Paul Arizin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
m →‎Traxectoria: arranxiños
Liña 37:
 
== Traxectoria ==
Tras ser seleccionado polos Warriors coa súa primeira elección do [[Draft da NBA]] de 1950, Arizin acadou 17.2 puntos por partido na súa tempada coma rookie e foi nomeado [[Rookie do Ano da NBA]], unha designación que aínda non fora aprobada pola NBA na tempada 1950-51. Foi o máximo anotador da liga nas tempadas [[Tempada 1951-52 da NBA|1951-52]] e [[Tempada 1956-57 da NBA|1956-57]], e se converteu nun dos mellores xogadores da liga nos anos 50. Non xogou nas tempadas 1952-53 e 1953-54 debido ó servizo militar na mariña estadounidense durante a [[Guerraguerra de Corea]].<ref name=NBA.com.bio>{{Cita web|accessdate=2007-06-15|url=http://www.nba.com/history/players/arizin_bio.html|title=Paul Arizin Bio |publisher=NBA.com}}</ref>
 
Liderou aos Warriors para conseguir o campionato na [[Tempada 1955-56 da NBA|tempada 1955-56]], onde formou unha gran parella con [[Neil Johnston]]. Xogou tamén co gran anotador [[Joe Fulks]] a comezos da súa carreira, e coas lendas de Philadelphia [[Tom Gola]] e [[Wilt Chamberlain]] cara o final da súa carreira a comezos dos anos 60. Arizin preferiu retirarse da NBA antes que trasladarse cos Warriors a [[San Francisco, California|San Francisco]].
 
Tras deixar a NBA, Arizin xogou tres tempadas na Eastern Professional Basketball League cos Camden Bullets, onde gañou o título en 1964.