O Incio, O Incio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 24:
A igrexa da Cruz do Incio é un dos mellores exemplos de templo moderno galego integrado no espazo. O arquitecto foi José Luis Fernández del Amo Moreno que dirixiu as obras de construción ([[1961]]-[[1963]]) desta igrexa que explora as posibilidades poéticas e expresivas dunha modernidade que se adapta ás condicións da contorna. A boa arquitectura non debe verse, comentaba el, e non hai máis que achegarse ao Incio para comprobalo.
 
O diálogo establecido entre os materiais tradicionais, como os muros de lousa e os pavimentos de pedra das canteiras luguesas, e os de carácter industrial, como lasas cerchas e os soportes de aceiro, xera un espazo moderno e agradable. O campanario foi concibido como un prisma de lousa cego cunha esfera de reloxio no medio, unha celosía ranurada na esquina superior e unha estilizada agulla como remate.
 
As vidreiras, que enchen de luz o tempo, son obra de José Luís Gómez Paredes. O altar, o sagrario e a imaxe das Dores de José Luís Sánchez Fernández<ref>{{Cita web|url=http://www.docomomoiberico.com/index.php?option=com_k2&view=item&id=917:iglesia-de-la-santa-cruz-de-incio&lang=es|páxina-web=www.docomoiberico.com|título=Iglesia de la Santa Cruz de Incio|data-acceso=28/08/2018}}</ref>.