Estonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 279:
 
=== Cultura popular ===
O folclore popular estoniano vén de moitos séculos antes das primeiras ocupacións no [[século XIII]]. Os primeiros grandes influenciadores foron os [[Finlandia|finlandeses]], quen grazas á súa proximidade xeográfica como lingüística deixaron a súa pegada na cultura estoniana. A [[lingua finlandesa]] e a [[Lingua estoniana|estoniana]] pertencen á mesma familia lingüística, a das [[linguas ugrofinesas]]<ref>{{Cita web |url=http://www.culturepoint.ee/folk.html |título={title} |data-acceso=27 de maio de 2008 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080418105331/http://www.culturepoint.ee/folk.html |dataarquivo=18 de abril de 2008 |urlmorta=si }}</ref>. O primeiro grande impacto estranxeiro no país aconteceu cando os [[catolicismo|católicos]] chegaron a Estonia no [[século XIII]], tentando suprimires a [[paganismo|cultura pagá]] en virtude da cristiá. Este choque cultural deu lugar á mestura das culturas.
 
Durante o [[século XVIII]], coa popularización e aceptación da lingua estoniana polo pobo, e no [[século XIX]] co forte sentimento nacionalista que xurdira, a [[cultura popular]] asentouse fortemente nos alicerces do pobo estoniano. Moitas cancións antigas foron resucitadas e outras novas inspiradas por estas. Elementos da relixión pagá rexurdiron e volvéronse a mesturar cos elementos da [[cristianismo|cultura cristiá]]<ref>{{Cita web |url=http://www.einst.ee/culture/II_MMIV/ringvee.html |título={title} |data-acceso=27 de maio de 2008 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080424041504/http://www.einst.ee/culture/II_MMIV/ringvee.html |dataarquivo=24 de abril de 2008 |urlmorta=si }}</ref>. Antigamente facíanse [[sacrificio]]s de animais e persoas para os [[deuses]] pagáns, para ter boas colleitas de alimentos e unha boa vida. Eses elementos ficaron no pasado, máis hoxe en día, as [[meigas]], [[mago]]s e [[demos]] son vistos polos estonianos como portadores do ben e da sorte, ao contrario da visión implantada polos cristiáns.