Inés Pérez de Ceta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Biografía}}
'''Inés Pérez de Ceta''', foi unha nobre galega do século XVI, que fundou en [[1553]] o convento da [[TerceiraNosa ordeSeñora dedos San Francisco]]Remedios, situado no [[Areal]] ([[Vigo]]). Cómpre non confundila coa súa neta, Inés Pérez de Ceta Gómez.
 
== Traxectoria ==
Casou con Fernando Fitao Aldao, do que quedou [[Viuvez|viúva]] en 1552. Daquela, como era habitual entre a alta nobreza, funda un convento no Areal, nunha casa que era propiedade da familia, un convento que se acolle á Regra da Terceira Orde de San Francisco. A comunidade inicial está formada por mulleres [[Laicismo|laicas]] da nobreza local entregadas á vida relixiosa en común: ela, as súas dúas fillas solteiras e mais outras señoras.<ref name=":0">Concello de Vigo, 2008, p. 6.</ref><blockquote>Dna. Inés Pérez de Ceta casada con D. Fernando Fitado de Aldao, funda en 1553 o convento de franciscanas coas súas fillas solteiras (Dna. Urraca, Dna. Benita e Dna. Maior) e outras de D. Rodrigo de Sequeiros -Sr. do pazo de [[Pazo da Pastora|Busteu-A Pastora]]-, que baixo a advocación da Nosa Señora dos Remedios, situábase no barrio do Areal. A Confraría da Misericordia da antiga ermida de S. Miguel de [[Bouzas, Vigo|Bouzas]] é fundada en 1554 “para enterrar os mortos é os pobres como tamén para os enfermos que morresen na vila, nos seus arrabares e nas ferigresías” pola mesma Dna Inés. Tampouco sería de estrañar que a Confraría dos Remedios fose fundada pola mesma señora antes de 1564.<ref>Familias antigas de Bouzas, [s.d.]</ref></blockquote>A rápida constitución da comunidade demostra a influencia que tiña a Pérez de Ceta. <blockquote>Cumprido un ano da creación do beaterio, primeiro instalado nunhas casas humildes do Areal, solicítalle ao nuncio licencia para que a casa profesase baixo a Regra da Terceira Orde de San Francisco. Ao ser concedida chega á comunidade Dna. María de Melide, monxa de Santa Clara en Pontevedra, que fixo as veces de superiora. Nun primeiro momento dependeron do bispado de Santiago e logo pasou a depender de Tui.<ref>PARES, [s.d.]. </ref> </blockquote>En 1589 Drake ataca Vigo e o convento resulta destruído e queimado. Volveuse edificar baixo o padroado dos descendentes da fundadora. Nos séculos seguintes algunhas descendentesmulleres da Casa de Ceta asentadas en Bouzas ingresan no convento do Areal. Unha delas foi [[María Xosefa Teresa de Oia e Miranda]] (1777-1876) que se converte en abadesa. Por mor das [[Desamortización|desamortizacións]] de [[Juan Álvarez Mendizábal|Mendizábal]] e [[Pascual Madoz|Madoz]], en 1846 a familia reclamou a propiedade e a comunidade de relixiosas instalouse no convento de franciscanas de Tui.
 
== Liñaxe ==
Liña 28:
=== Ligazóns externas ===
* "Familias antigas de Bouzas: Os Ceta". ''[http://viladebouzas.com/familias-antiguas-de-bouzas/# Vila de Bouzas].'' Consultado o 31-8-2018.
*[http://pares.mcu.es/ParesBusquedas20/catalogo/autoridad/108757 "Convento da Nosa Señora dos Remedios de Vigo (Pontevedra, España)"], PARES-Portal de Archivos Españoles. Consultado o 2018-08-31.
{{Onomástica do rueiro de Vigo}}
{{Control de autoridades}}