Delmi Álvarez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 4:
Participou na [[fotobienal]] de Vigo en 1984 e 1986. Comezou traballando para ''[[A Nosa Terra (1977)|A Nosa Terra]]'', ''[[La Región]]'', ''[[El País]]'' e o ''[[Diario de Galicia (Vigo)|Diario de Galicia]]''. En 1987 acadou o premio Fotopress por ''Instantáneas''. Entre 1990 e 1991 estivo en [[Cuba]] desenvolvendo o proxecto fotográfico ''Cuba, el ultimo bastion: la lucha de un pueblo'', co que acadou de novo o premio Fotopress.
 
Entre 1991 e 1993 estivo en [[Croacia]] e [[Bosnia e Hercegovina]] cubrindo as [[guerras iugoslavas]] para ''[[La Voz de Galicia]]''. Entre 1998 e 2009 desenvolveu o proxecto ''Galegos na Diáspora''<ref>[{{Cita web |url=http://www.delmialvarez.com/galegos-na-diaspora/ |título=Galegos na Diáspora] |data-acceso=01 de xuño de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160317124705/http://www.delmialvarez.com/galegos-na-diaspora/ |dataarquivo=17 de marzo de 2016 |urlmorta=si }}</ref>, fotografando personalidades da [[diáspora galega]]. O proxecto foi editado en forma de libro pola Secretaría Xeral de Emigración. O autor presentou a obra na Library of Congress en Washington e na CUNY, na Universidade de Nova York, ante os emigrantes galegos que viven nesas cidades. Porén, o libro non recibiu atención en Galiza.
 
Sobre a Diáspora realizou tres documentais en co-produción coa [[Televisión de Galicia]]. ''O Rei galego de África'', ''A última fotografía'' e ''Galegos da Guaiana venezolana''. En dous destes documentais participou o xornalista galego [[Arturo Lezcano]]. Posteriormente filmou ''Fuga de cerebros'', sobre a vida de catro parellas de científicos galegos na diáspora en Colonia, Alabama, Estocolmo e París no que falan das vicisitudes para investigar na universidade galega, as mafias, familias e demais que impiden levar a cabo traballos que sirvan de proveito para Galiza. O documental non chegou a co-producirse coa TVG aínda que existía un pacto verbal cos seus responsables, pero ao trocar a dirección foi rexeitado.
Liña 12:
En 2013 documentou a minería con cianuro e os proxectos mineiros que empresas canadenses estaban a levar a cabo en diferentes puntos de Europa no proxecto ''In the name of Gold''<ref>[http://www.delmialvarez.com/in-the-name-of-gold/ In the name of Gold]</ref>. En novembro de 2014, unha selección de imaxes do proxecto formou parte dunha exposición en [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] na universidade Yale School of Forestry Environmental Studies, baixo o título ''Digging Gold'', conxuntamente con Larry C. Price, Ron Haviv e Robin Hammond. O evento foi organizado e co-porducido por F&ES SIGs: International Society of Tropical Foresters (ISTF), Yale Extractive Industries Working Group (XWG), Health & Environment at Yale, Environmental Justice at Yale, Latin America SIG and Africa SIG; The Earth Institute of Columbia University e The Pulitzer Center on Crisis Reporting.
 
Entre 2003 e 2016 documenta o movemento migratorio das persoas que se desprazan a Europa no proxecto ''Transmigrants''<ref>[{{Cita web |url=http://www.delmialvarez.com/transmigrants/ |título=Transmigrants] |data-acceso=01 de xuño de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160503075705/http://www.delmialvarez.com/transmigrants/ |dataarquivo=03 de maio de 2016 |urlmorta=si }}</ref> presentado ao público como un proxecto educativo e documental para o estudo das vindeiras xeracións.
 
Delmi seguindo a súa traxectoria nos proxectos etnográficos e antropolóxicos filmou aos [[pobo himba|himba]] en Namibia no documental ''Himbas, struggle for survive'', que nunca se chegou a emitir.