Courtney Love: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
Liña 6:
| alias =
| naceu = [[9 de xullo]] de [[1964]] {{Idade|09|07|1964}}
| orixe = [[San Francisco]], [[California]] {{USAb}}
| morreu =
| ocupación = [[Cantante]] e [[actriz]]
Liña 22:
== Traxectoria ==
=== Infancia ===
Courtney Love naceu en [[1964]] en [[San Francisco]], [[California]], onde os seus pais se coñeceran e casaran. A súa familia formou parte da escena [[hippie]] dos anos 60. Linda Carroll, a nai de Love, medrara nunha familia católica rica, pero aventurouse e integrouse na subcultura de [[San Francisco]] onde coñeceu a Hank Harrison. O pai de Courtney traballou un tempo como ''road manager'' de [[The Grateful Dead]], e Love apareceu na contraportada do seu álbum de [[1969]] ''Aoxomoxoa'', sentada baixo unha árbore entre os membros da banda e varios ''roadies'' e músicos.
 
Os seus pais divorciáronse cando Courtney tiña cinco anos, e a nai acusou ao pai de darlle LSD con tres anos. O pai negou esta acusación pero finalmente a custodia quedou nas mans da nai. Love pasou o resto da súa infancia nas comunas hippies de [[Oregon]], onde xunto coas súas tres irmanexas e a súa nai se mudaron a [[Eugene, Oregon|Eugene]]. A súa nai estudou alí psicoterapia na University of Oregon, e casou novamente. Love era intimidada na escola e chamada "pee girl" (nena mexo) debido a que as súas roupas adoitaban a estas sucias, e foi enviada a varios terapeutas e conselleiros tras ter manifestado problemas de ira.