Wilt Chamberlain: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 4 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 64:
Na súa primeira tempada cos Warriors ([[1960]]), Chamberlain foi o máximo anotador da liga, cunha media 37,6 puntos por partido, e máximo reboteador, con 27.<ref>[http://www.nba.com/history/points/19591960.html Points - 1959-60 league liders]</ref><ref>[http://www.nba.com/history/rebounds/19591960.html Rebounds - 1959-60 league liders]</ref> Foi nomeado MVP tras anotar 25 puntos e coller 27 rebotes durante a vitoria do Leste sobre o Oeste. Tamén se converteu no primeiro xogador (posteriormente faríao tamén [[Wes Unseld]] en [[1969]]) en ser nomeado [[MVP NBA|MVP]] e [[Rookie do Ano da NBA|Rookie do Ano]] na mesma tempada. Con Wilt de pivote, os Warriors pasaron nun ano de ser os peores da súa división a posuír a segunda mellor marca da NBA. Con todo, foron eliminados nas Finais de Conferencia por [[Boston Celtics]], algo que se repetiría moitas veces na súa carreira.<ref>[http://www.nba.com/history/playoffs/19591960.html 1960 Playoff Results]</ref>
 
Dende que os Celtics foron colocados na mesma división do Leste que os Warriors, Chamberlain e os seus compañeiros non puideron alcanzar as Finais da NBA xa que sempre caían derrotados polos "verdes". Aqueles foron os míticos Celtics que lograron once aneis en trece tempadas liderados por [[Bill Russell]]. Con todo, Chamberlain estableceuse como un dos mellores xogadores de todos os tempos. Nos seus primeiros cinco anos na liga, as súas medias foron 37,6 puntos por partido e 27 rebotes ([[1960]]), 38,4 ppp e 27,2 rpp ([[1961]]), 50,4 ppp e 25,7 rpp ([[1962]]), 44,8 ppp e 24,3 rpp ([[1963]]), 36,9 ppp e 22,3 rpp ([[1964]]) e 38,9 ppp e 23,5 rpp ([[1965]]). O xogador que máis se achegou a esas medias de anotación foi [[Elgin Baylor]], cunha media de 38,3 puntos por partido na tempada 1961-62. A seguinte mellor actuación reboteadora foi de Bill Russell, con 24,7.<ref>[http://www.basketball-reference.com/fc/pcm.cgi?req=1&cum=1&p1=chambwi01&e1=1960&p2=chambwi01&e2=1961&p3=chambwi01&e3=1962&p4=chambwi01&e4=1963 Estatística comparada de Wilt Chamberlain entre 1960 e 1963]</ref> En [[1963]] os Warriors mudáronse a [[San Francisco, California|San Francisco]], e en [[1964]] Chamberlain e os seus [[San Francisco Warriors]] perderon con Boston Celtics nas Finais da NBA. Tras esa tempada, Wilt foi traspasado a [[Philadelphia 76ers]].<ref name="bio">[http://www.nba.com/history/players/chamberlain_bio.html Biografía de Wilt Chamberlain]</ref>
 
=== Philadelphia 76ers ===