María Lopo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Edén (conversa | contribucións)
detalle
Edén (conversa | contribucións)
Liña 5:
Licenciada en [[filoloxía]] francesa pola [[Universidade de Santiago de Compostela]] e graduada e doutorada en literatura francesa pola Universidade da Alta Bretaña en [[Rennes]], onde deu clase nos anos noventa. Foi profesora de Literatura Francesa da [[Universidade de Santiago de Compostela]] e é profesora numeraria de Francés de IES.
 
En [[Francia]] publicou un estudo sobre o teatro radiofónico de [[Samuel Beckett]] ([[2000]]), e oos librolibros ''[[Guillevic]] et sa Bretagne'' ([[2004]]) e ''Univers Guillevic ([[2017]])'', centradocentrados no poeta bretón [[Guillevic]], no que é especialista. Como investigadora, interesouse sobre todo pola poesía francesa contemporánea e polo celtismo, incluídas as relacións de [[Galicia]] co mundo celta, temas sobre os que publicou numerosos escritos en revistas especializadas e na prensa.
 
Coordinou o monográfico ''Labirintos celtas'' de ''[[Unión Libre]]'' ([[1997]]) e publicou un ensaio xeral sobre o tema identitario, titulado "O lugar", no volume "Indíxenas" dos mesmos cadernos ([[2002]]). Reuniu numerosos escritos en galego, bretón, francés e español na obra ''Ensaios en espiral ''(2014).
Liña 11:
En Galicia ocupouse do estudo e coñecemento das culturas celtas, mentres que en Francia propagou o estudo e coñecemento de Galicia, pois a ela se deben numerosos artigos sobre a mesma en revistas francesas como ''Celtics'', ''Bretagne'' ou ''Cahiers Galiciens-Cadernos Galegos-Kaieroù Galizek'', e tres libros profusamente ilustrados: ''[[Fisterra]]'' ([[1999]]), ''La [[Galice]]'' ([[2002]]) e ''Galice & [[Compostelle]], l'autre [[Finistère]]'' ([[2009]]).
 
Traduciu desde o francés ao galego á poeta bretoa [[Anjela Duval]], a ''Alquimia do verbo'' de [[Rimbaud]], ao cantautor [[Léo Ferré]], á poeta surrealista [[Joyce Mansour]] e ao poeta [[Guillevic]], así como a numerosos poetas galegos ó francés. É autora da antoloxía bilingüe galego-bretoa ''Moito máis que mil anos / Muioc’h kalz eget mil bloaz'' ([[2000]]) de [[Claudio Rodríguez Fer]] e, con Annick Boilève-Guerlet, das traducións ''Viaxes a ti / Voyages à toi'' ([[2008]]) e ''Os amores profundos / Les amours profonds'' ([[2016]]), mentres que con Marianne Equy traduciu ''Diálogos imposibles / Dialogues impossibles'' ([[2018]]), todas obras de Claudio Rodríguez Fer.
 
Forma parte do comité fundacional de ''[[Unión Libre]]. Cadernos de vida e culturas'' e colaborou en numerosos xornais e revistas, como, ademais das xa citadas, ''[[La Voz de Galicia]]'', ''[[Galicia Internacional]]'', ''[[Ínsula (revista)|Ínsula]]'', ''[[Moenia]]'', ''[[Serta]]'', ''[[Boletín Galego de Literatura]]'' ou ''[[Clave Orión]]''.
 
Especialista na actriz exiliada galega [[María Casares]], publicou en 2008 ''Cartas no exilio. Correspondencia entre Santiago Casares Quiroga e María Casares (1946-1949)'' e en 2016 ''O tempo das mareas. María Casares e Galicia''. Ademais, a súa obra teatral ''O meu nome é María Casares'' ([[Unión Libre]], núm. 13, Sada, Ediciós do Castro [[2007]]) foi adaptada en [[2008]] polo grupo Sarabela Teatro co título de ''María Casares. A vida triunfante'', con dirección e dramaturxia de Ánxeles Cuña Bóveda, representándose en diversas cidades de Galicia e en París.
 
== Obra ==
* ''O tempo das mareas. María Casares e Galicia'' (2016), Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega.