Lar Gallego de Caracas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*plantexar > propor.
Feita revisión lingüística
Liña 3:
{{ortografía}}
 
O '''Lar Gallego de Caracas''' foi unha asociación galega na emigración en [[Venezuela]]. Foi inaugurado en [[Caracas]] o [[15 de outubro]] de [[1945]], logo de que se autorizase a súa creación o 9 de febreiro dese mesmo ano. Foi unha das principais asociacións de galegos na emigración durante a etapa do [[Franquismofranquismo]]. Lonxe dos seus fogares, os inmigrantes tentaron organizarse en diferentes grupos e asociacións, mais debido ao carácter político da maior parte delas, as autoridades puxéronlles trabas para que lograranlograsen facelo legalmente debido á prohibición polas leis venezolanas de asociacións políticas de estranxeiros con carácter político, aínda que posteriormente foron autorizando a creación de varias asociacións.
 
== Historia ==
A idea de fundación deste centro xurdiu por mor da visita do secretario xeral do [[Centro Gallego de Buenos Aires|Centro Gallego de Bos Aires]], Rodolfo Prado, a [[Caracas]]. Este, propuxo a idea a un grupo de galegos residentes na cidade, os cales tras diversas reunións acordaron a creación do mesmo.
 
O Lar Gallego foi o segundo centro de exiliados autorizado polo Ministerio do Interior venezolano despois do [[Centro Vasco de Caracas]] (Eusko Etxea). Foi autorizado a funcionar o 9 de febreiro de 1945. Ao estar formado por exiliados simpatizantes da lexitimidade democrática da República española, o Lar rompe relacións coa representación diplomática do goberno fascista de España en Venezuela, adoptando como símbolos de identidade a bandeira galega e a republicana. AO principal labor do Lar era a concienciación antifranquista, aínda que non só se reducía aos emigrantes galegos.
 
Finalmente, no mesmo ano, o Lar Gallego foi fundado e inaugurado o 15 de outubro. A súa sede fundacional ocupou un local entre as esquinas de Manduca e Ferrenquín, nas proximidades da Praza da Candelaria. Posteriormente trasladaríase a outro local na mesma rúa e, finalmente, volverían a mudar de enderezo ao que sería o definitivo, situado na 3ª Avenida de las Delicias, n.º 8, en Las Acacias.
Liña 22:
 
=== Da reunificación en adiante ===
Tras a etapa das pelexas que afrontaron as asociacións galegas en Caracas, durante a época dos anos cincuenta un grupo de galegos loitaron para que a comunidade galega alí emigrada se reunificarareunificase e aglutinase nun único conxunto. Os principais problemas que atoparon foron a oposición da embaixada de España e mais do goberno da ditadura de Pérez Jiménez, xa que consideraban o Lar e o Centro Gallego como sociedades procomunistas.
 
Tras a caída da ditadura no ano 1959, a embaixada española perde influencia sobre o goberno e non logran impedir a creación da ''Junta de AcecamientoAcercamiento'' para estabelecer de novo negociacións entre os diversos grupos.
 
Debido á necesidade de crear unha asociación forte para aglutinar a todos os galegos emigrados, os dirixentes do Lar Gallego, do Centro Gallego e da Casa de Galicia lograron comezar a negociar ata formalizar a súa unión nunha reunión. Nela participaron representantes dos grupos anteriormente mencionados, que tamén invitaron á Asociación Civil de Amigos de Santiago, mais declinaron a oferta e continuaron a funcionar de forma independente.
 
O 10 de maio de 1960 os directivos das tres asociacións reuníronse nun cine da Candelaria e decidiron formalizar a unión, estabelecendo como data de inauguración da nova sociedade o día 12 de outubro do mesmo ano. Ese día celebrouse unha Asemblea Xeral na sede do Centro Gallego, no ParaisoParaíso, onde se aprobaron os novos estatutos ante a presenza duns 150 socios. A nova asociación nomeouse como [[Hermandad Gallega de Venezuela]], cuxa dirección queda constituída pola directiva das tres entidades ata o 25 de xullo de 1961, data na que se convocan eleccións. [[Ángel Feijoo Fernández]] foi elixido como o primeiro presidente da entidade, que contaba con 800 socios nominais ou fundadores.
 
As finalidades da nova asociación foron fundamentalmente de tres tipos:
Liña 53:
Entre os obxectivos do Centro Galego estaban a beneficencia, o socorro mutuo e a asistencia ao inmigrante recén chegado, normalmente sen familia nin recursos económicos. O Centro subvencionaba aos seus socios servizos médicos e odontolóxicos.
 
Cabe mencionar tamén a existencia dunha terceira entidade, a Casa de Galicia, escindida do Centro Galego. Nos seus inicios soamente contaba cun presidente e un secretario xeral. Debido ao desexo de agrupar a toda a comunidade galega nun so centro a súa existencia foi curta. Aínda así tivo un elevado número de socios (cerca de mil), xa que as cotas eran moi reducidas. No momento da fusión contaba con aproximadamente trescentos socios.
 
== Actividades culturais ==
Liña 59:
Unha das principais funcións desta asociación era o desenvolvemento de actividades culturais tales como:
* Publicación dun boletín mensual. Neste non só se recollían noticias relativas á sociedade e comunidade galega en Venezuela, tamén se informaba sobre temas da actualidade e da cultura galegas a través da colaboración de escritores desde Galicia.
* Programa de radio dominical chamado “La voz de Galicia, La Vozvoz de la Emigración” emitido a través de Radio Rumbos e dirixido por [[José Velo Mosquera]].
* Coro "Curros Enríquez".
* Periodicamente organizaban ciclos de conferencias e charlas culturais. A partir do ano 1951 celebraban no aniversario da morte de [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]] unha homenaxe na súa honra.
Liña 68:
 
== Lar Gallego en Galiza ==
As autoridades franquistas e varios galegos coñecidos da comunidade opoñíanse directamente ao Lar e ás súas actividades. A idea para calar as campañas difamatorias contra o Lar foi sinxela: a designación de correspondentes-representantes na Galiza. Un dos representantes oficiais do Lar Gallego en Vigo foi [[Xoán Noya]], acompañado por [[Celso Emilio Ferreiro]], Julio Siguenza, [[Antón Beiras García|Antón Beiras]], [[Juan Naya Pérez|Juan Naya]] e Carré Alvarellos durante os anos 1954 e 1955.
 
==Notas==