Inés Pérez de Ceta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Liña 1:
'''Inés Pérez de Ceta''', foi unha nobre galega do século XVI, que fundou en [[1553]] o convento da [[Terceira orde de San Francisco]] situado no [[Areal]] ([[Vigo]]). NonCómpre senon confundaconfundila coa súa neta, Inés Pérez de Ceta Gómez.
 
== Traxectoria ==
Casou con Fernando Fitao Aldao, do que quedou [[Viuvez|viúva]] en 1552. Daquela, como era habitual entre a alta nobreza, funda no Areal, nunha casa que era propiedade da familia, un convento que se acolle á Regra da Terceira Orde de San Francisco. A comunidade inicial está formada por mulleres [[Laicismo|laicas]] da nobreza local entregadas á vida relixiosa en común: ela, as súas dúas fillas solteiras e mais outras señoras.<ref name=":0">Concello de Vigo, 2008, p. 6.</ref><blockquote>Dna. Inés Pérez de Ceta casada con D. Fernando Fitado de Aldao, funda en 1553 o convento de franciscanas coas súas fillas solteiras (Dna. Urraca, Dna. Benita e Dna. Maior) e outras de D. Rodrigo de Sequeiros -Sr. do pazo de [[Pazo da Pastora|Busteu-A Pastora]]-, que baixo a advocación da Nosa Señora dos Remedios, situábase no barrio do Areal. A Confraría da Misericordia da antiga ermida de S. Miguel de [[Bouzas, Vigo|Bouzas]] é fundada en 1554 “para enterrar os mortos é os pobres como tamén para os enfermos que morresen na vila, nos seus arrabares e nas ferigresías” pola mesma Dna Inés. Tampouco sería de estrañar que a Confraría dos Remedios fose fundada pola mesma señora antes de 1564.<ref>Familias antigas de Bouzas, [s.d.]</ref></blockquote>Nos séculos seguintes algunhas descendentes da Casa de Ceta asentadas en Bouzas ingresan no convento do Areal. Unha delas foi María Xosefa Teresa de Oia e Miranda (1777-1876) que se converte en abadesa.
 
== Liñaxe ==
O seu pai era Rodrigo Pérez de Ceta, a súa nai chamábase Basquida. O herdeiro da liñaxe foi o seu irmán Esteban. Os seus avós paternos foron Esteban de Ceta, señor da Casa Torre de Baiona, e María Varela de Aldao.<ref>Muñoz, 1987, p. 333.</ref> Por esta vía descende de Pedro Yáñez de Ceta e Teodosia Silva de Romai. A [[Casa de Ceta]] tiña o privilexio de outorgar indulto:<blockquote>A Casa de Ceta era anterior aos [[Reis Católicos]], e incluso tiña [[Privilexio|privilexiosprivilexio]]s concedidos por estes monarcas, como o dereito de indultar a un reo que conseguise asirse á cadea da porta de entrada da súa casa.<ref name=":0" /> </blockquote>Posuían propiedades en [[Baiona]], [[Coia, Vigo|Coia]] e o [[O Berbés, Vigo|Berbés]] (Vigo), onde se conserva a [[Casa Torre de Ceta e Arines|Casa Torre de Ceta]].
 
== Polémica pola súa incorporación ao rueiro de Vigo ==
Desde 1997 ten rúa en Vigo, na antes chamada rúa Hospital.
 
A decisión resultou polémica, aínda anos despois, naqueles momentos no que se abría o debate sobre a necesidade de engadir nomes de mulleres ao nomenclátor da cidade. As posicións contrarias retrucaron afirmando que carecía de méritos xa que, como a [[Condesa Casa Bárcena]] e [[María Berdiales]], só se xustificaba por ter sido propietaria do terreo e, mesmo se chegou a afirmar, de manera errada, que non era máis que unha benefactora, que cedía os terreos á cidade a cambio do recoñecemento.<ref>{{Cita novas|apelidos=Carbajo|autor=|nome=Primitivo|data=2008-06-02|xornal=El País|título=Nombres de mujer para calles de Vigo|url=https://elpais.com/diario/2008/06/02/galicia/1212401903_850215.html|lingua=es|issn=|data-acceso=2018-08-31}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.atlantico.net/articulo/vigo/el-vigo-de-los-nombres-de-varon/20180114034633626988.html|apelidos=Baena|nome=Ana|data-publicación=14/01/2018|páxina-web=Atlántico|título=El Vigo de los nombres de varón|data-acceso=2018-08-31|lingua=es}}</ref> Poida que o descoñecemento sobre esta figura, pouco estudada, contribuíse a esa posición.
 
O certo é que a zona onde estaba o convento, por costume, deuse en chamar Areal das Monxas ou Areal do Convento ata que no século XIX o edificio se transforma en Hospital Militar, dando nome á rúa Hospital. A polémica abundou na falta de méritos da figura histórica, porén, non sen retranca, outras fontes<ref name=":0" /> sinalan que o cambio do nome da rúa veu motivado por razóns inmobiliarias, xa que a denominación como rúa Hospital parecía pouco comercial.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
[[Categoría:Nobres de Galicia]]
[[Categoría:Idade Moderna de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Vigo]]
<references />
== Véxase tamén ==
 
=== Bibliografía ===
 
* Concello de Vigo-Concellería da Muller (2008). ''[http://www.igualdadevigo.org/archivos_editor/file/noticias/con_nome_de_muller_unidade_didactica.pdf Con nome de muller: unidade didáctica]''. Vigo, Concello de Vigo.
* "Familias antigas de Bouzas: Os Ceta". ''[http://viladebouzas.com/familias-antiguas-de-bouzas/# Vila de Bouzas].'' Consultado o 2018-08-31.
* Muñoz Altea, Fernando (1987). ''Blasones y apellidos''. Buenos Aires, Joaquín Porrúa.
 
{{Onomástica do rueiro de Vigo}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Nobres de Galicia]]
[[Categoría:Idade Moderna de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Vigo]]