Diferenzas entre revisións de «Corporación de Radio e Televisión de Galicia»

Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9))
 
== Historia ==
O primeiro goberno galego xurdido dunhas eleccións autonómicas en 1981 estaba dividido acerca da constitución dun medio público galego que entre outras cousas favorecera a normalización da [[lingua galega]], dunha banda o conselleiro da Presidencia, [[Xosé Luís Barreiro Rivas]], era o principal impulsor do proxecto e da outra o vicepresidente [[José Manuel Romay Beccaría]] era totalmente contrario preferindo unha política de axuda aos medios privados. Cando Romay Beccaria deixou o goberno galego, Barreiro comezou a redactar a Lei de Radio e Televisión que conduciu á creación da CRTVG aínda que se mantivo a oposición dun sector de AP; na oposición o PSOE tamén estaba dividido xa que os catro deputados independentes galeguistas que concorreron polas listas socialistas estaban a favor da súa creación mentres o PSOE mantiña unha política ambigua, tan só os nacionalistas do [[BNPG]]-[[PSG]] e [[EG]] estaban totalmente a favor da súa creación. O [[11 de xullo]] de [[1984]] aprobouse a Lei de Creación da Compañía de Radio-Televisión de Galicia<ref>[{{Cita web |url=http://www.crtvg.es/CRTVG/Docs/Lei_de_Creacion_da_CRTVG.pdf |título=Texto da lei (PDF)] |data-acceso=13 de xullo de 2008 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090205030603/http://www.crtvg.es/CRTVG/Docs/Lei_de_Creacion_da_CRTVG.pdf |dataarquivo=05 de febreiro de 2009 |urlmorta=si }}</ref>
 
A [[TVG]] e a [[Radio Galega]] iniciaron as súas emisións en [[1985]] e foron o primeiro medio audiovisual e radiofónico en emitir en lingua galega toda a súa programación.
147.124

edicións