Pascual II, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Cluniacenses mediante HotCat
One2 (conversa | contribucións)
Liña 14:
== Traxectoria ==
Era monxe dun mosteiro [[Orde de Cluny|cluniacense]] situado na [[Toscana]] cando foi nomeado cardeal por [[Gregorio VII, papa|Gregorio VII]] en [[1076]]. Durante o seu reinado continuou coa loita polo dereito de investidura, e con este obxectivo instou ao segundo fillo do emperador [[Henrique IV do Sacro Imperio Romano-Xermánico|Henrique IV]] a se sublevar contra o seu pai.
 
En [[1090]] presidiu como legado pontificio o [[concilio]] celebrado en [[León]] e asistiu ós funerais en honor de [[García II de Galiza]].<ref>{{Cita libro| apelidos={{versaleta|Northup}} | nome=George T. | título=The Imprisonment of King García | editorial=[[University of Chicago Press|The University of Chicago Press]] | ano=1920 | páxinas=394, 401 | lingua=En | url=https://www.jstor.org/stable/432914 | obra=Modern Philology | volume=17 | series=7}}</ref>
 
O [[1105]], o sublevado [[Henrique V do Sacro Imperio Romano-Xermánico|Henrique V]] convocou unha Dieta en [[Maguncia]] para solucionar o enfrontamento co seu pai, que finalizou coa abdicación de Henrique IV a favor do seu fillo Henrique V. Pola Igrexa, a caída dun rival do talle de Henrique IV foi tan importante que Pascual II, crendo que significaría o final do "[[conflito das investiduras]]", cometeu o grave erro de recoñecer a Henrique V sen lle esixir antes o recoñecemento que o dereito a investir eclesiásticos era privativo do pontificado.