Primeiro Concilio de Braga]] e do [[Segundo Concilio de Braga]] (ambos presididos por san Martiño). Tamén é unha fonte excepcionalmente valiosa sobre a época o [[Parrochiale Suevum|''Parrochiale suevum'']] que é unha organización territorial do reino que deberá formar parte das actas dun suposto concilio en [[Lugo]]. Outras fontes valiosas son as [[numismática]]s. Nas moedas de [[Requiario]] aparece por primeira vez a cara dun rei xermánico no lugar onde ata o momento aparecía o emperador romano. E noutras a lenda ''gallica mvnita'' sinala que o reino era do territorio de Gallaecia superando os estreitos marcos étnicos propios das primeiras monarquías xermánicas.