Diferenzas entre revisións de «Josef Gusikov»

→‎Traxectoria: Engadín ligazóns
(→‎Xira por Europa Occidental: Rematada a revisión lingüistica)
(→‎Traxectoria: Engadín ligazóns)
 
===Xira por Europa Occidental===
En 1835 deixa a súa esposa e os seus fillos na casa e emprende a xira acompañado polos seus irmáns, co violín e o violoncello. Comeza en [[Lvov]] e [[Cracovia]], máis tarde en [[Praga]], chegando en 1836 a [[Viena]], aínda capital musical da Europa da época, pero tamén un lugar marcado polo seu carácter [[Antisemitismo|antisemita]] imperial. Ignorando que a elite amante da música de Viena estaba retirada nas súas casas de verán, Gusikov concertou un [[concerto]] na cidade. O fracaso que tivo era o imaxinado dadas as circunstancias. Con todo, o crítico musical más influente da Viena da época, Moritz Saphir, tras escoitar a Gusikov actuar en privado, apoiouno con entusiasmados artigos. Como resultado, realizou unha serie de doce concertos no Teatro Josefstadt estendéndose rapidamente a súa fama, probablemente como consecuencia da súa brillante musicalidade, virtuosismo e talento de improvisador, pero tamén pola estraña fascinación de que unha figura completamente hassídica, rodeada dos estereotipos xudeus da [[Europa Oriental|Europa do EsteLeste]], chegase a realizar as pezas de violín más difíciles de [[Niccolò Paganini|Paganini]] cunha facilidade consumada. O seu aspecto de practicante hassídico, con rizos, barba, solideo e abrigo tradicional crearon fascinación, especialmente, en [[París]] onde os rizos se converteron no peitado de moda das mulleres co nome de “Coiffure a la Gusikov”.
 
[[Ficheiro:xyinstrument.jpg|miniatura|right|Instrumento de "palla e madeira"]]
 
===Declive da saúde e morte===
Dúas publicacións da ''Revue Musicale'' indican os dous sucesos relevantes no seu último ano de vida. A primeira, pertence ao 23 de xuño, e dá noticia do roubo do seu instrumento:
{{cita|Temos unha noticia interesante sobre Gusikov, que tocaba música de asombrosa dificultade no instrumento de invención propia, que chamou " madeira e palla", xa que está feito unicamente destes dous materiais. Este artista acaba de experimentar unha perda cruel, a do seu propio instrumento, roubado en [[Bruxelas]]. Dise que a persoa culpable deste roubo é un profesor alemán, chamado Rosenstein, quen imaxinou a introdución das palanquillas harmoniosas en América para facer fortuna ofrecendo concertos alí. A simpatía de todos os amigos da música non pode deixar de chegar ao desafortunado Gusikov.}}<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Schlesinger|nome=Maurice|data=23 de xuño de 1837|título=Novelles|PMC=|revista=La Revue et Gazette Musicale|número=26|páxinas=|doi=|ISSN=|PMID=|volume=}}</ref>
 
==Opinións sobre a súa música==
 
[[Felix Mendelssohn|Mendelssohn]] á súa nai:
{{cita|Teño curiosidade por saber se lle gustaba Gusikov tanto coma a min, é un fenómeno, un demo cuxa habilidade e adaptabilidade non ten ningún outro virtuoso no mundo e que por esta razón medeleita máis no seu instrumento de madeira e palla, que moitos cos seus pianos. Por certo, hai moito tempo que non estivera tan entretido nun concerto porque é un verdadeiro xenio}}<ref name="hopestreetmarimba.com">{{Cita web|url=http://www.hopestreetmarimba.com/m-j-gusikow/|páxina-web=Hope Street Marimba|título=M J Gusikow|data-acceso=2 de xaneiro de 2016}}</ref>
 
{{cita|A sensibilidade de M Gusikov parece ser moi boa, tocando sempre con elegancia. As liñas melódicas redáctanse con gusto e pureza, e apenas un pode imaxinar cómo obtén un control de grande alcance na dinámica, buscando matices de forte a piano. É unha curiosidade musical máis que picante.}}<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Schlesinger|nome=Maurice|data=1 de xaneiro de 1837|título=Concert Guzikow|PMC=|revista=La Revue et Gazette Musicale|número=1|páxinas=|doi=|ISSN=|PMID=|volume=}}</ref>
 
[[Franz Liszt]]:
{{cita|Inmediatamente despois da miña chegada (de volta de París) encontreime cunha marabilla, unha gloria de madeira e palla, a través de Mr. Gusikov, o malabarista musical que interpreta unha serie infinita de notas nun infinito curto tempo e mostra a maior sonoridade posible de polo menos dous corpos sonoros. É un exemplo prodixioso de “superar a dificultade” que todo París aplaude neste momento.}}<ref name="hopestreetmarimba.com"/>
== Notas ==
11.615

edicións