Desembarco de Alhucemas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Illas Alhucemas
Liña 5:
 
A [[Radio Televisión Española]] realizou, cara a 1980, un valioso filme documental sobre esta importante acción bélica.
== Antecedentes ==
Tras o [[desastre de Annual]], o Exército español era materialmente incapaz de recuperar o territorio perdido. Por iso optouse por unha política de contención orientada a impedir a expansión da zona rebelde, executada mediante accións militares limitadas e de carácter local. Paralelamente, iniciouse a depuración de responsabilidades ([[Expediente Picasso]]), á vez que as forzas políticas, a opinión pública e mesmo o Exército dividíanse entre os partidarios de abandonar o Protectorado e os que avogaban por reiniciar canto antes as operacións militares.
 
En setembro de 1923 prodúcese a insurrección do xeneral [[Miguel Primo de Rivera|Primo de Rivera]]; este, partidario inicial do abandono do Protectorado, en 1924 e tras novos ataques de [[Abd el Krim]] que obrigan a un novo repregamento español ás zonas de Tetuán, Ceuta e Melilla, faise firme partidario de pasar á ofensiva para derrotar ao líder rifeño e restituír a autoridade española no Protectorado.
 
==Notas==