Dead Kennedys: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
Liña 26:
== Historia ==
=== Formación da banda ===
Dead Kennedys formouse sen xuño de [[1978]] en [[San Francisco, California]], cando East Bay Ray (Raymond Pepperell) puxo un anuncio buscando compañeiros de banda no xornal ''The Recycler'', despois de ver un concerto [[ska-punk]] no Mabuhay Gardens en San Francisco. A composición orixinal do grupo consistía en [[Jello Biafra]] (Eric Reed Boucher) na voz, East Bay Ray na guitarra, Klaus Flouride (Geoffrey Lyall) no baixo e 6025 (Carlos Cadona) na batería e na percusión. Con esta formación gravou as súas primeiras demos, e a principios de xullo a banda quería un batería máis experimentado, polo que recrutou a Ted (Bruce Slesinger). 6025 deixou o grupo, porén, foi convidado a volver como segundo guitarrista. O seu primeiro concerto sería o 19 de xullo dese ano no Mabuhay Gardens.
 
Dead Kennedys realizou numerosos concertos en clubs locais despois diso. Debido ao provocativo nome da banda, ás veces tocaron baixo pseudónimos como "The Sharks", "The Creamsicles" e "The Pink Twinkies". O nome xerou controversia, e o columnista Herb Caen escribiu no ''San Francisco Chronicle'' en novembro de 1978, "xusto cando pensas que o mal gusto acadou o seu punto máis baixo, aparece un grupo de punk rock chamado The Dead Kennedys, que tocará no Mabuhay Gardens o 22 de novembro, o día do 15 aniversario do asasinato de John F. Kennedy"<ref>Caen, Herb (November 17, 1978) "On the Rotunda." San Francisco Chronicle.</ref>. Porén, a pesar da crenza popular, o nome non quería insultar á familia Kennedy, pero Biafra dixo que a súa intención era "chamar a atención sobre o fin do Sono Americano". 6025 deixou a banda en marzo de 1979. En xuño editaron o seu primeiro sinxelo, "[[California Über Alles]]", a través do selo independente [[Alternative Tentacles]]. Posteriormente a banda realizaría unha ben recibida xira pola costa leste.