Club Baloncesto Breogán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 297:
== O Breogán na cultura popular ==
[[Ficheiro:Federico Luppi.JPG|miniatura|125px|[[Federico Luppi]].]]
O Breogán é un símbolo da cidade de [[Lugo]], sendo máis que un equipo dende a súa fundación, xa que é o equipo deportivo máis importante da cidade e un dos máis importantes de [[Galicia]].<ref>[http://personal.redestb.es/edanjo/tonecho/breogan.html C.B. Breogán]</ref> Por mor diso o equipo ten gran representación dentro da cidade e mesmo en todo o país, nos que organiza actividades a través da Fundación Balogal para promover a importancia do exercicio físico e o deporte, sobre todo cos máis novos. Tamén dispón de acordos con numerosos equipos da cidade e mesmo da [[Provincia de Lugo|provincia]] de colaboración para promover a canteira do baloncesto lucense.<ref>[http://www.cbbreogan.com/fundacion/proyecto-social/ Proxecto social]</ref> Á Fundación Balogal tamén están inscritos numerosos centros educativos de toda a provincia, os cales participan nas diferentes actividades ofrecidas.<ref>[http://www.cbbreogan.com/fundacion/centros-asociados/ Centros asociados]</ref>
 
Con respecto ao alcance histórico do Breogán a nivel popular, cómpre destacar o [[filme]] rodado e estreado en tódolos cinemas a nivel estatal en [[1985]] por [[Mario Camus]] ''La vieja música'' (do [[lingua castelá|castelán]]: ''A vella música''). A película, protagonizada por [[Federico Luppi]], [[Antonio Resines]], [[Paco Rabal]], [[Miguel Rellán]], [[Agustín González]] e [[Charo López]], coa colaboración de ilustres do baloncesto como [[Fernando Martín Espina|Fernando Martín]], [[Antonio Díaz-Miguel]], [[Jim Wright]], [[Tito Díaz]] ou [[Manel Sánchez]], conta a historia dun [[uruguai]]o que chega a [[Lugo]] coa súa filla para adestrar ao Breogán, todo mesturado cunha historia de amor e secuencias de partidos de baloncesto da época de gran calidade.<ref>[http://www.imdb.com/title/tt0090263/ Ficha en imdb.com]</ref> Como anécdota dicir que un dos motivos polos que se elixiu [[Lugo]] (a parte do Breogán) foi porque, segundo o director, quería recrear un clima "chuvioso e frío", con todo para poder recrear iso tivo que contar coa axuda dos bombeiros xa que fixo bo tempo durante toda a rodaxe.<ref>[http://www.elpais.com/articulo/cultura/CAMUS/_MARIO/Mario/Camus/trata/recuperacion/amor/vieja/musica/ultima/pelicula/elpepicul/19850318elpepicul_14/Tes Mario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película] {{es}}</ref>