Paulo Orosio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 0 fontes e etiquetando 4 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 54:
[[Ficheiro:Sandro Botticelli 050.jpg|miniatura|250px|O ''Commonitorium'' e as ''Historiae'' responderon, polo menos en orixe, á influencia directa que [[Agostiño de Hipona]] exerceu sobre Orosio.]]Aínda que o escrito máis importante de Paulo Orosio foi a ''Historiae Adversus Pagáns'', tamén hai que ter en conta as outras dúas obras que se conservan do autor, coñecidas xeralmente como ''Commonitorium'' e ''Liber Apologeticus''<ref>TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985, p. 18.</ref>.
 
O nome completo do primeiro libro é ''Consultatio sive commonitorium ad Augustinum de errore Priscillianistarum et Origenistarum'' (en [[lingua galega|galego]]: ''Consulta ou advertencias a Agostiño verbo do erro dos Priscilianistas e dos Orixenistas'')<ref>BELTRÁN CORBALÁN, Domingo, GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Rafael e MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, '[http://ddd.uab.es/pub/faventia/02107570v21n1p65.pdf El Commonitorium de Orosio: traducción y comentario]{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}', in ''Faventia: Revista de filología clàssica'', 21:1999, p. 65.</ref>. En principio é unha obra destinada a Agostiño e xa que logo a súa data de redacción tería como límite a da súa chegada a [[África]], entre 409 e 414<ref>BELTRÁN CORBALÁN, Domingo, GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Rafael e MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, '[http://ddd.uab.es/pub/faventia/02107570v21n1p65.pdf El Commonitorium de Orosio: traducción y comentario]{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}', in ''Faventia: Revista de filología clàssica'', 21:1999, p. 66.</ref>. O segundo límite cronolóxico atópase en 415, data aceptada de publicación da obra ''Liber ad Orosium contra Priscillianistas et Origenistas'', onde Agostiño responde ao ''Commonitorium'' de Orosio<ref>BELTRÁN CORBALÁN, Domingo, GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Rafael e MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, '[http://ddd.uab.es/pub/faventia/02107570v21n1p65.pdf El Commonitorium de Orosio: traducción y comentario]{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}', in ''Faventia: Revista de filología clàssica'', 21:1999, p. 67.</ref>.
 
A obra non só estaba dirixida a Agostiño de Hipona, senón que estivo precedido de conversas co santo. Nel relátase a súa viaxe a África, explícase e critícase tanto o [[priscilianismo]] coma o [[orixenismo]] e pídeselle consello a Agostiño sobre diversos temas [[Teoloxía|teolóxicos]]<ref>BELTRÁN CORBALÁN, Domingo, GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Rafael e MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, '[http://ddd.uab.es/pub/faventia/02107570v21n1p65.pdf El Commonitorium de Orosio: traducción y comentario]{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}', in ''Faventia: Revista de filología clàssica'', 21:1999, p. 71.</ref>.
 
Respecto ao segundo libro, o seu nome completo é ''Liber apologeticus contra Pelagium de arbitrii libertate''. Esta obra hai que enmarcala na participación de Paulo Orosio no concilio rexional de Xerusalén de 415 onde se produciu un gran debate teolóxico, e onde o bispo [[Xoán II de Xerusalén|Xoán II]] acusou a Orosio de herexe por soster que o home non podía permanecer libre de [[pecado]] nin con auxilio divino. Para defenderse de tales acusacións, Orosio redactou a súa ''Liber Apologeticus'', onde expón os motivos polos que participou no sínodo (fora convidado por [[Xerome de Estridón]]) e rexeita a acusación de [[herexía]]<ref>TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985.</ref>.