Avelino González: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
"Vigo, Faro de" !
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Non neutral|data=abril de 2018}}
:''Non confundir con [[Avelino González Mallada]], anarquista asturiano.''
 
Liña 14 ⟶ 13:
 
==Traxectoria==
Comezou a súa carreira no teatro en [[A Farándula]] (Vigo, 1980), compañía na que colaborou ata a súa desaparición. Fundador de [[Tranvía Teatro]] (1989), con [[Cándido Pazó]], e de [[Ollomol Tranvía|Ollomoltranvía]] (1993),<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=González|nome=Avelino|data=2000|título=De Tranvía-Teatro a Ollomoltranvía|PMC=|revista=Información teatral|doi=|ISSN=|PMID=|volume=24|páxinas=38-39|número=}}</ref> é un nome consolidado no panorama escénico. Deudeu o salto ao cine en 1987 con ''Gallego'', no que ten feito filmes nos que destaca ''[[¿A ti como se che di adeus?]]'' Na pequena pantalla ten actuado en programas de lecer (''Arestora'', ''Luar''...), series (''Mareas Vivas'', ''Galicia Express''...) e telefilmes (''Condenado a vivir''). O seu personaxe Miñato, da serie ''[[Padre Casares]]'', é un dos que máis popularidade lle dan. Foi presidente da [[Asociación de actores e actrices de Galicia]] entre 2013 e 2015<ref>{{Cita web|url=http://aaag.gal/info/directiva?xunta=2013-2015|páxina-web=aaag.gal|título=A Asociación|data-acceso=2018-04-21|lingua=gl}}</ref>.
 
Cómpre salientar o seu traballo como narrador, actor, tradutor e director teatral. Nas súas historias o humor combínase cun emprego enxeñoso da lingua, a historia, a memoria, a literatura, a tradición oral e mais a crítica social e política. Mantén un fío de escrita creativa no facebook, titulado "Blogme tendal" a partir de fotografías de roupa estendida, ao xeito das [[cousas]] de [[Castelao]]. Unha delas foi publicada na revista ''[[Luzes de Galiza|Luzes]]''. Participou no audio-libro ''Contos de Castelao nas voces de Santiago Prego, Avelino González e Cándido Pazó'' editado polo Consello da Cultura Galega, 2010.<ref>{{Cita libro|título=Contos de Castelao nas voces de Santiago Prego, Avelino González e Cándido Pazó|apelidos=Rodríguez Castelao|nome=Afonso|editorial=Consello da Cultura Galega|ano=2010|ISBN=84-95415-23-2|ref=}}</ref> Interviu na homenaxe a [[Xela Arias]], con quen mantiña relación de amizade, que tivo lugar en Vigo en 2014, e mais no libro ''Xela Arias, quedas en nós''.