Visón americano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Tegel (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 193.144.97.40 (conversa); cambiado á última versión feita por Estevoaei
Etiqueta: Reversión
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 35:
O visón americano foi introducido en Galicia na década de 1960 pola industria peleteira. As sucesivas soltas por grupos ecoloxistas e escapes fixeron que se asentasen varias poboacións desta especie ao longo de Galicia.
 
A poboación silvestre de visón americano en Galicia ocupa preferentemente [[ecosistema]]s acuáticos, e atópase así mesmo dividida en dúas subpoboacións: unha no sueste da [[provincia de Pontevedra]] e outra na cunca do [[río Mero]] (A Coruña), esta última cunha orixe precisa: o ano [[1984]], a causa dos efectos do [[ciclón Hortensia]]. A área de distribución desta especie en Galicia medrou considerablemente nos últimos anos, xa que en Galicia atopa un hábitat axeitado para establecerse: existencia dunha ampla rede fluvial orlada con ripisilvas máis ou menos ben conservadas e elevada diversidade e abundancia de recursos tróficos potenciais (peixes, anfibios, mamíferos).<ref>[http://medioambiente.xunta.es/espazosNaturais/blobs/especieficha.jsp?ID_ESPECIE=333&pdf=Mustela%20vison.pdf. Visón americano en Galicia]{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }} Medioambiente.xunta.es, Consultada o 10/07/09</ref>
 
O visón americano constitúe unha autentica ameaza para os pequenos mamíferos e as aves acuáticas e mariñas que aniñan e hibernan en Galicia. O visón chegou a colonizar as illas galegas nadando dende terra, polo que constitúe unha ameaza para as aves mariñas que aniñan nas illas atlánticas, poñendo en perigo especialmente as colonias de [[corvo mariño cristado]], ave que na actualidade atópase en regresión nas costas galegas onde nos 90 tiñas as súas principais colonias mundiais.<ref>[http://www.masmar.net/esl/Pesca/S.O.S.-Denuncias/El-vison-americano-invade-Galicia-y-amenaza-las-aves-acuaticas El visón americano invade Galicia y amenaza las aves acuáticas] Masmar.net 12/05/09, Consultada o 10/07/09</ref>