Amilopectina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 42:
A función da amilopectina é a reserva enerxética. As plantas almacenan amidón en [[orgánulo]]s especializados chamados [[amiloplasto]]s, e, en menor cantidade, nos [[cloroplasto]]s [[fotosíntese|fotosintéticos]]. Cando a célula precisa enerxía, a planta hidroliza o amidón, liberando a glicosa, que pode ser oxidada despois na [[respiración celular]]. Os seres humanos e outros animais poden dixerir a amilopectina utilizando [[encima]]s [[amilase]]s, que hidrolizan os enlaces α(1→4), e os encimas desramificantes α(1→6)-glicosidases, que hidrolizan os enlaces α(1→6) dos puntos de ramificación.
 
Un gránulo de amidón está constituído por un 70 % de amilopectina en peso, e o resto é amilosa, pero isto varía dependendo da fonte analizada. Os amidóns que teñen máis amilopectina, preto do 100 %, denomínanse céreos, como os de certos tipos de arroz, millo ou pataca. Noutros tipos de pataca o contido é menor, dun 75%, por exemplo. Hai patacas modificadas xeneticamente para producir só amilopectina, e en 2010 foi aprobada a comercialización en Europa da pataca ''Amflora'' <ref>{{Cita web |url=http://www.basf.com/group/pressrelease/P-10-179 |título=A Comisión Europea aproba a pataca ''Amflora''. |data-acceso=29 de setembro de 2011 |urlarquivo=https://archive.is/20121206040337/http://www.basf.com/group/pressrelease/P-10-179 |dataarquivo=06 de decembro de 2012 |urlmorta=si }}</ref><ref name='Original application'>{{Cita web | url = http://www.saveourseeds.org/downloads/Amylogene_starch_potato_original_application.pdf | title = Notification for Placing the Potato Clone EH92-527-1, Being Genetically Modified for Increased Content of Amylopectin, on the Market | accessdate = 2011-08-17 | format = PDF | archiveurl = https://www.webcitation.org/610I0di1v?url=http://www.saveourseeds.org/downloads/Amylogene_starch_potato_original_application.pdf | archivedate = 17 de agosto de 2011 | urlmorta = nonsi }}</ref>.
 
==Notas==