Entremés de Bora: Diferenzas entre revisións

obra teatral de Gregorio Couto
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "O ''Sainete ou Entremés de Bora'' de Gregorio Couto é unha das poucas obras teatrais íntegras en galego dos Séculos Escuros coñecidas até hoxe. A presente peza..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 30 de agosto de 2018 ás 15:50

O Sainete ou Entremés de Bora de Gregorio Couto é unha das poucas obras teatrais íntegras en galego dos Séculos Escuros coñecidas até hoxe.

A presente peza foi publicada por Fermín Bouza-Brey no ano 1942, a través do seu estudo "Teatro de Carnaval en Galicia", incluído na madrileña Revista de Dialectología y Tradiciones Populares.

Argumento

O argumento da obra é, a priori, bastante simple. Un home dunha certa idade, alcalde para máis señas, quéixase ante os seus criados da súa veciña, unha muller definida como "vella" e que se queixa do olfato que provén da cociña do alcalde.

Temas

Se ben o argumento é simple carrexa, con todo, con temas complexos e reveladores. Un deles, por exemplo, é o do abandono lingüístico que exerce o Alcalde cando a súa veciña se dirixe a el por primeira vez.

Do mesmo xeito o Alcalde,como personaxe ridículo,encerra en si tamén a denuncia do abuso de poder (ordena comicamente que lle poñan unha albarda á Vella e, ademais, esta muller é vítima dos roubos dos criados do seu veciño)ou o machismo (declara que as mulleres son "bestias afligidas").