Bette Davis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 39:
'''Ruth Elizabeth "Bette" Davis''', nada en [[Lowell]], [[Massachusetts]] o [[5 de abril]] de [[1908]] e finada en [[Neuilly-sur-Seine]], [[Francia]] o [[6 de outubro]] de [[1989]], foi unha actriz de [[cinema]], [[televisión]] e [[teatro]] [[Estados Unidos de América|estadounidense]]. Destacada pola súa boa disposición para interpretar personaxes antipáticos, era altamente estimada polas súas actuacións que abarcaban unha ampla gama de xéneros cinematográficos, desde melodramas a [[Cine histórico|filmes históricos]] e ocasionalmente, [[comedia]]s, aínda que os seus maiores éxitos ocorreron en dramas románticos.
 
Logo de aparecer en obras de teatro de [[Broadway]],<ref name="News">{{cita publicación periódica|apelidos=Davis |nome=Bette |título=Bette Davis at 10 played role of Santa, was severely burned |data=18 de outubro de 1938 |revista=The Milwaukee Journal |url=http://news.google.com/newspapers?nid=1499&dat=19381018&id=IatQAAAAIBAJ&sjid=ICIEAAAAIBAJ&pg=3962,6409225|dataacceso=24/11/2013 |lingua=inglés}}</ref> Davis trasladouse a [[Hollywood]] en 1930, pero os seus primeiros filmes para [[Universal Studios]] tiveron pouca aceptación.<ref name="bio">«[http://www.thebiographychannel.co.uk/biographies/bette-davis.html Bette Davis Biography] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20130307063904/http://thebiographychannel.co.uk/biographies/bette-davis.html |date=07 de marzo de 2013 }}» (en inglés) Bio Channel. Consultado o 8/11/2014.</ref> Incorporouse a [[Warner Bros.]] en 1932 e fortaleceu a súa carreira con varias actuacións aclamadas pola crítica. En 1937, intentou liberarse do seu contrato e aínda que perdeu un procedemento legal moi publicitado,<ref name="sperling">Sperling, Millner, e Warner, p. 219-221</ref> deu inicio ao período máis exitoso da súa carreira. Ata finais dos anos de 1940, foi unha das actrices do cine norteamericano máis importantes,<ref name="actress">Ringgold (1966), p. 65</ref> recoñecida polo seu desenvolvemento apaixonado e decidido. Davis gañouse a reputación de ser unha perfeccionista que podía ser moi combativa e a miúdo, fixéronse públicos os seus enfrontamentos con executivos dos estudos, directores de cine e co protagonistas.<ref name="guiles">Guiles (1995), p. 186</ref><ref name="spa">Spada (1993), pp. 198–200</ref> O seu xeito directo, o seu estilo vocal entrecortado e o seu cigarro ubicuo contribuíron a forxar unha imaxe pública que a miúdo foi imitada e satirizada.<ref name="trandsfor">{{cita web | título = Charles Pierce as Bette Davis | url = http://www.bochynski.com/charlespierce/davis.htm#top | editor = Bochynski.com | dataacceso = 15 de xaneiro de 2013 | lingua = inglés}}</ref>
 
Davis foi co fundadora da Cantina de Hollywood,<ref name="canteen">«[http://www.hollywoodcanteen.net/canteenhistory.htm The History of "The Hollywood Canteen"]» (en inglés) Hollywood Canteen. Consultado o 11 de xaneiro de 2013.</ref> e foi a primeira muller presidente da [[Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas]].<ref name="oscar">{{cita web |url=http://www.oscars.org/academy/history-organization/history.html |título=History of the Academy |obra=oscar.org |lingua=inglés |dataacceso=14 de agosto de 2013}}</ref> Obtivo o [[Premios Oscar|premio da Academia]] como Mellor Actriz en dúas ocasións, en [[1935]] co filme ''Dangerous'' e en [[1938]] co filme ''Jezebel'', foi a primeira persoa en alcanzar 10 candidaturas aos Oscar polas súas actuacións, e foi a primeira muller en recibir o premio á Traxectoria do [[American Filme Institute]].<ref name="awardsfor">«[http://www.imdb.com/name/nm0000012/awards Awards for Bette Davis]» (en inglés) IMDb.com. Consultado o 13 de xaneiro de 2013.</ref> A súa carreira pasou por varios períodos de declive e catástrofes persoais. Casada en catro ocasións, viúva unha vez e divorciada outras tres,<ref name="bioimdb">«[http://www.imdb.com/name/nm0000012/bio Biography for Bette Davis]» (en inglés) IMDb.com. Consultado o 8 de xaneiro de 2013.</ref> criou os seus fillos practicamente como [[nai solteira]]. Os seus últimos anos estiveron marcados por un longo período de mala saúde, pero continuou actuando ata pouco antes da súa morte por [[cancro de mama]], con máis de 100 películas, ciclos televisivos e obras teatrais no seu haber. En 1999, Davis foi seleccionada como a segunda mellor actriz de todos os tempos na [[AFI's 100 anos... 100 estrelas|lista do American Filme Institute]], soamente precedida por [[Katharine Hepburn]].<ref name="Afi">{{cita web |url=http://www.afi.com/100Years/stars.aspx |título=AFI recognizes the 50 greatest American screen legends |obra=AFI.com |ano=2009 |dataacceso=24/11/2013 |lingua=inglés }}</ref>
Liña 50:
 
Realizou unha audición para ser admitida no Manhattan Civic Repertory de [[Eva Le Gallienne]], pero foi rexeitada porque Le Gallienne considerou que tiña unha actitude «pouco sincera e frívola».<ref>Spada (1993), p. 40.</ref> Con todo, estudou danza con [[Martha Graham]] e foi aceptada na escola de teatro de [[John Murray Anderson]], onde foi compañeira de [[Lucille Ball]].<ref>{{cita web |url=http://www.time.com/time/magazine/article/0,9171,988513,00.html |título=The Dancer MARTHA GRAHAM |dataacceso=9/05/2015 |apelidos=Teachout
|nome=Terry |data=8 de xuño de 1998 |editor=Time|lugar=Estados Unidos |lingua=inglés |cita= }}</ref><ref>«[http://www.bettedavis.com/about/facts.html Bette Davis: Fast Facts] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20121226142339/http://bettedavis.com/about/facts.html |date=26 de decembro de 2012 }}» (en inglés) Sitio web oficial de Bette Davis. Consultado o 9 de maio de 2015.</ref>
 
Tamén participou nunha audición para a compañía de teatro de [[George Cukor]], e aínda que non impresionou ao director, obtivo o seu primeiro papel remunerado por unha estadía dunha semana como unha das mozas do coro na obra ''Broadway''.<ref>«[http://biography.yourdictionary.com/george-cukor George Cukor Biography]» (en inglés) biography.yourdictionary. Consultado o 13/06/2015.</ref> Logo, foi elixida para representar a Hedwig, o personaxe que Davis vira interpretar a Entwistle, en ''Vildanden'' (''O pato salvaxe'').<ref>«[http://biography.yourdictionary.com/bette-davis Bette Davis Biography]» (en inglés) biography.yourdictionary. Consultado o 13/06/2015.</ref> Tras actuar en [[Filadelfia]], [[Estado de Washington|Washington]] e [[Boston]], debutou en [[Broadway]] en 1929 con ''Broken Dishes''<ref name="News"/><ref name="bio"/> e continuou con ''Solid South''. Un buscador de talentos de [[Universal Studios]] viu a súa actuación e invitouna a [[Hollywood]] para realizar unha proba de cámara.<ref>{{cita Harvard|Bubbeo|2002|p=33}}</ref>