Abrir o menú principal

Cambios

Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
O «negocio dos secuestros» naceu a mediados dos anos noventa cando as outras fontes de enriquecemento ilegal esgotáronse. «A guerra contra Rusia entón volveuse lucrativa», di o conselleiro do Kremlin, Aslambek Aslakhanov. «Xa antes da primeira campaña militar, en [[1994]], a República chechena dexenerou nun burato negro criminal que permitía branquear milleiros de dólares», afirma. «En [[1993]], a república chechena converteuse nun dos sitios clave do tráfico de armas a nivel mundial. Ás veces, até 30 avións, cargados de armas, engalaban nun día no aeroporto de Grozny con destino ós países do Oriente Medio e de África, e traian a Chechenia droga e materias primas. No distrito de Chali funcionaba un importante sector de produción de heroína altamente refinada», engade.
 
O número de desaparicións pasou de 228 en 2004 a 117 en 2005, segundo a axencia Itar-Tass<ref>Fonte : {{Fr}} http://www.armees.com/+Comment-mettre-fin-aux-enlevements-en-Tchetchenie,3984+.html{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}</ref>.
 
O 15 de xullo de 2006, o xefe do [[FSB]] ruso, Nikolai Patruchev, falando da morte do «terrorista Nº1» Bassaiev, propuxo ó resto dos rebeldes depoñer as armas en sinal de clemencia. Dende entón, máis de 178 combatentes depuxeron as súas armas. Segundo o vice Primero Ministro Adam Delimkhanov, non deben de quedar máis de 90 na resistencia, xunto con 30 mercenarios árabes.<ref>Fonte {{Ru}} (29 de agosto de 2006) : http://www.newsru.com/russia/29aug2006/boev.html#2</ref>
108.688

edicións