Judo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Retiro o aviso de revisión de ortografía
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 45:
Kano comezou unha busca para elaborar un principio unificador das técnicas que aprendera. Así, formulou o concepto da máxima eficiencia co menor gasto de enerxía, porque só aquelas técnicas que preservasen ao máximo o loitador e que realmente funcionasen, deberían ser parte das ensinanzas da súa futura escola; para el unha persoa non debería esgotarse para se librar dunha agresión, ao contrario, debería empregar o máximo da enerxía allea en favor seu.<ref>{{Cita web|lingua=castelán|título=Judo. La fuerza humana con la máxima eficiencia disponible|editor=Conade|url=http://www.conade.gob.mx/Documentos/Publicaciones/Judo.pdf|dataacceso=23 de xaneiro de 2014}}</ref>
 
O ''dojō'' de Jigoro Kano, que foi aberto en [[1882]], recibiría o nome de Kodokan, no Templo Eishoji.<ref>{{Cita web|url=http://www.judobrasil.net/historia2.htm|título=História do Judô|lingua=portugués|dataacceso=19 de xaneiro de 2014|editor=Judô Brasil}}</ref> Porén, Kano non cría que o seu estilo de jujutsu estivese completo e acabado.<ref>{{Cita web|url=http://www.kodokan.org/e_basic/history.html|título=History of Kodokan Judo|lingua=inglés|editor=Kodokan|dataacceso=21 de xaneiro de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130724072601/http://www.kodokan.org/e_basic/history.html|dataarquivo=24 de xullo de 2013|urlmorta=si}}</ref> A base ficaba asentada nos dous estilos que máis practicou, pero recibiría influencia doutros estilos e doutras formas de loita, coma o [[sumo]], o [[aikido]] e mailo [[karate]].
 
Tras a inauguración do instituto Kodokan, o mestre continuou a practicar judo cos seus mellores alumnos, coa intención de mellorar as súas propias habilidades e en consecuencia facer que a arte marcial medrase en calidade. O mestre Kano estudaba e adestraba con toda a súa dedicación, emporiso, el cría que a práctica dun deporte coma o judo debería ser a única actividade dunha persoa, para contribuír á súa formación.