Protonación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: +control autoridades using AWB
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8:
*a protonación do [[amoníaco]] na formación do [[cloruro amónico]] a partir de amoníaco e [[cloruro de hidróxeno]]:
:<math>\mathrm{NH_{3 (g)}\ +\ HCl_{(g)}\ \rightarrow \ NH_4Cl_{(s)}}</math>
:(o amoníaco ao protonarse convértese en [[amonio]] unido ao cloruro; simultaneamente desprotónase o ácido clorhídrico)
 
A protonación é unha reacción química fundamental e é un paso necesario en moitos procesos [[estoquiometría|estoquiométricos]] e [[catálise|catalíticos]]. Algúns ións e moléculas poden sufrir máis dunha protonación e son denominados polibásicos, o cal ocorre en moitas [[macromolécula]]s biolóxicas. A protonación e desprotonación ocorre na maioría das [[reacción ácido-base|reaccións ácido-base]], e son o núcleo esencial da maioría das teorías das reaccións ácido-base. Un [[ácido de Brønsted-Lowry]] defínese como unha [[substancia química]] que protona outra substancia. Ao protonar unha substancia, a masa e a carga da especie química increméntase nunha unidade. Protonar ou desprotonar unha molécula ou un ión altera moitas propiedades químicas ademais do cambio na carga e a masa: [[hidrófilo|hidrofilidade]], [[potencial de redución]], [[espectroscopia ultravioleta-visible|propiedades ópticas]], entre outros. A protonación é tamén un paso esencial en certos procedementos analíticos como a [[espectrometría de masas]] electrosprai.