Xoán da Cruz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
paira > para
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 26:
[[Ficheiro:Cornelis_boel-apariciones_milagrosas_en_una_reliquia_de_san_juan_de_la_cruz.jpg|miniatura|Gravado en talla doce de [[Cornelis Boel]], orixe da iconografía do santo, publicado na obra de frei José de Jesús María ''Relacion de un insigne milagro que Nuestro Señor obra continuamente en vna parte de carne del venerable P.F. Iuan de la Cruz primer Religioso Descalço Carmelita, autenticado y aprouado por el señor don Iuan Vigil de Quiñones, Obispo de Valladolid''. Madrid, pola viúva de Alonso Martín, 1615.<ref>Egido, Teófanes, «Hagiografía y estereotipos de santidad contrarreformista (La manipulación de san Juan de la Cruz)», ''Cuadernos de Historia Moderna'', 25 (2000), pp. 61-85, p. 73.</ref>]]
=== Primeiros anos ===
Naceu en 1542 no municipio [[Provincia de Ávila|abulense]] de [[Fontiveros]], situado na área delimitada por [[Madrigal de las Altas Torres]], [[Arévalo]] e [[Ávila]]<ref>Jean Canavaggio y Bernard Darbord, [http://books.google.com/books?id=AxSOtzYsvLMC&lpg=PP1&hl=es&pg=PA164#v=onepage&q&f=false ''Historia de la literatura española: El siglo XVI''], Barcelona, Ariel, 1994, vol. 2, páx. 164. ISBN 978-84-344-7453-6 {{es}}</ref> co nome de Juan de Yepes Álvarez nunha familia de conversos (descendentes de xudeus conversos ao cristianismo),<ref>{{cita libro|apelidos=Roth |nome=Norman |título=Conversos, Inquisition, and the Expulsion of the Jews from Spain |ano=1995 |lugar=Madison |editorial=The University of Wisconsin Press |páxinas=157, 369 |isbn=0-299-14230-2 |url=https://books.google.com.ar/books?id=nzJ5340UZKMC&pg=PA157 |dataacceso=20 de xaneiro de 2016}}</ref> fillo dun tecedor toledano chamado Gonzalo de Yepes e de Catalina Álvarez.<ref>{{cita web |url=http://www.elpais.com.uy/08/11/01/predit_379014.asp |título= Gonzalo de Yepes y Catalina Álvarez |dataacceso=16 de xullo de 2011 |nome= Luciano|apelidos= Álvarez |data= 1 de novembro de 2008 |obra= El País. Crónicas de luz y sombra|lingua=es |cita= "Gonzalo é o fillo dunha nobre familia de xudeus conversos de Toledo. Orfo, foi criado por uns tíos ricos, donos dun negocio de tecidos de seda, que o iniciaron dende moi novo no comercio". Orixinal en castelán: "Gonzalo es el hijo de una noble familia de judíos conversos de Toledo. Huérfano, fue criado por unos tíos ricos, dueños de un negocio de tejidos de seda, que lo iniciaron desde muy joven en el comercio".}}</ref> Tivo dous irmáns máis vellos chamados Francisco e Luis. O pai de Juan morreu cando tiña catro anos, o que deixou a familia nunha difícil situación.<ref>{{Cita web|url=http://www.realacademiatoledo.es/files/toletum/0005/08_toletum05_gomezbachiller.pdf|nome=José Carlos|apelidos= Gómez-Menor Fuentes|título=El bachiller Diego de Yepes, cura de Domingo Pérez, morador en Torrijos|lingua=es|dataacceso=16 de xullo de 2011|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120111161510/http://www.realacademiatoledo.es/files/toletum/0005/08_toletum05_gomezbachiller.pdf|dataarquivo=11 de xaneiro de 2012|urlmorta=si}}</ref> O seu irmán Luis morreu cando el tiña seis anos, quizais pola mala alimentación.<ref>Moliner 2004:74</ref> A nai e os dous fillos restantes, Francisco e o propio Juan, sufriron una perentoria pobreza, polo que se viron obrigados a trasladarse primeiro a [[Arévalo]], onde viviron durante catro anos, e en 1551 a [[Medina del Campo]]. A tradición achacaba a estas penalidades pasadas que Juan fose un home de escasa corpulencia, bastante baixo de estatura, tanto que Tareixa de Ávila o chamou "o meu medio frade". Con todo, na exhumación, estudo e restauración dos seus restos que se fixo en 1992, confirmouse que a súa estatura estaba entre 1,60 e 1,65&nbsp;m, normal para a súa época. O incremento de fortuna, que lles reportou o matrimonio do irmán máis vello con Ana Izquierdo, conseguiu que se establecesen alí definitivamente. Juan, grazas á súa condición de pobre de solemnidade, puido asistir ao Colexio dos Nenos da Doutrina,<ref>{{cita publicación periódica
|apelidos= Santolaria Sierra|nome= Félix F. |ano= 1996 |título= Los colegios de doctrinos o de niños de la doctrina cristiana |volume=56 |número=192 |páxinas=267-290 |issn= 0018-2141 |url= http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=9525 |dataacceso= 16 de xullo de 2011 |cita=Os chamados Colexios de Doutrinos ou de Nenos da Doutrina Cristiá, verdadeiras institucións de asistencia e reeducación social que poboaron a xeografía hispana nos séculos XVI e XVII". ''Orixinal en castelán'': "Los llamados Colegios de Doctrinos o de Niños de la Doctrina Cristiana, verdaderas instituciones de asistencia y reeducación social que poblaron la geografía hispana en los siglos XVI y XVII".}}</ref> privilexio que o obrigou a realizar certas contraprestacións, como asistir no convento, a axuda a Misa e aos Oficios, o acompañamento de enterros e a práctica de pedir esmola. A mínima formación recibida no colexio capacitouno para continuar a súa formación no recentemente creado (1551) Colexio dos [[Compañía de Xesús|xesuítas]], que lle deu una sólida base en Humanidades. Como alumno externo e a tempo parcial, debía compaxinar os seus estudos cun traballo de asistencia no Hospital da nosa Señora da Concepción de Medina del Campo, especializado na curación de enfermidades venéreas.