Vitoria do Reino Unido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 153:
O apoio que Melbourne tiña no parlamento se debilitou ao longo dos anos de reinado de Vitoria e, nas eleccións de 1841, os ''whigs'' saíron derrotados. [[Robert Peel]] converteuse no novo primeiro ministro e as damas de compañía que estaban relacionadas cos conservadores foron substituídas.<ref>Marshall, pp. 95-101; St Aubyn, pp. 153?155; Woodham-Smith, pp. 221-222</ref>
 
En [[1845]] Irlanda foi golpeada pola devastación dos cultivos de pataca;<ref>Woodham-Smith, p. 281</ref> en catro anos, esta praga custou as vidas dun millón de irlandeses e a emigración doutro millón.<ref>Longford, p. 359</ref> En resposta á chamada [[Gran fame irlandesa|Fame da Pataca Irlandesa]] (''An Gorta Mor''), a raíña doou persoalmente 2000 [[Libra esterlina|libras]], unha contía superior a calquera doazón feita por un só individuo,<ref>Kinealy, Christine, [http://multitext.ucc.ie/d/Private_Responses_to_the_Famine3344361812 Private Responses to the Famine] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20130406031633/http://multitext.ucc.ie/d/Private_Responses_to_the_Famine3344361812 |date=06 de abril de 2013 }}, [[University College Cork]] {{en}}</ref> e apoiou o [[crédito Maynooth]] a un seminario católico en Irlanda, malia a oposición por parte dos protestantes.<ref>Longford, p. 181</ref> Con todo, Vitoria foi coñecida como a «raíña do Fame».<ref>[http://news.bbc.co.uk/1/hi/northern_ireland/2951395.stm "Famine Queen row in Irish port"], [[BBC News]], 15 de abril de 2003. {{en}}</ref> De feito, a finais do [[século XIX]] contábanse historias falsas que dicían que doaba apenas 5 libras para aliviar o fame e que era a mesma cantidade que doaba para un refuxio de animais.<ref>Kenny, Mary (2009) ''Crown and Shamrock: Love and Hate Between Ireland and the British Monarchy'', Dublín: New Island, ISBN 1-905494-98-X</ref>
[[Ficheiro:Queen Victoria the Princess Royal Victoria c1844-5.png|miniatura|esquerda|A primeira fotografía coñecida da raíña Vitoria, realizada en 1844, coa súa filla maior.]]
 
Liña 168:
A principios de 1855 o goberno de [[George Hamilton-Gordon|Aberdeen]], que substituíra ao de Derby, foi criticado polo mal uso das tropas británicas durante a [[Guerra de Crimea]] e caeu. Vitoria falou con Derby e Russell para formar un novo goberno, pero ningún dos dous tivo apoio suficiente e Vitoria tivo que nomear a Palmerston como novo primeiro ministro.<ref>Hibbert, pp. 227-228; Longford, pp. 245-246; St Aubyn, p. 297; Woodham-Smith, pp. 354-355</ref>
 
Napoleón III, que desde a guerra de Crimea converteuse no maior aliado británico,<ref>Reynolds, K. D. (2004; edición online de outubro de 2009) "Vitoria (1819?1901)", ''Oxford Dictionary of National Biography'', Oxford University Press</ref> visitou Londres en abril de 1855 e entre o 17 e o 28 de agosto dese mesmo ano, Vitoria e Alberte devolvéronlle a visita.<ref>Woodham-Smith, pp. 357-360</ref> Napoleón atopouse coa parella en [[Dunkerque]] e acompañounos a París. Visitaron a [[Exposición Universal de París de 1855|Exposición Universal]] (sucesora da [[Gran Exposición]] organizada polo príncipe Alberte en Londres en 1851) e a sepultura de [[Napoleón Bonaparte|Napoleón]] en [[Os Inválidos]] (na cal foran colocados os seus restos mortais en 1840), e foron invitados de honor nun baile con 1200 invitados no [[palacio de Versalles]].<ref>[http://www.chateauversailles.fr/es/history/the-significant-dates/most-important-dates/1855-visit-of-queen-victoria 1855 visit of Queen Victoria, Château de Versailles] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20140728115542/http://www.chateauversailles.fr/es/history/the-significant-dates/most-important-dates/1855-visit-of-queen-victoria |date=28 de xullo de 2014 }} {{fr}}.</ref>
 
O [[14 de xaneiro]] de [[1858]] un refuxiado italiano que vivía en Gran Bretaña intentou asasinar a Napoleón III cunha bomba fabricada en Inglaterra.<ref>Hibbert, pp. 241-242; Longford, pp. 280-281; St Aubyn, p. 304; Woodham-Smith, p. 391</ref> Isto provocou unha crise diplomática que desestabilizou o goberno e fixo que Palmerston dimitise. Derby volveu ser primeiro ministro.<ref>Hibbert, p. 242; Longford, p. 281; Marshall, p. 117</ref> Vitoria e Alberte estiveron presentes na apertura dunha nova base no porto militar francés de [[Cherburgo]] o [[5 de agosto]] de [[1858]], un intento por parte de Napoleón para asegurar a Gran Bretaña que o seu armamento estaba dirixido cara a outro lugar. Cando regresou a Inglaterra, Vitoria escribiu a Derby e reprendeulle polo débil estado da mariña real británica en comparación coa francesa.<ref>[http://www.nmm.ac.uk/collections/explore/object.cfm?ID=BHC0637 «Napoleon III Receiving Queen Victoria at Cherbourg»] (en inglés), 5 de agosto de 1858, [[National Maritime Museum]].</ref>