Ciencia medieval: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 4 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 14:
Porén, co inicio do chamado [[Renacemento do século XII]], renovouse o interese pola investigación da [[natureza]]. A ciencia que se desenvolveu neste período áureo da filosofía [[escolástica (filosofía)|escolástica]] daba énfase á [[lóxica]] e avogaba polo [[empirismo]], entendendo a natureza como un sistema coherente de [[lei]]s que poderían ser explicadas pola [[razón]]. Foi con esta visión coa que os sabios medievais se lanzaron na procura de explicacións para os [[fenómeno]]s do universo e conseguiron avances importantes en áreas como a [[método científico|metodoloxía científica]] e a [[física]].<ref>Oliveira, Terezinha (xuño de 2007): ''Origem e memória das universidades medievais a preservação de uma instituição educacional'' [http://www.scielo.br/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S0104-87752007000100007&lng=pt&nrm=iso] (HTML). En ''Varia história'' 26 (37): páxs. 113-129. Belo Horizonte. DOI:10.1590/S0104-87752007000100007. ISSN 0104-8775. Consultada o 10 de maio de 2011. {{pt}}</ref> Estes avances foron repentinamente interrompidos pola [[peste negra]], e son case descoñecidos para a maior parte do público contemporáneo, que moitas veces aínda considera o período medieval como unha suposta ''[[Ciencia medieval#Idade das Tebras?|Idade das Tebras]]''.
 
De acordo con Pierre Duhem, que pensa que os estudos académicos da ciencia medieval están fundados na crítica que os [[positivismo|positivistas]] da época ''das [[Ilustración|Luces]]'', no [[século XVIII]], antiaristotélicos e anticlericais, pódense ver as orixes conceptuais de varios avances da ciencia no renacemento do século XIII, entre os [[século XII|séculos XII]] e [[século XIV|XIV]], nas obras de eclesiásticos como [[Tomé de Aquino]] e [[Jean Buridan]].<ref>Duhem traballou en ''Les origines de la statique'' en 1903, cando topou coas referencias de Jordanus Nemorarius. Isto provocou o seus sagaces estudos sobre a ciencia e a cosmoloxía medieval, que apareceron por primeira vez publicados en 1913 como ''Le Système du monde'' (só cinco dos seus dez volumes foron publicados antes da súa morte). Foron traducidos ao inglés por Roger Ariew baixo o título ''Medieval Cosmology''. Cf. [http://www.gap-system.org/~history/Printonly/Duhem.html Pierre Maurice Marie Duhem] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20110726073459/http://www.gap-system.org/~history/Printonly/Duhem.html |date=26 de xullo de 2011 }}. {{en}}</ref><ref>Jordanus Nemorarius foi un matemático do século XIII do que se teñen poucos datos. Coñécense varios traballos seus, pero non se sabe nada da súa vida. O dominico inglés Nicolás Triveth nunha crónica, identifícao con Jordanus Saxo ou Xordán de Saxonia, quen en 1222 fora o sucesor de San [[Domingos de Guzmán]] como superior da orde, e a quen atribúe as obras de Nemorarius ''De ponderibus Jordani'' e ''De lineis datis Jordani''. Sobre esta base afírmase que naceu en Borgentreich, actualmente distrito de Höxter, Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, e que morreu nun naufraxio. Porén, Hughes (1981) cuestiona esta identificación, porque nin Nemorarius se identifica como sacerdote, nin como Saxo, nin o superior dominico se refire como Nemorarius nos documentos da época, nin o nome de Jordanus Nemorarius aparece en ningunha lista de clérigos. A única referencia probada é unha nota de 1250 de Richard de Fournival, chanceler da Catedral de Amiens, que enumera as obras que desexaba obter para a biblioteca, e inclúe catro libros de "Jordanus Nemorarius".</ref>
 
== Historia da ciencia na Europa medieval ==
Liña 154:
Queda a dúbida de se sería adecuada a comparación dunha era na cal Europa comezou en faragullos co período áureo da [[antigüidade clásica]], xa que as condicións sociais e económicas eran diferentes. Mesmo a produción científica do [[Imperio Romano]] queda empalidecida diante dos descubrimentos teóricos do pasado grego, incluso durante o longo período de prosperidade proporcionado pola [[Pax romana]] e máis aínda despois da morte de [[Marco Aurelio]], en [[180]] d.C.
 
