Nosa Señora do Rosario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 16:
 
== Historia ==
Conta a lenda que a [[Virxe María|Virxe]] apareceuse en [[1208]] a [[Domingos de Guzmán|San Domingos de Guzmán]] nunha capela do [[mosteiro de Prouilhe]] ([[Francia]]) cun [[Rosario (cristianismo)|rosario]] nas mans, ensinoulle a rezalo e díxolle que o predicase entre os homes; ademais, ofreceulle diferentes promesas referentes ao rosario. O santo ensinoullo aos soldados liderados polo seu amigo [[Simón IV de Montfort]] antes da [[Batalla de Muret]], cuxa vitoria sería atribuída á Virxe. Por iso, Montfort erixiu a primeira capela dedicada a esta advocación.<ref>{{Cita web|url = http://www.mariavirgen.com.ar/apariciones/virgen_rosario.htm|título = Aparicións da Virxe María: Virxe do Rosario|dataacceso = 30 de xaneiro de 2009|urlarquivo = https://web.archive.org/web/20141006200515/http://www.mariavirgen.com.ar/apariciones/virgen_rosario.htm|dataarquivo = 06 de outubro de 2014|urlmorta = si}}</ref>
 
No [[século XV]] a súa devoción había decaído, polo que novamente a imaxe apareceuse ao beato [[Alano da Rocha]], pediulle que a revivise, que recollese nun libro todos os milagres levados a cabo polo rosario e recordoulle as promesas que séculos atrás deu a San Domingos.<ref name="corazones">{{Cita web|url = http://www.corazones.org/maria/rosario_historia.htm|título = A nosa Señora do Rosario|dataacceso = 30 de xaneiro de 2009|urlarquivo = https://web.archive.org/web/20090129040044/http://corazones.org/maria/rosario_historia.htm|dataarquivo = 29 de xaneiro de 2009|urlmorta = si}}</ref>
 
No [[século XVI]], [[Pío V, papa|San Pío V]] instaurou a súa data o [[7 de outubro]], aniversario da vitoria na [[Batalla de Lepanto]] (atribuída á imaxe), denominándoa A nosa Señora das Vitorias; ademais, agregou á ladaíña da Virxe o título de Auxilio dos Cristiáns. O seu sucesor, [[Gregorio XIII]], cambiou o nome da súa festividade ao da nosa Señora do Rosario.<ref name="corazones"/> Por mor da vitoria na batalla de Temesvár en [[1716]], atribuída por [[Clemente XI, papa|Clemente XI]] á imaxe, o papa ordenou que a súa festa celebrásese pola Igrexa universal. [[León XIII, papa|León XIII]], cuxa devoción por esta advocación fixo que fose alcumado o Papa do Rosario, escribiu unhas encíclicas referentes ao rosario, consagrou o mes de [[outubro]] ao rosario e incluíu o título de Raíña do Santísimo Rosario na ladaíña da Virxe.<ref name="corazones"/>
 
Como anécdotas, tanto a [[Virxe de Lourdes]] na súa aparición de [[1858]] como a de [[Virxe de Fátima|Fátima]] en [[1917]] pediron aos seus aparecidos que rezasen o rosario. Gran parte dos papas do [[século XX]] foron moi devotos desta advocación, e [[Xoán Paulo II]] manifestou en [[1978]] que o rosario era a súa oración preferida.<ref>{{Cita web|url = http://www.jmarti.ciberia.es/maria/canticoalavirgendelrosario.htm|título = Cántico a la Virgen del Rosario|dataacceso = 30 de xaneiro de 2009|autor = Jesús Martí Ballester|ano = 2005|urlarquivo = https://web.archive.org/web/20081102021300/http://www.jmarti.ciberia.es/maria/canticoalavirgendelrosario.htm|dataarquivo = 02 de novembro de 2008|urlmorta = si}}</ref>
 
É a patroa das batallas, así como de moitas localidades repartidas por todo o mundo, como [[A Coruña]] e [[Cádiz]].