Espirilo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web
Recuperando 1 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 1:
::''Esta páxina trata das bacterias con forma espiral. Para o xénero bacteriano ver ''[[Spirillum]]''.''
[[Ficheiro:Spirillen.jpg|300px|miniatura|dereita|Espirilos.]]
Os '''espirilos''' son bacterias de forma espiral. Son un dos grandes tipos morfolóxicos de bacterias, xunto cos [[coco]]s, [[bacilo]]s e [[vibrio]]s. Os espirilos son [[Proteobacteria]]s, e poden encontrarse algunhas especies de espirilos en todos os grandes grupos proteobacterianos: [[Alfaproteobacterias]], [[Betaproteobacterias]], [[Gammaproteobacterias]], [[Deltaproteobacterias]], e [[Epsilonproteobacterias]].<ref name=Brock>M. T. Madigan, J. M. Martinko, J. Parker. Brock Biología de los Microorganismos. 10ª edición. (2003). Pearson Prentice Hall. Páxinas 383-386. ISBN 84-205-3679-2.</ref> Inicialmente os espirilos foron clasificados no xénero ''[[Spirillum]]'', que foi un dos primeiros xéneros de [[procariota]]s que se crearon, xa no [[século XIX]], por Ehrenberg en 1832. ''Spirillum'' chegou a ter moitas especies, pero despois foron reclasificadas noutros xéneros<ref name=Krieg>Krieg, Noel R. 1976. "Biology of the chemoheterotrophic spirilla." Bacteriological Reviews, vol. 40, no. 1. American Society for Microbiology. Páxinas 55-115 [http://pubmedcentralcanada.ca/pmcc/articles/PMC413939/pdf/bactrev00051-0061.pdf]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref>, e hoxe nas listas da [[LPSN]] ''Spirillum'' só ten dúas especies.<ref>Xénero ''Spirilum'' {{Cita web| url=http://www.bacterio.cict.fr/s/spirillum.html|title=LPSN List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature|author=J.P. Euzéby|data-acceso=11 de xaneiro de 2013|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120603183259/http://www.bacterio.cict.fr/s/spirillum.html|dataarquivo=03 de xuño de 2012|urlmorta=si}}</ref>
 
A curvatura espiral dos espirilos pode variar desde só unha volta completa (ao que os fai parecerse aos [[vibrio]]s) ata moitas voltas (o que fai que se parezan ás [[espiroqueta]]s). Nunca teñen endoflaxelos como as espiroquetas, as cales teñen forma de sacarrollas con voltas máis apertadas ca as dos espirilos e máis flexibilidade. Os espirilos, á parte da súa forma espiral e de que son [[Gram negativa|gramnegativos]] e a maioría móbiles e [[flaxelo#Flaxelo bacteriano|flaxelados]], con frecuencia con penachos de flaxelos, teñen gran variedade de características metabólicas e formas de vida. Hainos [[patóxeno]]s, [[simbiose|simbiontes]] e de vida libre e están distribuídos amplamente en medios acuáticos. Poden ser aerobios estritos ou facultativos ou microaerófilos, fermentativos ou [[fixación do nitróxeno|fixadores de nitróxeno]].<ref name=Brock/>