Aínda que ningún historiador serio utilice a expresión "''Idade das Tebras''" para suxerir atraso cultural, aínda hoxe, mesmo nas escolas, ensínanse{{cómpre referencia}} nocións equivocadas como a idea falsa de que os estudosos medievais crían que a [[Terra|Terra fose plana]].<ref>''Myths and Truths in Science and Religion: A historical perspective''. Debate en vídeo de Ronald Numbers, dispoñíbel na páxina [http://www.st-edmunds.cam.ac.uk/faraday/Lectures.php] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20110514112643/http://www.st-edmunds.cam.ac.uk/faraday/Lectures.php |date=14 de maio de 2011 }} Universidade de Cambridge (Howard Building, Downing College). Publicado por ''The Faraday Institute for Science and Religion''. {{en}}. Consultada o 11 de maio de 2011.</ref>
 
== O legado científico medieval occidental ==
Liña 178:
 
=== A ciencia na China medieval ===
A [[China]] da Antigüidade contribuíra sobre todo á innovación técnica, con tres inventos principais<ref>[[Francis Bacon (filósofo)|Francis Bacon]] consideraba que tres grandes inventos cambiaran o mundo: a [[pólvora]] para os canóns, o [[Compás (navegación)|compás magnético]] para a navegación e a [[imprenta]].</ref> que son: o [[papel]] (que data do [[século -II|século II a.C.]]), a [[pólvora]] (o primeiro rexistro escrito recoñecido parece ser o ''Wujing Zongyao'' que dataría de arredor de [[1044]]) e o [[compás (navegación)|compás]], utilizado desde o [[século XI]], na [[xeomancia]]. O científico chinés [[Shen Kuo]] ([[1031]] - [[1095]]) da [[Dinastía Song]] describe o compás magnético como instrumento de navegación. Para o historiador Joseph Needham, en ''Science et civilisation en Chine'',<ref>Joseph Needham, ''Science et civilisation en Chine'', Picquier Philippe, 1998, (versión resumida dos dous primeiros tomos).</ref> vasto estudo de dezasete volumes, a sociedade chinesa produciu unha ciencia innovadora, desde os seus inicios. O mesmo Needham relativiza a concepción segundo a cal a ciencia debe todo a Occidente. Para el, a China estaba incluso animada dunha ambición de recoller de maneira desinteresada o saber, antes inluso que as universidades occidentais.<ref>Para unha análise da obra de Needham, véxase o artigo: ''Joseph Needham: The grand Filtration. Science and Society in East and in West'' por P. Huard, ''Bulletin de l’École française d’Extrême-Orient'', 1971, n° 58, páxs. 367-371, [http://www.persee.fr/web/revues/home/prescript/article/befeo_0336-1519_1971_num_58_1_5116 consultábel en liña]. {{fr}}</ref> Karine Chelma igualmente demostrou que a opinión estendida segundo a cal a demostración matemática sería de orixe grega é parcialmente falsa, xa que os chineses arranxaban os mesmos problemas na súa época; di tamén: non pode quedar centrada en occidente, a historia das ciencias exixe unha posta en perspectiva internacional dos saberes<ref>Véxase a presentación, no sitio do CNRS, de [http://www.cnrs.fr/fr/recherche/prix/docs/argent2008/ChemlaK.pdf Karine Chelma] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20111019100652/http://www.cnrs.fr/fr/recherche/prix/docs/argent2008/ChemlaK.pdf |date=19 de outubro de 2011 }} [[pdf]]. {{fr}}</ref>. Os tratados matemáticos e de demostración son abondosos, como ''Os Nove capítulos'' (que presentan preto de 246 problemas) transmitidos por [[Liu Hui]] ([[século III]]) e por Li Chunfeng ([[século VII]]) ou aínda os ''Reflexos das medidas dos círculos no mar'' de Li Ye, que datan de [[1248]], estudados por Chemla e que abordan as nocións aritméticas das fraccións, da extracción de raíces cadradas e cúbicas, do cálculo da área do círculo e do volume da pirámide, entre outras.<ref>K. Chemla & Guo Shuchun, ''Les neuf chapitres. Le classique mathématique de la Chine ancienne et ses commentaires'', Dunod, 2004, París.</ref>
 
=== A India dos matemáticos medievais ===